ACTIVIDADES

Accións formativas, informativas e materiais expositivos para previr a xeración de lixos mariños

Afundación celebró na Antiga Conserveira de Sel, en Muros, unha nova conferencia sobre a presenza e expansión dos moluscos exóticos e invasores nas costas galegas. A sesión impartida polos expertos en malacoloxía Juan E. Trigo e Limber Alcivar, do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global da Universidade de Santiago de Compostela, analizou as consecuencias ambientais e socioeconómicas da introdución destas especies no medio mariño.
DATAS: 19/11/2026
HORARIO: 18:00 h
O porto pesqueiro do Berbés, en Vigo, acolleu unha nova xornada de divulgación científica centrada nos moluscos exóticos e invasores e nos desafíos que a súa presenza representa para o litoral galego. A iniciativa, promovida por Afundación, reuniu a Juan E. Trigo e César Lodeiros Seijo, especialistas en malacoloxía do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que explicaron as claves para comprender este fenómeno e as súas implicacións ambientais e económicas. A actividade contou coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo e da Confraría de Pescadores San Francisco.
DATAS: 10/11/2026
HORARIO: 18:00 h
No marco do programa PLANCTON de Afundación, os expertos en malacoloxía Juan E. Trigo e César Lodeiros Seijo, do Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global da USC, impartiron no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), unha charla sobre a problemática dos moluscos exóticos e invasores en Galicia. Durante a sesión, analizaron, entre outros aspectos, a presenza destas especies no litoral galego e os desafíos que supoñen para a conservación do medio mariño e das especies autóctonas.
DATAS: 03/11/2026
HORARIO: 14:40 h
A praia de Compostela, en Vilagarcía de Arousa, acollerá do 6 de xullo ao 15 de setembro, a exposición itinerante «Goza da praia sen deixar pegada», unha iniciativa de sensibilización ambiental impulsada por Afundación no marco de PLANCTON, composta por tres tótems informativos que invita á veciñanza e aos turistas que se achegan ás praias na época estival a descubrir a riqueza ecolóxica do litoral e a adoptar boas prácticas para desfrutar dos areais dun xeito respectuoso co medio natural. Esta acción dá continuidade a unha campaña semellante desenvolvida hai tres anos nesta mesma localidade, centrada entón na promoción de boas prácticas en praias con actividade marisqueira e que contou coa colaboración das mariscadoras da zona en labores informativos e de divulgación para fomentar o respecto polos cultivos mariños, previr o furtivismo e contribuír á conservación destes espazos.
DATAS: 06/07/2026
Afundación, en colaboración coa Confraría de Pescadores San Martiño e o Concello do Grove, presentou na illa de A Toxa unha nova edición da campaña «Goza da praia sen deixar pegada», unha iniciativa de sensibilización ambiental que volve ao municipio tras o éxito alcanzado na súa primeira edición. O seu obxectivo é achegar ás persoas usuarias das praias información sobre a actividade marisqueira que se desenvolve nos areais e fomentar hábitos responsables que contribúan á conservación destes espazos naturais de gran valor ecolóxico e socioeconómico.
DATAS: 02/07/2026
Afundación, a Obra Social de ABANCA, desenvolveu en Portonovo unha nova edición da campaña “O mar empeza aquí”, unha iniciativa enmarcada no proxecto PLANCTON e realizada en colaboración co Concello de Sanxenxo. A acción forma parte da programación organizada con motivo do Mes do Medio Ambiente e dos Océanos e ten como obxectivo sensibilizar a cidadanía sobre o impacto que xeran os residuos urbanos cando son depositados nos sumidoiros e nas redes de recollida de augas pluviais.
DATAS: 09/06/2026
O paseo de Baltar, en Portonovo (Sanxenxo), acolleu a presentación da campaña «Goza da praia sen deixar pegada», unha iniciativa educativa impulsada por Afundación mediante a cal, a Obra Social de ABANCA busca dar a coñecer ás persoas usuarias das praias, a través dunha exposición con tótems informativos, consellos e boas prácticas para aplicar nos areais durante a tempada estival, co fin de respectar os seus ecosistemas e as especies que os habitan, evitando alteracións que poidan afectar ao seu equilibrio.
DATAS: 22/07/2025