AXENDA
ACTIVIDADES DO PROGRAMA
Persoas voluntarias convocadas por Afundación a través de Actúa, o programa de voluntariado da Obra Social ABANCA, participarán nunha nova actividade de retirada de lixos mariños en diferentes praias da illa de Cortegada, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
DATAS: 25/04/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
O mércores 22 de abril, coincidindo coa celebración do Día da Terra, a Plataforma Augas Limpas Aldán-O Hío e Afundación a través do seu programa PLANCTON, promoven unha acción conxunta en defensa da ría de Aldán-O Hío na que participarán máis de 300 persoas, entre o alumnado e profesores dos centros escolares destas dúas parroquias e a veciñanza.
O obxectivo desta xornada reivindicativa e de celebración é o de sensibilizar á cidadanía sobre os problemas ambientais relacionados co mar, fundamentalmente a contaminación relacionada cos lixos mariños.
DATAS: 22/04/2026
HORARIO: 10:00 a 13:30 h
Máis de 30 voluntarios, convocados por Afundación a través do seu portal de voluntariado Actúa, participaron nunha actividade ambiental na duna de Corrubedo, co obxectivo de contribuír á conservación desta área natural de alto valor ecolóxico.
A xornada centrouse na retirada de plántulas e árbores novas de piñeiro (Pinus sp.), unha intervención necesaria dado o avance progresivo do piñeiral cara ao ecosistema dunar. A expansión gradual das coníferas está a invadir zonas propias da duna, alterando o seu equilibrio natural e mesmo comprometendo a súa mobilidade, un proceso clave para o mantemento deste tipo de hábitat.
DATAS: 11/04/2026
HORARIO: Finalizada
Máis de 40 persoas voluntarias pertencentes á comunidade educativa da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), participaron na praia muradá de Ventín nun gran operativo de limpeza de lixos mariños organizado por Afundación no marco do seu proxecto medioambiental PLANCTON. Ao cabo da xornada, e tras a conclusión das tarefas de identificación e clasificación dos residuos, a balanza reflectiu un total de 359 quilos de lixo mariño, 309 deles plásticos.
DATAS: 20/03/2026
HORARIO: Finalizada
Máis de 80 persoas, entre elas 40 mergulladores, e 18 barcos participaron nunha xornada de voluntariado ambiental na contorna dos Guidoiros Areoso e Pedregoso, convocados por Afundación, a Obra Social de ABANCA. Esta é a novena acción desenvolvida nesta zona no marco do proxecto PLANCTON da Obra Social de ABANCA, que permitiu retirar xa máis de 150 toneladas de lixo mariño dos fondos e areais de Galicia.
DATAS: 14/03/2026
HORARIO: 08:30 a 14:00 h
Preto de 140 quilos de residuos, entre os que destacan por volume máis de 1000 bolsas e envoltorios e máis de 2300 anacos plásticos, é o total que reflectiu a balanza tras a pesada final coa que concluíu esta nova xornada de voluntariado ambiental convocada pola Obra Social de ABANCA na praia de Cesantes (Redondela).
DATAS: 05/03/2026
HORARIO: 10:00 a 13:30 h
A praia da Doniños, no Concello de Ferrol, foi o escenario dunha nova xornada de limpeza de lixo mariño convocada por Afundación, a Obra Social de ABANCA no marco do seu proxecto PLANCTON.
Como é habitual nestas xornadas, localizáronse residuos relacionados coa actividade profesional vinculada ao mar e outra serie de obxectos relacionados coas actividades de lecer e recreo desenvoltas no propio espazo natural ou procedentes da vida cotiá na rúa e nos fogares. 255 quilos en total.
DATAS: 28/02/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00
Máis de 43000 fragmentos de plásticos de orixe indeterminada ou máis de 9000 cordas, cabos e cabiños, son algúns dos residuos retirados polas máis de 60 persoas voluntarias que participaron hoxe na xornada de limpeza de lixo mariño, convocadas a través de Actúa, o programa de voluntariado da Obra Social de ABANCA, e polo colectivo Arena Limpia.
Nesta ocasión, a actividade organizouse en resposta ao chamamento público realizado polo influencer galego Hugo Pérez, quen solicitou publicamente axuda para levar a cabo unha limpeza colectiva na praia de Area de Bon, en Bueu. O areal, un espazo protexido de alto valor ecolóxico integrado na Rede Natura 2000 dentro da ZEC Cabo Udra, viuse moi afectado polo impacto dos sucesivos temporais que azoutaron a comunidade ao longo do inverno.
DATAS: 21/02/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
As praias do Espazo Natural de Baldaio-Razo, no concello de Carballo, acolleron a máis de 20 persoas voluntarias para levar a cabo unha nova acción de limpeza de lixo mariño impulsada por Afundación no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial que este ano 2026 cumpre a súa sexta edición.
DATAS: 7/02/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
Máis de 20 persoas participaron nunha xornada de voluntariado ambiental convocada por Afundación nas praias de Cabanas, Area do medio e O Seixal, en Muros no que foi o inicio da sexta edición de PLANCTON, o proxecto de actuación e sensibilización ambiental desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración co sector pesqueiro e marisqueiro.
DATAS: 31/01/2024
HORARIO: 11:00 a 14:00 h
O 29 de xaneiro de 2026, ás 10:00 horas, celebrouse un almorzo informativo no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela para presentar á prensa os datos de avaliación e peche da quinta edición de PLANCTON.
DATAS: 29/01/2026
Estudantes e profesorado do Colegio Hogar de Afundación, participarán dunha xornada de voluntariado ambiental dedicada á retirada de diversas especies de flora exótica invasora na contorna das praias de Fechiño e Fontaíña, en Coruxo.
DATAS: APRAZADA
HORARIO: 10:00 a 13:30 h
O voluntariado de ABANCA Seguros desprazouse ata o illote do Guidoiro Pedregoso para lavar a cabo unha limpeza de lixos mariños en superficie, conseguindo retirar ao final da xornada máis de 435 quilos de residuos.
DATAS: 24/09/2025
HORARIO: FINALIZADA
Preto de 50 persoas convocadas por Afundación no marco de PLANCTON participaron dun gran operativo ambiental a prol dos ecosistemas mariños e terrestres da Illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
En total, e ao rematar a xornada, retiráronse da illa máis de 100 quilos de lixos mariños e 326 quilos de flora exótica invasora grazas ao labor das persoas voluntarias que dedicaron esta mañá de sábado a intentar mellorar a saúde dos ecosistemas da illa de Sálvora.
DATAS: 20/09/2025
HORARIO: Finalizada
215 persoas voluntarias, entre estudantes e profesorado da Universidad Intercontinental de la Empresa, participaron dunha intensa mañá de voluntariado ambiental dedicada á retirada de Carporbrotus edulis na que conseguiron eliminar máis de catro toneladas e media desta especie botánica invasora.
DATAS: 28/08/2025
HORARIO: 10:00 a 13:30 h
O paseo de Baltar, en Portonovo (Sanxenxo), acolleu a presentación da campaña «Goza da praia sen deixar pegada», unha iniciativa educativa impulsada por Afundación mediante a cal, a Obra Social de ABANCA busca dar a coñecer ás persoas usuarias das praias, a través dunha exposición con tótems informativos, consellos e boas prácticas para aplicar nos areais durante a tempada estival, co fin de respectar os seus ecosistemas e as especies que os habitan, evitando alteracións que poidan afectar ao seu equilibrio.
DATAS: 22/07/2025
Afundación e a Agrupación de marisqueo a Pé da Confraría de Muros presentaron a campaña "Goza da praia sen deixar rastro" no paseo marítimo da Praia do Castelo, en Muros. A iniciativa ten como obxectivo mostrar aos usuarios da praia diferentes aspectos relacionados coa actividade marisqueira nas praias, boas prácticas para o seu desfrute e diversos consellos para axudar a respectar estes ecosistemas e as especies que os habitan, co fin de evitar alteracións que poidan afectar tanto ao seu equilibrio como ao medio de vida destas traballadoras do mar.
DATAS: 18/07/2025
Galicia conta con case 1000 praias que son un tesouro natural, pero o seu equilibrio é fráxil. Os residuos, a masificación e os xestos pouco responsables ameazan a súa beleza e biodiversidade.
Cada pequeno xesto conta. Se todos actuamos con responsabilidade, podemos seguir gozando das praias limpas, seguras e vivas.
Pon en práctica os seguintes consellos para Gozar pa praia sen deixar pegada!
Afundación presentou en Baiona unha nova edición da campaña «Goza da praia sen deixar pegada», unha exposición itinerante a pé de rúa formada por tótems informativos que busca dar coñecer ás persoas usuarias das praias un conxunto de boas prácticas que axuden a respectar os seus ecosistemas e eviten calquera alteración que poida afectar o seu equilibrio.
DATAS: 17/06/2025
Máis de 30 persoas voluntarias entre mergulladores e persoal de apoio traballaron ao longo de toda a mañá no porto de Portonovo nunha limpeza colaborativa de lixos mariños organizada por Afundación no marco do seu proxecto ambiental PLANCTON. Os participantes lograron retirar máis de 2.500 quilos de residuos.
DATAS: 14/06/2025
Baixo o título “O mar comeza aquí”, presentouse na vila de Baiona en colaboración co Concello, a nova campaña de concienciación ambiental promovida por Afundación no marco de PLANCTON, dentro do programa “Educación para a Sostibilidade”. Unha iniciativa, a través da cal a Obra Social de ABANCA pretende evitar que as colillas dos cigarros cheguen ao mar, poñendo en marcha diversas actividades educativas e comunicativas centradas en corrixir a mala xestión das mesmas por parte de boa parte do colectivo de persoas fumadoras nas cidades
DATAS: 03/06/2025
Como xa fixeran hai dous anos, un nutrido grupo de persoas voluntarias da Fundación Eu Son, da Asociación de Saúde Mental «A Mariña», da Confraría de Pescadores de Burela, e do Espazo +60 Afundación de Viveiro, participaron en Burela nunha limpeza simultánea de residuos mariños nas praias de A Marosa e do Perdouro.
A actividade contou coa colaboración do Concello de Burela quen se encargou da xestión dos residuos retirados das praias ao longo da xornada.
Trátase dunha nova actividade convocada no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial-ON impulsado por Afundación, a Obra Social de ABANCA.
DATAS: 24/05/2025
As praias e montes da illa de Ons convertíronse no escenario elixido por PLANCTON para a celebración dunha nova xornada a prol do medio ambiente focalizada na retirada de lixos mariños e de diferentes especies de flora exótica invasora que coa súa presenza ameazan aos diferentes valores da biodiversidade autóctona destes ecosistemas insulares.
DATAS: 31/05/2025
Tralo éxito da limpeza levada a cabo o pasado ano cos mesmos participantes e baixo o paraugas deste Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA, os bucios e submarinistas da Confraría de pescadores Santa Rosalía de Sanxenxo e de Nauta mergulláronse baixo as augas do porto co obxectivo de retirar dos seus fondos diferentes obxectos de lixo mariño dos que non escaparon diferentes artes de pesca extraviadas polo colectivo de pescadores, así como latas, botes, vasos e botellas cuxa orixe semella claramente vinculada ao ocio nocturno.
DATAS: 26/04/2025
Un nutrido grupo de persoas conformado por estudantes do IES As Bizocas e voluntariado dos Espazos +60 de Afundación uniron as súas forzas durante esta xornada en Area da Cruz para levar a cabo unha doble tarefa a prol do medio ambiente. Por unha banda procederon á eliminación de diferentes especies de plantas exóticas invasoras do espazo dunar que ameazan a biodiversidade autóctona, e pola outra dedicaron os seus esforzos á retirada de todo canto lixo atopen ao longo da praia depositado alí por mor dos últimos temporais do inverno.
DATAS: 11/04/2025
Un ano máis, e xa van cinco, os bucios da Confraría de Pescadores de San Xulián da Illa de Arousa e os submarinistas do Club Subacuático Pérez-Sub, convocados por Afundación no marco do programa PLANCTON, uniron as súas forzas para levar a cabo unha gran limpeza de lixos mariños nos fondos dun dos lugares máis privilexiados da Ría de Arousa, a contorna dos guidoiros.
Ata este ano, todas as actuacións de limpeza de residuos realizadas no lugar baixo o paraugas de PLANCTON foron levadas a cabo no illote Areoso, cinco submariñas e unha en terra firme, porén, este ano, e como gran novidade, actuouse nos fondos do guidoiro Pedregoso, lugar no que os mergulladores de ambos colectivos teñen constancia da existencia de aparellos de pesca amoreados e extraviados que é preciso retirar para favorecer deste xeito a conservación da rica biodiversidade existente neste espazo.
DATAS: 15/03/2025
Alumnado e profesores do Colexio Hogar Afundación desprazaranse ata o areal de Cesantes para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental no marco de PLANCTON consistente la retirada de diferentes especies de flora exótica invasora e lixo mariño.
DATAS: 12/03/2025
Un nutrido grupo de persoas voluntarias formado fundamentalmente por estudantes e profesorado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura e mariscadoras e pescadores da Confraría de San Xulián da Illa de Arousa, participaron nunha gran limpeza de lixos mariños organizada pola Obra Social de ABANCA en diferentes arenais da illa, onde procederon fundamentalmente á retirada de residuos de tipo voluminoso, como poden der os pneumáticos, e as grandes marañas de redes vellas, cabos, etc., depositados polas mareas e os temporais nos areais de Semuíña e Abilleira.
DATAS: 14/02/2025
A praia coruñesa do Orzán convertíuse nun novo escenario de limpeza elixido por Afundación no marco do seu plan de conservación territorial, para levar a cabo unha xornada de voluntariado enfocada á retirada dos lixos mariños depositados no areal tralo paso dos últimos temporais.
Participou nesta limpeza un amplo equipo de persoas integrado por voluntarias da asociación Down Coruña e o Espazo +60 Afundación.
DATAS: 11/02/2025
O proxecto PLANCTON, impulsado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración co sector pesqueiro e marisqueiro, permitiu retirar en catro anos máis de 95 toneladas de residuos de areais e fondos mariños de distintas zonas costeiras de Galicia. Este programa multidisciplinar iniciouse en 2021 co obxectivo principal de promover unha conciencia sostible na sociedade facendo visible o impacto negativo do lixo mariño nos ecosistemas.
DATAS: 29/01/2025
Máis dun cento de persoas voluntarias, fundamentalmente estudantes e profesores do Centro de Formación Profesional Afundación de A Coruña, participaron dunha xornada de limpeza de lixos mariños nas praias de Baldaio e Razo, no concello de Carballo, un espazo protexido con elevados valores medioambientais no que Actúa, o voluntariado da Obra Social de ABANCA xa ten actuado con anterioridade en tres ocasións diferentes baixo o paraugas de PLANCTON, retirando preto de 800 quilos de residuos.
DATAS: 30/01/2025
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
24 estudantes e docentes do Colegio Hogar Afundación, participaron nunha intensa xornada de voluntariado ambiental na contorna da praia da Fontaíña en Coruxo, dedicada á retirada de diferentes especies de flora exótica invasora que ameazan a biodiversidade autóctona do lugar, e a recollida lixos mariños depositados no areeiro pola acción das mareas.
DATAS: 04/12/2024
Máis de 60 estudantes de ensino secundario do IES As Bizocas participaron dunha intensa xornada de voluntariado ambiental focalizada na retirada de diferentes especies exóticas invasoras das dunas da praia grovense de Area da Cruz, fundamentalmente Carpobrotus edulis, coñecida popularmente como unlla de gato ou herba do coitelo, a margarida africana Gazania rigens e gramón.
DATAS: 04/10/2024
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
PLANCTON visitou a illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental centrada nesta ocasión na retirada de lixo mariño de diferentes areais da illa, entre eles, a praia de Almacén, a de Area dos Bois, e a de Zafra.
DATAS: 28/09/2024
HORARIO: 10:00 a 18:00 h
PLANCTON regresa a Vigo para levar a cabo unha nova xornada de limpeza de lixos mariños. Neste caso, o lugar elixido son os fondos da praia de Samil, un lugar no que as correntes dominantes da ría acostuman a depositar moitos residuos, fundamentalmente obxectos plásticos e de vidro.
DATAS: APLAZADA
A contorna do faro de Corrubedo convertiuse no lugar escollido por Afundación para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental, na que estudantes e profesorado da UIE dedicaron os seus esforzos á retirada da especie exótica invasora Carpobrotus edulis, popularmente coñecida como herba do coitelo ou unlla de gato, unha planta alóctona moi abondosa en determinados puntos do litoral que por mor do seu comportamento tapizante no solo impide o crecemento da vexetación autóctona.
DATAS: 29/08/2024
«Goza da praia sen deixar pegada» é o título da campaña informativa impulsada pola Obra Social de ABANCA no seo de PLANCTON cuxo obxectivo é o de sensibilizar os turistas que visiten as praias do concello de Muros durante a época estival sobre a necesidade de compatibilizar o seu uso recreativo coas actividades socioeconómicas que habitualmente se levan a cabo nelas, fundamentalmente o marisqueo a pé.
DATAS: 28/06/2024 a 09/09/2024
Entre os días 8 e 16 de xuño, celebrouse na cidade de A Coruña a XI edición do Festival Mar de Mares, un lugar de encontro de científicas e científicos, persoas expertas no ámbito de oceanografía, artistas, activistas, emprendedoras e emprendedores e cociñeiras e cociñeiros dos produtos do mar, cheas de entusiasmo e compromiso por e co mar.
Neste marco, e dentro unha chea de actividades nas que non faltaron as exposicións, os concertos, mercado, gastronomía, ciencia e activismo, celebrouse tamén o II Foro Azul Mar de Mares, unha xornada para descubrir todas as opcións de futuro da economía mariña, un encontro inspirador que contou coa participación de Afundación, a Obra Social de ABANCA, a través do seu programa PLANCTON.
DATAS: Do 08/06/2024 ao 16/06/2024
Entre os días 5 e 7 de xuño, na Coruña, Afundación participa nas actividades de difusión deseñadas polo concello da cidade herculina, incorporando unha exposición itinerante situada na Praza de Pontevedra, formada por tres tótems informativos sobre boas prácticas dirixidas á cidadanía, para non alterar o equilibrio dos ecosistemas das praias de A Coruña.
DATAS: 05/06/2024 a 07/06/2024
HORARIO: Todo o día
Con motivo do Día do Medio Ambiente, alumnado e profesorado do Centro de Formación Profesional Colexio Fogar Afundación, desprazáronse ata a praia de A Fontaíña, na cidade de Vigo, para realizar unha xornada de voluntariado ambiental centrada na eliminación de especies exóticas invasoras, principalmente na herba do coitelo (Carpobrotus edulis), unha especie de orixe sudafricana que supón serios riscos para as especies autóctonas deste ecosistema dunar.
DATAS: 05/06/2024
HORARIO: 09:45 a 14:00 h
Socias e socios dos Espazos +60 de Afundación, participaron nunha nova actividade de voluntariado ambiental no marco de PLANCTON, no Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Durante a xornada, as persoas voluntarias celebraron o Día Mundial do Medio Ambiente traballando na retirada de plántulas de Pinus sp. para tentar frenar o avance do bosque de pinos que está a provocar alteracións na duna, como o aumento de vexetación e os consecuentes efectos de perda de movilidade da mesma, un bosque que está a ocupar un espazo ocupado orixinariamente pola area e a propia duna.
DATAS: 05/06/2024
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
O voluntariado Actúa de Afundación, visitou o concello de Barreiros no marco do seu Plan de Conservación Territorial-ON, para levar a cabo unha nova xornada de limpeza de lixos mariños e retirada de flora exótica invasora, neste caso na praia de Arealonga.
O areal, incluido na dentro da Zona de Especial Consevación “As Catedrais”, é considerado como "potencial" para a cría e invernada da píllada das dunas (Charadrius alexandrinus), unha pequeña ave limícola ameazada en Galicia e considerada como vulnerable dentro do Catálogo galego de especies ameazadas, o que motivou esta dobre actuación de voluntariado encamiñada á mellora do seu hábitat para facelo máis propicio para ocupar este arenal.
DATAS: 25/05/2024
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
Máis de 40 persoas, integrantes do programa de voluntariado corporativo Actúa de Afundación e ABANCA, participaron nunha intensa xornada traballo dedicada á retirada de lixos mariños da praia de Riazor, na cidade da Coruña no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA.
Nesta ocasión, foron os submarinistas da Confraría de Pescadores de Vigo-Mariña Deportiva de Bouzas, do Liceo Marítimo de Bouzas, e da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, os encargados de retirar dos fondos todo canto refugallo localizaron nas sucesivas inmersións que realizaron ao logo da mañá nos fondos do Porto da Asociación de Mariñeiros San Miguel de Bouzas e do Porto Deportivo da Confraría de Pescadores de Bouzas, ambos na enseada de Alcabre, para elo contaron con numeroso persoal de apoio tanto a bordo das embarcacións participantes, como nos embarcadoiros da propia instalación portuaria.
DATAS: 11/05/2024
HORARIO: 09:15 a 14:00 h
O escenario elixido para esta acción de conservación do litoral foi a duna da praia de Area da Cruz, no concello do Grove, un espazo natural de alto interese ambiental no que a presenza de lixo mariño e de flora exótica invasora ameaza a vexetación autóctona, un impacto que se ve sensiblemente intensificado por mor da ausencia dunha cerca perimetral que impida o acceso a zona dunar e o pisoteo continuo da vexetación existente.
DATAS: 10/05/2024
HORARIO: 17:00 a 20:00 h
17 barcos, 32 mergulladores e 62 persoas, voluntarios todos eles convocados por por Afundación, a Obra Social de ABANCA, participaron nun gran operativo de limpeza de lixo mariño nos fondos marisqueiros que rodean ao illote Guidoiro Areoso e no seu areal. Conseguiron retirar máis de 1300 quilos de residuos, fundamentalmente útiles extraviados durante os labores pesqueiros, como restos de redes, cordas, cabos e nasas.
Os mergulladores da Confraría de pescadores da Illa de Arousa e do Club Subacuático Pérez-Sub foron os encargados de retirar o lixo no mar. Unha xornada que contou tamén coa colaboración da Federación Galega de Actividades Subacuáticas, o Servizo Marítimo da Garda Civil, Protección Civil de Vilanova de Arousa, e o Concello dá Illa de Arousa.
DATAS: 13/04/2024
HORARIO: 08:30 a 14:00 h
Representantes da Confraría de Pescadores de Portonovo e do Club Náutico desta localidade, da Federación Galega de Actividades Subacuáticas, de Portos de Galicia, Protección Civil, do Concello de Sanxenxo e de Afundación, uníronse para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental dedicada á retirada de lixo mariño nos fondos do porto de Portonovo no marco de PLANCTON.
DATAS: 21/03/2024
HORARIO: 09:15 a 13:30 h
O alumnado e profesorado do Colexio Fogar Afundación visitarán o areal de Cesantes, no concello de Redondela, para levar a cabo unha dobre actividade de voluntariado ambiental consistente por unha banda na de recollida de lixo mariño da praia, e pola outra na retirada de flora exótica invasora da zona dunar.
DATAS: 14/03/2024
HORARIO: 10:00 a 13:00 h
Afundación e a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Cambados conseguiron retirar xa preto de 14 toneladas de residuos mariños dos fondos da Ría de Arousa nos que os pescadores realizan a súa actividade diaria. No marco do proxecto PLANCTON, impulsado pola Obra Social de ABANCA instalouse en decembro de 2022 no porto de Tragove, coincidindo co inicio da campaña da vieira, un contedor de 5 metros cúbicos de capacidade que se baleira periodicamente a medida que se vai enchendo de residuos.
O Porto de Sanxenxo convertirase o vindeiro sábado, 3 de febreiro, nun novo escenario de limpeza de lixo mariño, onde un nutrido grupo de persoas integrado por representantes da Confraría de Pescadores de Sanxenxo, de Nauta Sanxenxo, do RC Naútico de Sanxenxo, de Actúa Voluntariado e ABANCA, procederán á limpeza dos seus fondos nunha completa xornada de voluntariado colaborativo.
A actividade contará coa colaboración de varias entidades, entre elas, Protección Civil de Sanxenxo, a Fereración Galega de Actividades Subacuáticas, o Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia.
DATAS: 03/02/2024
HORARIO: 09:15 a 13:30 h
Máis de 40 persoas, principalmente mariscadoras da Confraría de Muros e voluntarios do programa Actúa da Obra Social de ABANCA, uníronse para levar a cabo unha nova xornada de limpeza de lixo mariño, sendo o lugar elixido para esta ocasión a praia de Ventín (Muros), un enclave onde as correntes mariñas depositan unha importante cantidade deste tipo de residuos nestes meses de inverno.
DATAS: 20/01/2024
HORARIO: 11:00 a 15:00 h
PLANCTON 2024. Persoas voluntarias convocadas por Afundación no marco do programa PLANCTON, principalmente estudantes do Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación, participarán nunha nova xornada de voluntariado medioambiental, centrada, nesta ocasión, na retirada de bágoas de serea na praia de Lariño, nos concellos de Muros e Carnota.
DATAS: 11/01/204
HORARIO: 10:00 a 13:00 h
PLANCTON retorna ao concello de Grove para levar a cabo unha dobre actividade de voluntariado medioambiental. Por unha banda procederase á retirada da especie exótica invasora Carpobrotus edulis, polularmente coñecida como uña de gato ou herba do coitelo das dunas e cantís da praia de Raeiros, e pola outra, retiraranse lixos mariños localizados no propio areal.
PLANCTON regresa ao concello de O Grove para realizar unha nova actividade de voluntariado ambiental consistente na retirada de lixo mariño nas praias de Area da Cruz e Raeiros.
Nesta ocasión, que coincide cunha data tan emblemática como o Día do Voluntariado, serán as alumnas e alumnos do colexio CEIP As Bizocas quen se encarguen de retirar todo canto residuo atopen nos areais ao longo de toda la xornada matinal.
DATAS: Martes, 5 DEC 2023
HORARIO: 10:00 a 13:00 h
Nesta ocasión, PLANCTON desprázase ata o concello coruñés de Carballo para realizar unha nova xornada de voluntariado ambiental dedicada á limpeza de areeiros. Será nas praias de Baldaio e Razo, e o alumnado do Centro de Formación Profesional Afundación da Coruña será o protagonista da mesma.
Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, Afundación e ABANCA queren conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): ODS 10 «Redución das desigualdades», ODS 13 «Acción polo clima», ODS 14 «Vida submarina» e ODS 15 «Vida de ecosistemas terrestres».
DATAS: Martes, 10 OUT 2023
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
Actividade ambiental na Illa de Sálvora: retirada de lixo mariño e de flora exótica invasora.
DATAS: Sábado, 30 SET 2023
HORARIO: 10:00 a 18:00 h
A campaña «Goza da praia sen deixar pegada», ten como obxectivo sensibilizar os turistas que visitan durante o verán os areais de Galicia sobre a necesidade de compatibilizar, con boas prácticas, o uso recreativo das praias coas actividades socioeconómicas que se desenvolven nelas, como é o caso do marisqueo a pé.
DATAS: Sábado, 17 XUN 2023
HORARIO: 09:15 a 14:00 h
As praias son espazos naturais habitados por multitude de seres vivos que poderían chegar a verse prexudicados se deixas residuos abandonados. Restos tan pequenos coma unha cabicha, envoltorios ou envases de refugallo, por exemplo, están fóra de lugar na praia.
DATAS: Sábado, 17 XUN 2023
HORARIO: 09:15 a 14:00 h
PLANCTON 2023. Os fondos e pantaláns do Porto Deportivo da Confraría de Pescadores de Bouzas, do Porto AM San Miguel de Bouzas, e zonas limítrofes na ría de Vigo, convertiranse nun novo escenario de retirada de residuos no marco do programa PLANCTON.
DATAS: Sábado, 17 XUN 2023
HORARIO: 09:15 a 14:00 h
PLANCTON 2023. Limpeza de residuos na praia de Samil coa participación de estudantes e profesorado do Colexio Fogar Afundación.
DATAS: Mércores, 13 MAI 2023
HORARIO: 10:00 a 14:30 h
Xornada de mellora ambiental na illa de Cortegada, un dos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xunto cos de Cíes, Ons, e Sálvora, onde xa se realizaron actividades deste tipo. en edicións anteriores deste Plan Territorial de Conservación.
DATAS: Sábado, 13 MAI 2023
HORARIO: 10:30 a 15:30 h
Como en anos precedentes, os fondos do illote Guidoiro Areoso foron obxecto unha vez máis, dunha nova acción de retirada de residuos.
Mergulladores da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa e do Club Subacuático Pérez-Sub foron os encargados rastrexar os fondos na procura dos residuos. Ademais, a actividade contou coa colaboración da Federación Galega de Actividades Subacuáticas, do Servizo Marítimo da Guarda Civil, Protección Civil de Vilanova de Arousa e do Concello de A Illa de Arousa.
DATAS: Sábado, 15 ABR 2023
HORARIO: 08:30 a 14:00 h
Nesta nova actividade de limpeza de residuos nos fondos marisqueiros participaron mariscadoras e pescadores da Confraría da Illa de Arousa, e voluntarios de ABANCA e Afundación.
DATAS: Sábado, 25 MAR 2023
HORARIO: 10:30 a 14:00 h
Nesta nova actividade de limpeza de residuos nas praias, a terceira do ano 2023, PLANCTON desprasouse ata Burela, onde un nutrido grupo de persoas voluntarias da Fundación Eu Son, da Asociación de Saúde Mental "A Mariña", da Confraría de Pescadores de Burela e do Espazo +60 Afundación Viveiro, dedicaron durante toda a mañá o seu esforzo á retirada de residuos nos areais de A Marosa e O Perdouro.
DATAS: Sábado, 25 FEB 2023
HORARIO: 11:00 a 13:30 h
A praia da Area da Cruz foi o escenario desta nova xornada de limpeza de residuos mariños organizada por Afundación no marco do proxecto PLANCTON, onde participou un nutrido grupo de persoas voluntarias da Universidad Intercontinental de la Empresa, do colexio público As Bizocas, e dos Espazos +60 Afundación de Vigo e Pontevedra.
DATAS: Xoves, 23 FEB 2023
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
Nesta nova xornada de retirada de residuos enmarcada dentro de PLANCTON, as persoas voluntarias de ABANCA e Afundación retiraron lixos mariños na praia de Baldaio, área declarada como Zona Especial de Conservación (integrada no ZEC Costa da Morte) baixo a Rede Natura 2000.
La iniciativa se enmarca dentro del Proyecto “PLANCT-ON: Plan de conservación territorial-ON”, llevado a cabo por Afundación-Obra Social ABANCA; y con voluntariado de Bankoa-ABANCA gestionado por Afundación y Surfrider Foundation
DATAS: Sábado, 22 OCT 2022
HORARIO: 10:00 a 13:00 h
En esta ocasión, el Plan de Conservación Territorial-ON, PLANCTON 2022, nos lleva a Sálvora para la retirada de residuos. Además, las personas participantes podrán disfrutar al finalizar la jornada de una actividad a escoger para conocer el enclave
DATAS: 24 SEP 2022
HORARIO: 9.45 a 18.00 h
En el marco de las XI Jornadas de Geomorfología Litoral en A Illa da Arousa, presentamos un vídeo divulgativo sobre uno de los enclaves más importantes del litoral de la Ría da Arousa
Una guía de buenas prácticas en forma de exposición al aire libre que este verano irá rotando por algunas de las principales playas de la Ría da Arousa. El fin es informar a turistas y bañistas en general del buen uso de los arenales, respetando la naturaleza
DATAS: JUL – SEP 2022
HORARIO: 24 h al aire libre
Más de 75 personas voluntarias de Actúa e integrantes del Grupo Naturalista Hábitat retirarán sobre todo Conyza canadensis
DATAS: Sábado, 11 JUN 2022
HORARIO: 10.00 h
Ona Carbonell, protagonista de una nueva limpieza de basura marina organizada por Afundación en la Illa de Cortegada
DATAS: Miércoles, 11 MAY 2022
HORARIO: 10.00 a 14.00 h
En esta ocasión, el Plan de Conservación Territorial-ON, PLANCTON, nos lleva a Arteixo para retirar residuos y también eliminar uña de gato del arenal de Barrañán
DATAS: Sábado, 30 ABR 2022
HORARIO: 10.00 a 14.00 h
Organizamos dentro del proyecto PLANCTON 2022 una doble jornada de limpieza de fondos marisqueros en O Grove y Cambados con las mariscadoras de Confraría de San Martiño do Grove
DATAS: viernes, 22 ABR 2022
HORARIO: 11.30 h
Nueva jornada de limpieza de basura en las playas y costa del islote Guidoiro Areoso junto a la cofradía de A Illa de Arousa y el Club Subacuático Pérez-Sub
DATAS: 24 MAR 2022
HORARIO: 11.00 a 13.00 h
El proyecto de voluntariado medioambiental acomete su segunda acción en este 2022 gracias a escolares del CPR Landro, la Asociación de Persoas con Discapacidade Intelectual y el Espazo +60 de Viveiro
DATAS: Jueves, 10 MAR 2022
HORARIO: 11.00 a 13.00 h
Tercera actuación de limpieza con nuestro programa medioambiental en este entorno ubicado en plena Ría de Arousa, un tesoro de biodiversidad
DATAS: Sábado, 5 de marzo
HORARIO: 10:00
Encuentro en el Pazo de San Roque para hacer balance de las actividades de PLANCTON a lo largo de todo el 2021
DATAS: 2 DIC 2021
HORARIO: 16.45 a 19.30 h
Carlota Sánchez-Montaña imparte la sesión para trabajadores del sector pesquero
DATAS: lunes 29 NOV 2021
HORARIO: 17.00 a 19.00 h
Voluntariado de Afundación y ABANCA retiran residuos de los fondos marinos de los concellos de O Grove y Cambados con la ayuda de mariscadoras de la zona
DATAS: Sábado, 23 OCT 2021
HORARIO: 10.15 a 13.30 h

DATAS: Miércoles, 20 OCT 2021
HORARIO: 17.00 a 19.00 h
Voluntariado de Afundación y ABANCA retiran residuos marinos de la popular playa de A Lanzada, dentro del programa PLANCTON
DATAS: Sábado, 16 OCT 2021
HORARIO: 10.00 a 14.00 h
Con el programa PLANCTON, un grupo de voluntariado de Afundación y ABANCA junto a mariscadoras cambadesas retiran residuos en las zonas marisqueras de la localidad
DATAS: Sábado 9 OCT 2021
HORARIO: 11:00 a 13:30 h
Con el programa PLANCTON, un grupo de voluntariado de Afundación retira residuos de la playa de O Vilar, en el Concello de Ribeira
DATAS: Sábado, 2 OCT 2021
HORARIO: 10:30 a 14:00 h
Desde el programa PLANCTON ofrecemos a profesionales del mar una sesión sobre conocimientos financieros aplicables a su actividad, siempre desde la sostenibilidad
DATAS: 15 JUL 2021
HORARIO: 16.30 a 19.30 h
El programa PLANCTON, junto a la Confraría da Illa de Arousa, promueve una acción de retirada de neumáticos de los fondos marinos, empleados por las embarcaciones para evitar golpes
DATAS: Sábado 26 JUN 2021
HORARIO: 10.30 a 14.00 h
Con el programa PLANCTON, el Club Subacuático Pérez-Sub y pescadores de navajas de la Cofradía de A Illa de Arousa recogen basuras marinas
DATAS: Sábado 19 JUN 2021
HORARIO: 8.30 a 14.00 h
Voluntariado del programa PLANCTON retira residuos de las playas de Razo y Baldaio en Carballo
DATAS: Sábado 12 JUN 2021
HORARIO: 10.00 a 14.00 h
Voluntariado del programa PLANCTON retiran residuos marinos de las playas de Ons en el Parque Nacional
DATAS: 5 JUN 2021
HORARIO: SÁBADO Salida de Portonovo 10.30 h. Regreso de Ons 17.00 h
Acción medioambiental dentro del programa de sostenibilidad PLANCTON para conservar el área de influencia de las Zonas de Especial Protección de Aves Marinas de Galicia (ZEPA)
DATAS: 29 MAY 2021
HORARIO: 10.30 h
Dentro del programa PLANCTON, esta acción medioambiental será realizada por la Cofradía de A Illa de Arousa y el Club Subacuático Pérez-Sub
DATAS: Sábado 24 ABR 2021
HORARIO: 8.30 a 14.00 h
Actividad de limpieza que se desarrollará simultáneamente en diferentes enclaves de A Illa de Arousa, como los arenales del Parque Natural de O Carreirón o la playa de O Vao
DATAS: 21 ABR 2021
Con este programa multidisciplinar buscamos fomentar la conservación y la sostenibilidad de las actividades pesqueras en el área de influencia de las ZEPA marinas de Galicia
DATAS: Hasta el 4 DIC 2021

ENTIDADES COLABORADORAS
Para a súa correcta execución e desenvolvemento, PLANCTON conta ademais coa participación doutra serie de entidades colaboradoras, entre elas: