O Plan de Conservación Territorial-ON (en diante PLANCTON) é un plan multidisciplinar cuxo obxectivo principal é fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas no mar, especialmente na área de influencia das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de ámbito mariño de Galicia, Rede Natura 2000, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais, especialmente no pesqueiro.

Premio Especial
III Premios Economía Azul (2022)
1º Premio categoría Medioambiente
Premios CECA de Obra Social y Educación Financiera 2022
PLANCTON

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Reducir a cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras e no mar.

Sensibilizar ao sector pesqueiro sobre prácticas sostibles.

Aumentar o coñecemento sobre a biodiversidade da Rede Natura 2000.

Capacitar ao sector pesqueiro en sustentabilidade económica dentro dos seus negocios

Integrar a igualdade e a sustentabilidade no proxecto.

Aumentar o coñecemento da Axenda 2030, en especial sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ligados ao proxecto.

CUMPRIR O OBXECTIVOS PLANCTON CON

ACCIÓNS REAIS

5.

Xornadas formativas sobre sustentabilidade económica en materias pesqueira e acuícola.a.

6.

Campañas informativas e materiais expositivos.

7.

Audiovisuais divulgativos.

8.

Actividades relativas ao fomento da igualdade.

Material audiovisual divulgativo

As limpezas de praias e fondos son actuacións paliativas en favor do medio mariño, e é precisamente por iso as actividades divulgativas de prevención, cobran especial relevancia para tratar de inculcar comportamentos sostibles na sociedade e tratar de anticiparse ao problema.

Infografías

Fomentar a conservación da biodiversidade no mar a través de prácticas pesqueiras sostibles é un dos obxectivos de PLANCTON. Que podemos facer para evitar a captura accidental de aves durante o exercicio da pesca?, e en caso de captura accidental, como podemos rescatar a estas aves?

Aves das ZEPA de ámbito mariño en Galicia

Coñecer os valores da biodiversidade da contorna é un factor crave para avanzar na súa conservación. A través das imaxes que ilustran esta galería poderás aumentar os teus coñecementos sobre algunhas das especies presentes nas Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño en Galicia.

PLANCTON

EN CIFRAS

Total residuos recollidos
0 kg
Limpezas realizadas
0

12 de fondos marisqueiros e 14 de areais

Flora exótica invasora retirada
0 kg
Voluntarias/os participantes
0
Horas de voluntariado
0

3.113 de 2021 + 2.591 de 2022

Entidades colaboradoras
0
Espazos protexidos
0
AXENDA

ACTIVIDADES DO PROGRAMA

Un nutrido grupo de persoas integrado por estudantes e docentes do Colexio Hogar Afundación participará nunha xornada de voluntariado ambiental na contorna do Monte Boi, en Baiona, centrada na retirada de flora exótica invasora, especialmente de Carpobrotus sp., coñecida como unlla de gato ou herba do coitelo. A actuación ten como obxectivo contribuír á mellora e conservación deste espazo mediante a retirada desta especie que despraza a vexetación autóctona e altera o equilibrio dos ecosistemas costeiros. A través do traballo directo sobre o terreo, o alumnado poderá coñecer de primeira man a problemática asociada á expansión destas especies e a importancia da súa prevención e control.
DATAS: 08/10/2026
HORARIO: 10:00 a 12:30 h
Mergulladores e mergulladoras da Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa e do Club Subacuático Pérez-Sub, varios deles pertencentes á Asociación Galega de Pescadores Submarinos Responsables, participaron nunha xornada de limpeza submarina en augas de Vilanova de Arousa, no marco das actuacións de voluntariado e conservación do medio mariño promovidas por Afundación no seo do programa PLANCTON.
DATAS: 03/10/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
Máis de 70 persoas voluntarias convocadas por Afundación participaron nunha nova xornada de voluntariado ambiental na illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En total, o operativo permitiu retirar 216 quilos de residuos mariños e 42 de flora exótica invasora, contribuíndo así á mellora do estado de conservación deste espazo natural protexido.
DATAS: 26/09/2026
HORARIO: 10:00 a 18:00 h
ENTIDADES COLABORADORAS

Para a súa correcta execución e desenvolvemento, PLANCTON conta ademais coa participación doutra serie de entidades colaboradoras, entre elas: