ACTIVIDADES

Eliminación de flora exótica invasora

Un nutrido grupo de persoas integrado por estudantes e docentes do Colexio Hogar Afundación participará nunha xornada de voluntariado ambiental na contorna do Monte Boi, en Baiona, centrada na retirada de flora exótica invasora, especialmente de Carpobrotus sp., coñecida como unlla de gato ou herba do coitelo. A actuación ten como obxectivo contribuír á mellora e conservación deste espazo mediante a retirada desta especie que despraza a vexetación autóctona e altera o equilibrio dos ecosistemas costeiros. A través do traballo directo sobre o terreo, o alumnado poderá coñecer de primeira man a problemática asociada á expansión destas especies e a importancia da súa prevención e control.
DATAS: 08/10/2026
HORARIO: 10:00 a 12:30 h
Máis de 70 persoas voluntarias convocadas por Afundación participaron nunha nova xornada de voluntariado ambiental na illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En total, o operativo permitiu retirar 216 quilos de residuos mariños e 42 de flora exótica invasora, contribuíndo así á mellora do estado de conservación deste espazo natural protexido.
DATAS: 26/09/2026
HORARIO: 10:00 a 18:00 h
Máis de 100 estudantes e membros do profesorado da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) participaron nunha xornada de voluntariado ambiental nas ribeiras do río Sar, dentro do parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Conseguiron retirar más de 3000 quilos de Tradescantia fluminensis, unha especie exótica invasora que forma densos tapices de vexetación desprazando a flora autóctona e dificultando a rexeneración natural destes ecosistemas fluviais. A actividade, contou coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, quen asumiu a xestión da planta retirada.
DATAS: 11/09/2026
HORARIO: 10:00 a 14:00 h
Máis dun cento de persoas, convocadas por Afundación, participaron nunha completa xornada de voluntariado ambiental na illa de Ons, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. As actuacións centráronse, por unha banda, na limpeza de lixos mariños das praias, e por outra na retirada de diferentes especies de flora exótica invasora que ameazan á flora autóctona deste lugar protexido.
DATAS: 16/05/2026
HORARIO: Finalizada
Máis de 30 voluntarios, convocados por Afundación a través do seu portal de voluntariado Actúa, participaron nunha actividade ambiental na duna de Corrubedo, co obxectivo de contribuír á conservación desta área natural de alto valor ecolóxico. A xornada centrouse na retirada de plántulas e árbores novas de piñeiro (Pinus sp.), unha intervención necesaria dado o avance progresivo do piñeiral cara ao ecosistema dunar. A expansión gradual das coníferas está a invadir zonas propias da duna, alterando o seu equilibrio natural e mesmo comprometendo a súa mobilidade, un proceso clave para o mantemento deste tipo de hábitat.
DATAS: 11/04/2026
HORARIO: Finalizada
Preto de 50 persoas convocadas por Afundación no marco de PLANCTON participaron dun gran operativo ambiental a prol dos ecosistemas mariños e terrestres da Illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En total, e ao rematar a xornada, retiráronse da illa máis de 100 quilos de lixos mariños e 326 quilos de flora exótica invasora grazas ao labor das persoas voluntarias que dedicaron esta mañá de sábado a intentar mellorar a saúde dos ecosistemas da illa de Sálvora.
DATAS: 20/09/2025