PLANCTON 2026. Retirada de basuras marinas e flora exótica invasora na Illa de Ons, Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

PLANCTON 29026: Retirada de basuras marinas e flora exótica invasora na Illa de Ons, Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Máis dun cento de persoas, convocadas por Afundación, participarán nunha completa xornada de voluntariado ambiental na illa de Ons, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Segundo o programa previsto, as actividades de voluntariado focalizaranse tanto na retirada de diferentes especies de flora exótica invasora, como na de todo canto lixo mariño atopen nos diferentes enclaves indicados polo persoal técnico do Parque Nacional.

Será a terceira ocasión na que o voluntariado de PLANCTON teña actuado nesta illa do Parque Nacional, un lugar do que xa conseguiron retirar nas dúas visitas precedentes, máis de 400 quilos de lixos mariños e máis de 600 de plantas exóticas invasoras.

DATAS:

16/05/2026

HORARIO:

10:00 a 19:00 h

MODALIDADE:

Presencial