Estudantes e profesorado do Colegio Hogar de Afundación, participarán dunha xornada de voluntariado ambiental dedicada á retirada de diversas especies de flora exótica invasora e lixos mariños na contorna das praias de Fechiño e Fontaíña, en Coruxo.
Non é a primeira vez que este colectivo educativo colabora co proxecto PLANCTON, sen ir máis lonxe, en dúas actuacións precedentes realizadas hai pouco máis dun ano, xa conseguiron retirar máis de 1400 quilos de especies botánicas invasoras a carón da praia da Fontaíña, un lugar que, aos poucos, e grazas a este tipo de intervencións, vai recuperando a flora que lle é propia.
Con actividades como esta e outras iniciativas formativas e de sensibilización, Afundación procura, no marco de PLANCTON asegurar a protección da contorna máis próxima procurando inculcar unha conciencia sostible ao redor do conxunto de actividades socioeconómicas que se desenvolven tanto na costa coma no mar, promovendo sobre todo entre os máis xoves, o sentido de pertenza e de responsabilidade no coidado dos recursos na procura dun futuro sostible, todo elo en coherencia co seu compromiso cos ODS, especialmente o ODS 13 (Acción polo clima), o ODS 14 (Vida submarina) e o ODS 17 (Alianzas para acadar os obxectivos).
A actividade conta coa colaboración do Concello de Vigo, quen se encargará da xestión do conxunto de planta retirada.