PLANCTON 2026. Retirada de Carpobrotus sp. na contorna do Monte Boi (Baiona)

PLANCTON 2026: retirada de Carpobrotus sp. na contorna do Monte Boi, en Baiona.

Un nutrido grupo de persoas integrado por estudantes e docentes do Colexio Hogar Afundación participará nunha xornada de voluntariado ambiental na contorna do Monte Boi, en Baiona, centrada na retirada de flora exótica invasora, especialmente de Carpobrotus sp., coñecida como unlla de gato ou herba do coitelo.

A actuación ten como obxectivo contribuír á mellora e conservación deste espazo mediante a retirada desta especie que despraza a vexetación autóctona e altera o equilibrio dos ecosistemas costeiros. A través do traballo directo sobre o terreo, o alumnado poderá coñecer de primeira man a problemática asociada á expansión destas especies e a importancia da súa prevención e control.

DATAS:

08/10/2026

HORARIO:

10:00 a 12:30 h

MODALIDADE:

Presencial