ACTIVIDADES

Retirada de residuos en fondos de portos pesqueiros e recreativos

Máis de 30 persoas voluntarias entre mergulladores e persoal de apoio traballaron ao longo de toda a mañá no porto de Portonovo nunha limpeza colaborativa de lixos mariños organizada por Afundación no marco do seu proxecto ambiental PLANCTON. Os participantes lograron retirar máis de 2.500 quilos de residuos.
DATAS: 14/06/2025
Tralo éxito da limpeza levada a cabo o pasado ano cos mesmos participantes e baixo o paraugas deste Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA, os bucios e submarinistas da Confraría de pescadores Santa Rosalía de Sanxenxo e de Nauta mergulláronse baixo as augas do porto co obxectivo de retirar dos seus fondos diferentes obxectos de lixo mariño dos que non escaparon diferentes artes de pesca extraviadas polo colectivo de pescadores, así como latas, botes, vasos e botellas cuxa orixe semella claramente vinculada ao ocio nocturno.
DATAS: 26/04/2025
Entre os días 8 e 16 de xuño, celebrouse na cidade de A Coruña a XI edición do Festival Mar de Mares, un lugar de encontro de científicas e científicos, persoas expertas no ámbito de oceanografía, artistas, activistas, emprendedoras e emprendedores e cociñeiras e cociñeiros dos produtos do mar, cheas de entusiasmo e compromiso por e co mar. Neste marco, e dentro unha chea de actividades nas que non faltaron as exposicións, os concertos, mercado, gastronomía, ciencia e activismo, celebrouse tamén o II Foro Azul Mar de Mares, unha xornada para descubrir todas as opcións de futuro da economía mariña, un encontro inspirador que contou coa participación de Afundación, a Obra Social de ABANCA, a través do seu programa PLANCTON.
DATAS: Do 08/06/2024 ao 16/06/2024
Nesta ocasión, foron os submarinistas da Confraría de Pescadores de Vigo-Mariña Deportiva de Bouzas, do Liceo Marítimo de Bouzas, e da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, os encargados de retirar dos fondos todo canto refugallo localizaron nas sucesivas inmersións que realizaron ao logo da mañá nos fondos do Porto da Asociación de Mariñeiros San Miguel de Bouzas e do Porto Deportivo da Confraría de Pescadores de Bouzas, ambos na enseada de Alcabre, para elo contaron con numeroso persoal de apoio tanto a bordo das embarcacións participantes, como nos embarcadoiros da propia instalación portuaria.
DATAS: 11/05/2024
HORARIO: 09:15 a 14:00 h
Representantes da Confraría de Pescadores de Portonovo e do Club Náutico desta localidade, da Federación Galega de Actividades Subacuáticas, de Portos de Galicia, Protección Civil, do Concello de Sanxenxo e de Afundación, uníronse para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental dedicada á retirada de lixo mariño nos fondos do porto de Portonovo no marco de PLANCTON.
DATAS: 21/03/2024
HORARIO: 09:15 a 13:30 h
O Porto de Sanxenxo convertirase o vindeiro sábado, 3 de febreiro, nun novo escenario de limpeza de lixo mariño, onde un nutrido grupo de persoas integrado por representantes da Confraría de Pescadores de Sanxenxo, de Nauta Sanxenxo, do RC Naútico de Sanxenxo, de Actúa Voluntariado e ABANCA, procederán á limpeza dos seus fondos nunha completa xornada de voluntariado colaborativo. A actividade contará coa colaboración de varias entidades, entre elas, Protección Civil de Sanxenxo, a Fereración Galega de Actividades Subacuáticas, o Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia.
DATAS: 03/02/2024
HORARIO: 09:15 a 13:30 h
PLANCTON 2023. Os fondos e pantaláns do Porto Deportivo da Confraría de Pescadores de Bouzas, do Porto AM San Miguel de Bouzas, e zonas limítrofes na ría de Vigo, convertiranse nun novo escenario de retirada de residuos no marco do programa PLANCTON.
DATAS: Sábado, 17 XUN 2023