PLANCTON no Festival Mar de Mares

PLANCTON en el Festival Mar de Mares

Entre os días 8 e 16 de xuño, celebrouse na cidade de A Coruña a XI edición do Festival Mar de Mares, un lugar de encontro de científicas e científicos, persoas expertas no ámbito de oceanografía, artistas, activistas, emprendedoras e emprendedores e cociñeiras e cociñeiros dos produtos do mar, cheas de entusiasmo e compromiso por e co mar.

Neste marco, e dentro unha chea de actividades nas que non faltaron as exposicións, os concertos, mercado, gastronomía, ciencia e activismo, celebrouse tamén o II Foro Azul Mar de Mares, unha xornada para descubrir todas as opcións de futuro da economía mariña, un encontro inspirador que contou coa participación de Afundación, a Obra Social de ABANCA, a través do seu programa PLANCTON.

Do mesmo xeito, foron varias as persoas voluntarias desde Plan de Conservación Territorial-ON, as que participaron activamente na V edición da Gran Limpeza de Fondos Mar de MaresSignus, unha actuación na que se conseguiron retirar dos fondos da contorna da Torre de Control Marítimo do porto de A Coruña máis de dúas toneladas de refugallos.

DATAS:

Do 08/06/2024 ao 16/06/2024