Foron más de 40, entre mergulladores e persoal de terra, as persoas que uniron as súas forzas nos fondos e pantaláns do porto de Sanxenxo para levar a cabo unha limpeza colaborativa de residuos na que se conseguiron retirar máis de 1200 quilos de lixo mariño, fundamentalmente aparellos de pesca extraviados durante o exercicio da mesma, como redes, nasas, cordas e cabos, pneumáticos empregados como defensa de embarcacións, e outra serie de obxectos de orixe continental, entre os que se atopaban botellas e envases de vidro xunto con botes de bebidas cuxo probable orixe pode ser o ocio nocturno, plásticos de orixe descoñecida, unha batería, un balado, un motor foraborda, varios paraugas, unha percha, unas gafas de mergullo, un foco ou mesmo un carro da compra.
Limpezas submariñas coma ésta, xunto coas de praias, son unha mostra máis do compromiso de ABANCA e Afundación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible, de xeito especial cos ODS-13 Acción polo clima, ODS-14 Vida submariña e ODS-17 Alianzas para lograr obxectivos, tal e como se puxo de manifesto nesta limpeza coa implicación de diversas entidades neste gran operativo de limpeza entre as que é preciso mencionar á Confraría de Pescadores de Sanxenxo, o Real Clube Náutico de Sanxenxo, o propio Porto, a sociedade municipal Nauta que xestiona o porto deportivo, Protección Civil, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, o Concello, Portos de Galicia e o voluntariado Actúa de Afundación.