PLANCTON 2024: Retirada de flora exótica invasora na praia de A Fontaíña (Vigo)

PLANCTON 2024. Día do Medio Ambiente. A Fontaíña, Vigo.

Baixo o lema «Cada acción, unha onda de cambio», Afundación deseñou unha programación dirixida a todos os públicos, co obxectivo de promover formas de actuar responsables que reduzan a xeración de residuos e permitan manter os recursos actuais sen comprometelos para as xeracións futuras. Neste marco, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio, a Obra Social de ABANCA convocou distintas accións coa participación do seu voluntariado Actúa, entre elas, 35 alumnas, alumnos e profesores do Centro de Formación Profesional Colexio Fogar Afundación, desprazáronse ata a praia de A Fontaíña, na cidade de Vigo, para realizar unha xornada de voluntariado ambiental centrada na eliminación de especies exóticas invasoras, principalmente na herba do coitelo (Carpobrotus edulis), unha especie de orixe sudafricana que supón serios riscos para as especies autóctonas deste ecosistema dunar.

Ademais da herba do coitelo, as persoas voluntarias retiraron outras especies invasoras como Agave sp., Gazania rigens, Yucca sp., Artocteca calendula e Hirschfeldia incana.

Parte do continxente de persoas voluntarias dedicou os seus esforzos a retirar lixo mariño da praia, atopando principalmente pequenos obxectos plásticos, como restos de envoltorios, lambetadas e envases, latas, botellas e unha importante cantidade de cabichas, residuos típicos que adoitan aparecer neste tipo de limpeza en praias urbanas.

Ao final da xornada, e tralas tarefas de clasificación e pesada dos residuos e plantas exóticas invasoras, a balanza reflectiu un total de máis de 915 quilos.

A actividade contou coa colaboración do Concello de Vigo, quen se encargou da xestión de todo o conxunto de flora exótiva invasora retirada ao longo da xornada.

DATAS:

05/06/2024

HORARIO:

09:45 a 14:00 h

MODALIDADE:

Presencial