PLANCTON 2024: Limpeza de lixo mariño e retirada de flora exótica invasora da praia de Arealonga (Barreiros)

PLANCTON 2024_Limpeza de lixo mariño e retirada de flora exótica invasora na praia de Arealonga (Barreiros)

Medio cento de persoas, convocadas por Afundación, a Obra Social de ABANCA, participaron dunha intensa xornada de voluntariado medioambiental na praia de Arealonga, tamén coñecida como praia de Reinante, no concello lugués de Barreiros.

O areal, incluído dentro da Zona de Especial Conservación de As Catedrais, está considerado como un entorno potencial para a cría e invernada da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), unha pequena ave limícola ameazada en Galicia e considerada como vulnerable dentro do Catálogo galego de especies ameazadas. O obxectivo da dobre actuación consistiu en mellorar o seu hábitat para facelo máis adecuado para ás súas necesidades.

Así, unha parte do grupo de persoas voluntarias se dedicou á retirada da coñecida como herba do coitelo (Carpobrotus edulis), unha especie exótica invasora que pon en risco a biodiversidade florística das dunas deste espazo natural regulado como Zona de Especial Conservación. O resto de persoas convocadas á actividade recolleron lixo, principalmente plásticos. Entre os residuos atopados destacaron os procedentes da actividade pesqueira como cordas, cabos e cabiños, paus de batea, nasas, madeiras tratadas, máis de 260 cubos e caixas de peixe; e tamén residuos procedentes do consumo en terra como botellas, botes ou bricks, téxtiles e roupa; 132 bastóns dos oídos ou 428 tapóns.

En total  o voluntariado convocado pola Obra Social de ABANCA logrou retirar do areal máis dunha tonelada de herba do coitelo e  lixo mariño.

DATAS:

25/05/2024

HORARIO:

10:00 a 14:00 h