PLANCTON 2023. Limpeza de areeiros na praia de Baldaio, Carballo

plANCTON LIMPEZA BALDAIO

Persoas voluntarias convocadas por ABANCA e Afundación participaron hoxe nunha xornada de limpeza nas praias de Baldaio e Razo, no concello coruñés de Carballo, onde lograron retirar máis de 400 quilos de residuos. Desde as 10 da mañá e ata as dúas da tarde, as 39 persoas participantes localizaron principalmente obxectos plásticos de orixe terrestre como obxectos plásticos de orixe terrestre como restos de envases, bolsas ou envoltorios, 1623 tapas e tapóns, 1500 bastoncillos dos oídos, 197 vasos cheos de «bágoas de sirena» (microplásticos de bolita), chisqueiros, pilas, así como outra serie de obxectos extraviados durante o exercicio da pesca que adoitan a aparecer neste tipo de actuacións de limpeza, como poden ser pequenos anacos de redes, escumas plásticas, sedelas enmarañadas, 2386 cabos e cabitos, etc. Tamén se atoparon un bidón de gasolina, unha alfombrilla de coche, xiringas, tampones ou anacos de madeira e de ferro de distintos tamaños.

O voluntariado de Afundación e ABANCA, está a actuar neste areal e a contorna da súa lagoa desde 2018, onde se retiran os residuos que o mar arrastra cara á costa e poñen en perigo a conservación deste espazo de gran riqueza natural, declarado como Zona Especial de Conservación (integrada no ZEC Costa da Morte) baixo a Rede Natura 2000 e Área prioritaria de conservación no Plan de Conservación do Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus).

O proxecto PLANCTON, do que forma parte a iniciativa de hoxe, está destinado a fomentar a conservación e sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas no mar, especialmente nas Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño de Galicia dentro da Rede Natura 2000. Enmarcado na estratexia de sustentabilidade de ABANCA e Afundación e das súas actividades de voluntariado ambiental, PLANCTON é así mesmo un gran eixo vertebrador de distintos axentes, entre os que figuran, ademais de colectivos como o Grupo Naturalista Hábitat co que se organizou a actividade de hoxe, entidades do sector pesqueiro, como as confrarías de pescadores e asociacións de mariscadoras, asociacións do terceiro sector, concellos, escolares, persoas socias dos espazos +60 de Afundación, entre outros, alcanzando, así, un gran impacto en sectores sociais diversos. A iniciativa foi recoñecida en 2022 pola Xunta de Galicia co Premio Especial Economía Azul pola súa «importante relevancia para o conxunto do sector, especialmente na protección do medio ambiente».

Faite voluntari@.