A campaña céntrase na intervención artística de varios sumidoiros de pluviais da vila mediante técnicas de “stencil”, entre as que se inclúe a mensaxe “O mar comeza aquí”.
Baixo o título “O mar comeza aquí”, presentouse na vila de Baiona en colaboración co Concello, a nova campaña de concienciación ambiental promovida por Afundación no marco de PLANCTON, dentro do programa “Educación para a Sostibilidade”. Unha iniciativa, a través da cal a Obra Social de ABANCA pretende evitar que as colillas dos cigarros cheguen ao mar, poñendo en marcha diversas actividades educativas e comunicativas centradas en corrixir a mala xestión das mesmas por parte de boa parte do colectivo de persoas fumadoras nas cidades, onde son botadas a diario aos sumidoiros de aguas pluviais para acabar finalmente no mar, contaminando as augas, xa que estes medios que se encargan de recoller e evacuar a auga de choiva cara os ríos ou cara o mar, a diferenza das canalizacións sanitarias, carecen de sistemas de saneamento previos. Unhas poucas cifras abondarán para dar unha idea do impacto deste tipo de accións no medio ambiente, así, en España, estímase que se botan ao chan máis de 70 millóns de colillas de cigarro cada día, e unha soa colilla, segundo diversos estudos, contamina arredor de 10 litros de auga salgada no medio acuático, mentres que esta cifra pode superar os 50 litros en auga doce.
Durante a xornada de presentación, á que asistiron, entre outros, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez, o director xerente de Afundación, Pedro Otero, a directora da Área Vigo Sur de ABANCA, Ángela Rodríguez, e a subdirectora da oficina de ABANCA en Baiona, Patricia Pérez, realizáronse diversas accións, entre elas:
- Unha serie de intervencións e marcaxes en sumidoiros de varias rúas da vila coa mensaxe “O mar empeza aquí” por parte da artista Tati Peña, coa participación de membros dos espazos +60 de Afundación. O obxectivo desta intervención é concienciar á poboación en xeral e evitar que residuos como as colillas de cigarro cheguen aos sumidoiros.
- Unha intervención artística do artista Primo Rodríguez na contorna dun dos sumidoiros invervidos na campaña, na rúa Carabela A Pinta, que destaca o impacto dos residuos que botamos nos sistemas de augas pluviais a través dunha imaxe metafórica dun gran polbo acompañado de diversos residuos.
- Un mural colaborativo de sensibilización pintado pola artista Rakele Carvallo en colaboración con 15 alumnos de quinto de primaria do CEIP Fontes Baiña de Baiona e membros dos espazos Afundación +60 de Pontevedra e Vigo nun dos muros do Parque infantil do Descubrimento e do Museo do Xardín da Casa da Navegación de Baiona, situado na rúa Ventura Misa, número 17. As pinturas fotocatalíticas empregadas neste mural posúen un efecto similar de captación de CO2 similar ao dunha árbore por cada metro cuadrado de superficie pintada.
- Unha serie de accións de sensibilización cidadá coa participación de membros dos Espazos Afundación +60 e escolares, consistentes na distribución de libretas á cidadanía con información e o lema da campaña, reforzando a mensaxe de sensibilización para evitar o verquido de residuos a través dos sumidoiros das vilas.





































