Goza da praia sen deixar pegada

Goza da praia sen deixar pegada. PLANCTON,.Afundación,

Galicia conta con case 1000 praias que son un tesouro natural, pero o seu equilibrio é fráxil. Os residuos, a masificación e os xestos pouco responsables ameazan a súa beleza e biodiversidade.

Cada pequeno xesto conta. Se todos actuamos con responsabilidade, podemos seguir gozando das praias limpas, seguras e vivas.

10 consellos para gozar da praia sen deixar pegada:

1. Recolle sempre o teu lixo (e se podes, algo máis).

2. Evita o plástico dun só uso.

3. Non fumes na area nin deixes cabichas sobre a mesma ou enterradas.

4. Respecta a fauna e a flora.

5. Non deixes restos de comida.

6. Usa protección solar respectuosa co medio mariño e os seres que nel habitan.

7. Evita xabóns ou champús nas duchas, lavapés e na auga.

8. As mellores lembranzas son as vivencias e as fotografías, deixa as cunchas e pedras no seu lugar.

9. Evita facer ruído excesivo.

10. Fai pedagoxía: dá exemplo ás persoas máis novas.

Descarga a infografía completa:

Estas boas prácticas non son só para unha praia, senón para todas as da nosa costa. Fainas parte da túa rutina este verán. Súmate ao verán sostible!

O futuro do mar depende tamén de ti. Cada paso conta. Cada acción suma.