PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mariño nas praias de Muros

PLANCTON 2026_Muros

Máis de 20 persoas participaron nunha xornada de voluntariado ambiental convocada por Afundación nas praias de Cabanas, Area do medio e O Seixal, en Muros no que foi o inicio da sexta edición de PLANCTON, o proxecto de actuación e sensibilización ambiental desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración co sector pesqueiro e marisqueiro.

As mariscadoras de Muros e o voluntariado de ABANCA e Afundación traballaron na limpeza dos tres areais, distribuídos en varios grupos, ao longo de toda a mañá. Ao final da xornada, e unha vez concluídas os labores de identificación e clasificación dos residuos, a balanza reflectiu un total de 385 quilos de lixo mariño retirados dos tres areais. Entre os obxectos recolleitos atópanse 100 bastonciños dos oídos, 5 xoguetes de praia, 2 cepillos de dentes, 3 chisqueiros, pallas, latas ou distintas pezas de roupa e calzado.

Durante a xornada, o voluntariado localizou tamén residuos vinculados á actividade pesqueira como 236 tarugos de batea, 4 pneumáticos, máis de 150 cordas e cabos, 50 nasas ou 60 quilos de madeiras tratadas.

Especialmente significativa é a cifra retirada de biosoportes de depuradora, 1895 en total. Estas pezas de plástico con forma de roda usadas para tratar augas residuais convertéronse nun residuo que prolifera cada vez máis na costa atlántica. Tamén se localizaron outros obxectos, que non adoitan atoparse neste tipo de accións de recuperación ambiental, como un valo de separación de carrís, cartuchos de caza, un chaleco salvavidas ou unha pelota de golf.

Co recollido durante a xornada son xa máis de 146 as toneladas de lixo mariño que levan retiradas dos fondos, praias e costas de Galicia no marco de PLANCTON, un proxecto galardonado co primeiro premio nacional de Medioambiente de CECA. O seu obxectivo é inculcar na sociedade a necesidade de implementar hábitos de comportamento respectuosos co medio, que permitan gozar dos recursos ás xeracións do futuro do mesmo xeito que os podemos gozar na actualidade. Todo iso acorde co compromiso de ABANCA e a súa Obra Social cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente, co ODS13 Acción polo clima, o ODS14 Vida submarina ou o ODS17 Alianzas para lograr obxectivos, coma no caso desta xornada, na que sumaron esforzos as profesionais do sector do mar, a administración local e o voluntariado Actúa de Afundación.

DATAS:

31/01/2024

HORARIO:

11:00 a 14:00 h

MODALIDADE:

Presencial