PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mariño na praia de Lago (Xove)

A praia de Lago, no concello de Xove, acollerá unha nova xornada de voluntariado ambiental organizada pola Obra Social de ABANCA, ao abeiro do programa PLANCTON, centrada na retirada de lixos mariños.

Con este tipo de actividades Afundación, no marco do PLANCTON, continúa a impulsar accións que fomentan a implicación social no coidado do medio ambiente e a adopción de hábitos sostibles que garantan a protección dos recursos naturais para as vindeiras xeracións.

A actividade contará coa colaboración do Concello de Xove quen se fará cargo dos residuos retirados do areal.

DATAS:

APRAZADA

HORARIO:

Por determinar

MODALIDADE:

Presencial