PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mariño na praia de Lago (Xove)

PLANCTON 2026: limpeza de lixo mariño na praia de Lago, en Xove.

A praia de Lago, no concello de Xove, acollerá unha nova xornada interxeracional de voluntariado ambiental organizada pola Obra Social de ABANCA, ao abeiro do programa PLANCTON, centrada na retirada de lixos mariños.

A xornada reunirá a unha chea persoas voluntarias comprometidas coa protección do medio ambiente pertencentes ao Espazo +60 Afundación Viveiro demais do propio Voluntariado Actúa de ABANCA e Afundación.

Con este tipo de actividades Afundación, no marco do PLANCTON, continúa a impulsar accións que fomentan a implicación social no coidado do medio ambiente e a adopción de hábitos sostibles que garantan a protección dos recursos naturais para as vindeiras xeracións.

A actividade contará coa colaboración do Concello de Xove quen se fará cargo dos residuos retirados do areal.

DATAS:

09/05/2026

HORARIO:

10:30 a 13:30 h

MODALIDADE:

Presencial