PLANCTON 2024. Retirada da especie exótica invasora Carpobrotus edulis da contorna do faro de Corrrubedo

PLANCTON 2024: eliminación de Carpobrotus edulis no faro de Corrubedo coa UIE

Foron case 150 os estudantes da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), os que participaron dunha intensa xornada de voluntariado ambiental focalizada na retirada de Carpobrotus edulis da contorna do faro de Corrubedo, unha especie exótica invasora popularmente coñecida como unlla de gato ou herba do coitelo, que adoita a establecerse en moitos lugares da costa, sobre todo nas zonas de dunares e nos cantís, impedindo o crecemento da vexetación autóctona por mor do seu efecto tapizante sobre os solos no que se instala.

As plantas retiradas, máis de cinco toneladas e media, foron depositadas en 6 contedores de 5 metros cúbicos de capacidade desprazados ata o lugar para elo, e serán xestionadas por un xestor autorizado.

O Parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, no que se desenvolveu a actividade, é un dos tesouros naturais da comunidade, motivo polo cal a Obra Social de ABANCA, cumprindo co seu compromiso de inculcar na sociedade a necesidade de protexer estes recursos co fin de promover a súa conservación e garantir o seu uso e desfrute para as xeracións futuras, decidiu levar a cabo esta actuación neste espazo protexido, un lugar no que xa desenvolvera unha actuación de corte similar, enfocada daquela á retirada de piñas e de máis dun milleiro de plántulas de pino dunha zona na que a proliferación desta conífera está a poñer en serio risco a mobilidade natural da duna.

DATAS:

29/08/2024

MODALIDADE:

Presencial