PLANCTON 2024. Exposición Itinerante “Goza da praia sen deixar pegada” con motivo do Día do Medio Ambiente na cidade de A Coruña

PLANCTON: Buenas prácticas en las playas

Baixo o lema “Toda acción, unha onda de cambio”, Afundación deseñou un programa dirixido a todos os públicos, co obxectivo de promover formas de actuar responsables que reduzan a xeración de residuos e permitan manter os recursos actuais sen comprometelos para as xeracións futuras. Así, con motivo da celebración dalgúns dos aniversarios incluídos no calendario de conmemoracións internacionais da ONU, como o Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño, o Día Mundial dos Océanos o día 8 e o Día das Xentes do Mar o 25 de xuño, a Obra Social de ABANCA impulsou durante o mes de xuño un completo programa de actividades co obxectivo de promover a sustentabilidade e colaborar na súa implantación na vida cotiá da sociedade.

Entre os días 5 e 7 de xuño, na Coruña, Afundación participa nas actividades de difusión deseñadas polo concello da cidade herculina, incorporando unha exposición itinerante situada na Praza de Pontevedra, formada por tres tótems informativos sobre boas prácticas dirixidas á cidadanía, para non alterar o equilibrio dos ecosistemas das praias de A Coruña.

Esta actuación enmárcase dentro de “Goza da praia sen deixar pegada”, unha campaña de boas prácticas para turistas, organizada en colaboración co sector pesqueiro galego, que este ano celebrará a súa terceira edición.

DATAS:

05/06/2024 a 07/06/2024

HORARIO:

Todo o día