Afundación xa retirou do mar máis de 30 toneladas de lixo mariño en colaboración coas confrarías de Cambados e Ferrol nos seus respectivos portos

PLANCTON, retirada de basura marina mediante contenedores ubicados en los puertos de Cambados y Ferrol en colaboración con amabas cofradías.

Grazas aos últimos baleirados dos contedores que Afundación ten instalados nos portos de Cambados e Ferrol en colaboración con ambas confrarías, son xa máis de 30 as toneladas de refugallos que a Obra Social de ABANCA leva retiradas do mar desde que puxera en marcha esta iniciativa no marco de PLANCTON hai menos de dous anos.

Polo que respecta ao porto cambadés de Tragove, son xa 14 os contedores baleriados desde finais do ano 2022, cun peso total acumulado superior a 18’5 toneladas, o que reflicte unha media aproximada de 1325 quilos por operación.

No caso de Ferrol, a iniciativa púxose en marcha hai agora un ano, sendo 8 os contedores baleirados ata o momento, cun peso total cumulado de 12.670 quilos, cunha media de máis de 1580 quilos por cada operación de descarga.

Os obxectos recollidos do mar correspóndense na súa maioría con útiles e aparellos extraviados durante o exercicio da pesca, entre eles abondan os cabos, cordas, redes enmarañadas e sedais, ademáis de boias, nasas e pneumáticos empregados como defensas das embarcacións nas operacióins de atraque en porto.

Xunto a eles, outra serie de obxectos sen relación alguna coa pesca, obxectos de orixe continental como poden ser as toalliñas hixiénicas (moi abondosas no caso ferrolán), latas de bebida, botes e botellas de plástico e de vidro, restos de envases plásticos, calzado, prendas textís, etc.

Trala retirada dos lixos dos contedores, estos son trasladados por xestores de residuos especializados para proceder a súa correcta xestión. Porén, no caso de Ferrol, parte das redes e cabos recollidas do mar, son recicladas e convertidas en tapices decorativos da man de Mar Fraga no seu Enmalle Estudio, promovendo deste xeito a economía circular.

PLANCTON forma parte da estratexia de sostibilidade de ABANCA e Afundación, procurando promover entre todos os sectores sociais xeitos de actuar responsables  que permitan garantir os recursos existentes para as xeracións futuras, na liña do compromiso de ambas entidades cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible, especialmente cos ODS13 Acción polo clima, ODS14 Vida submariña e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos, tal e como queda patente nestas actuacións, imposibles sen as alianzas coa Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados e coa Confraría de Pescadores de Ferrol.

DATAS:

03/07/2024