Afundación e a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol alíanse contra o lixo mariño

PLANCTON 2023: Afundación instala un contedor no porto de Ferrol para depositar o lixo mariño recollido polos pescadores da confraría

O pasado 6 de xuño, instalouse no Porto de Ferrol, un contedor dedicado a recollida de lixo mariño, para que os pescadores poidan depositar nel os refugallos recollidos accidentalmente durante o exercicio da súa actividade pesqueira. Esta nova iniciativa do programa PLANCTON, impulsado por Afundación, é  posible grazas a colaboración da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol.

O contedor, de 5 metros cúbicos de capacidade, permanecerá a carón da lonxa, ata finais de ano, sendo baleirado periodicamente a medida que se vai enchendo de refugallos.

Actualmente, e cando aínda restan máis de dous meses para rematar o ano, son xa máis de tres toneladas media de residuos as que se levan recollidos grazas ao esforzo e implicación dos pescadores desta confraría.

Esta nova liña de actuación do plan de conservación territorial da Obra Social de ABANCA xurde tralo recente éxito dunha proposta similar levada a cabo no porto de Cambados na que foron recollidas 8 toneladas e media de refugallos en apenas 4 meses.

PLANCTON ten entre os seus principais obxectivos, fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades socioeconómicas que se levan a cabo no mar, e grazas ás diferentes actuacións de limpeza levadas a cabo ata o de agora, leva xa recollidas máis de 48 toneladas dos fondos e praias de diferentes enclaves da xeografía galega. O proxecto, forma parte da estratexia de sostibilidade de ABANCA e Afundación, e trata de promover ademais entre a sociedade a conciencia sobre a importancia actuar de xeito responsable para manter os recursos existentes sen poñelos en risco para as xeracións futuras, todo elo dentro do seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS13 Acción polo clima, ODS14 Vida submarina e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos.

MODALIDADE:

Presencial