PLANCTON 2026. Retirada de lixo mariño e flora exótica invasora na illa de Sálvora

PLANCTON 2026: retirada de lixo mariño e flora exótica invasora na illa de Sálvora

Persoas voluntarias convocadas por Afundación, participarán nunha nova xornada de voluntariado ambiental no marco do Plan de Conservación Territorial PLANCTON na illa de Sálvora, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A actividade constará de dúas actividades ben diferenciadas, por unha banda, parte dos asistentes procederán á retirada de lixo mariño en varios dos areais da illa, pola outra, o resto dos participantes dedicarán os seus esforzos á eliminación de diferentes especies de flora exótica invasora, dúas actuacións destinadas a contribuír á conservación e protección deste espazo natural.

DATAS:

26/09/2026

HORARIO:

10:00 a 18:00 h

MODALIDADE:

Presencial