{"id":9845,"date":"2026-06-09T19:19:57","date_gmt":"2026-06-09T17:19:57","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=9845"},"modified":"2026-06-09T21:12:03","modified_gmt":"2026-06-09T19:12:03","slug":"afundacion-leva-a-portonovo-a-campana-o-mar-empeza-aqui-para-previr-a-chegada-de-residuos-ao-mar","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/afundacion-leva-a-portonovo-a-campana-o-mar-empeza-aqui-para-previr-a-chegada-de-residuos-ao-mar\/","title":{"rendered":"Afundaci\u00f3n leva a Portonovo a campa\u00f1a \u201cO mar empeza aqu\u00ed\u201d para previr a chegada de residuos ao mar"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Afundaci\u00f3n, a Obra Social de ABANCA, desenvolveu en Portonovo unha nova edici\u00f3n da campa\u00f1a \u201cO mar empeza aqu\u00ed\u201d, unha iniciativa enmarcada no proxecto PLANCTON e realizada en colaboraci\u00f3n co Concello de Sanxenxo. A acci\u00f3n forma parte da programaci\u00f3n organizada con motivo do Mes do Medio Ambiente e dos Oc\u00e9anos e ten como obxectivo sensibilizar a cidadan\u00eda sobre o impacto que xeran os residuos urbanos cando son depositados nos sumidoiros e nas redes de recollida de augas pluviais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A campa\u00f1a, que o pasado ano celebrou a s\u00faa primeira edici\u00f3n en Baiona, pon o foco especialmente na prevenci\u00f3n dun dos residuos m\u00e1is habituais no espazo p\u00fablico: as cabichas. Moitas delas rematan na rede de pluviais e, ao non estar conectada ao sistema de saneamento, chegan directamente ao mar, contribu\u00edndo \u00e1 contaminaci\u00f3n dos ecosistemas mari\u00f1os.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada articulouse como unha acci\u00f3n de voluntariado interxeracional, implicando persoas maiores, escolares e cidadan\u00eda en diferentes actividades de sensibilizaci\u00f3n ambiental. Entre elas destacou unha intervenci\u00f3n art\u00edstica realizada na contorna dun sumidoiro situado no lateral da oficina de ABANCA de Portonovo, nas inmediaci\u00f3ns do Parque do Espi\u00f1eiro. A obra, creada pola artista local Tania Solla, conecta visualmente a mensaxe da campa\u00f1a coa infraestrutura urbana para lembrar que o mar comeza nas r\u00faas das nosas vilas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Outra das actividades centrais foi a elaboraci\u00f3n dun mural colaborativo de sensibilizaci\u00f3n nun muro do porto de Portonovo. A intervenci\u00f3n foi coordinada por A Vella Escola e contou coa participaci\u00f3n do alumnado do CEIP de Portonovo, persoas voluntarias do Centro de Xubilados de Portonovo e socias e socios dos Espazos +60 de Afundaci\u00f3n de Pontevedra e Vigo, promovendo o intercambio de experiencias e o compromiso compartido coa protecci\u00f3n do medio mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A iniciativa inclu\u00edu ademais a sinalizaci\u00f3n de diferentes sumidoiros do paseo mar\u00edtimo de Portonovo mediante intervenci\u00f3ns art\u00edsticas realizadas coa t\u00e9cnica do \u201cstancil\u201d e o lema \u201cO mar empeza aqu\u201d, unha acci\u00f3n destinada a concienciar veci\u00f1anza e visitantes sobre a importancia de non tirar residuos nestas infraestruturas, xa que calquera refugallo depositado nelas pode acabar directamente no oc\u00e9ano. Como complemento a estas actuaci\u00f3ns, os distintos grupos participantes levaron a cabo acci\u00f3ns de sensibilizaci\u00f3n cidad\u00e1 nas inmediaci\u00f3ns do club de pirag\u00fcismo, onde repartiron pequenas libretas informativas co lema da campa\u00f1a e mensaxes de concienciaci\u00f3n ambiental dirixidas \u00e1 poboaci\u00f3n local.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na xornada participaron o director xerente de Afundaci\u00f3n, Pedro Otero; o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Sostibilidade de Afundaci\u00f3n, Jos\u00e9 Manuel Mourelo; a portavoz e concelleira de Servizos Sociais e Maiores do concello de Sanxenxo, Paz Lago; a concelleira de Educaci\u00f3n de Sanxenxo, Natividad P\u00e9rez;\u00a0 o concelleiro de Medio Ambiente de Sanxenxo, Yago Torres; o director de zona Arousa-Saln\u00e9s de ABANCA, V\u00edctor Moralejo Velasco; os directores das ofici\u00f1as de ABANCA en Portonovo e Sanxenxo, Ra\u00fal Albores e Roberto P\u00e9rez Lago, respectivamente, e H\u00e9ctor Freijo, responsable de Portos de Galicia na provincia de Pontevedra<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con esta iniciativa, Afundaci\u00f3n e o Concello de Sanxenxo reforzan o seu compromiso coa sustentabilidade ambiental e a conservaci\u00f3n dos oc\u00e9anos, fomentando a participaci\u00f3n cidad\u00e1 e a educaci\u00f3n ambiental como ferramentas clave para previr a contaminaci\u00f3n mari\u00f1a desde o \u00e1mbito local.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Afundaci\u00f3n, a Obra Social de ABANCA, desenvolveu en Portonovo unha nova edici\u00f3n da campa\u00f1a \u201cO mar empeza aqu\u00ed\u201d, unha iniciativa enmarcada no proxecto PLANCTON e realizada en colaboraci\u00f3n co Concello de Sanxenxo. A acci\u00f3n forma parte da programaci\u00f3n organizada con motivo do Mes do Medio Ambiente e dos Oc\u00e9anos e ten como obxectivo sensibilizar a cidadan\u00eda sobre o impacto que xeran os residuos urbanos cando son depositados nos sumidoiros e nas redes de recollida de augas pluviais.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":10115,"template":"","accion":[26],"class_list":["post-9845","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-accions-formativas-informativas-e-materiais-expositivos-para-previr-a-xeracion-de-lixos-marinos"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/9845","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10115"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9845"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=9845"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}