{"id":9270,"date":"2026-04-15T10:37:21","date_gmt":"2026-04-15T08:37:21","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=9270"},"modified":"2026-04-25T21:10:51","modified_gmt":"2026-04-25T19:10:51","slug":"plancton-2026-limpeza-de-lixos-marinos-nas-praias-de-cortegada-dentro-do-parque-nacional-maritimo-terrestre-das-illas-atlanticas-de-galicia","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-limpeza-de-lixos-marinos-nas-praias-de-cortegada-dentro-do-parque-nacional-maritimo-terrestre-das-illas-atlanticas-de-galicia\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Limpeza de lixos mari\u00f1os nas praias de Cortegada, dentro do Parque Nacional Mar\u00edtimo-Terrestre das Illas Atl\u00e1nticas de Galicia"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As praias da illa de Cortegada, dentro do Parque Nacional Mar\u00edtimo-Terrestre das Illas Atl\u00e1nticas de Galicia, acolleron unha nova xornada de limpeza de lixo mari\u00f1o na que tomaron parte m\u00e1is de 80 persoas voluntarias. A actividade foi convocada por Afundaci\u00f3n a trav\u00e9s do seu programa de voluntariado Act\u00faa, no marco de PLANCTON, o plan de conservaci\u00f3n territorial que xa conseguiu retirar 158 toneladas de residuos do mar e da costa en diferentes enclaves da xeograf\u00eda galega.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta intervenci\u00f3n constit\u00fae a cuarta actuaci\u00f3n do voluntariado de PLANCTON en Cortegada desde o inicio do proxecto no ano 2020, consolidando as\u00ed o compromiso continuado coa protecci\u00f3n deste espazo natural de alto valor ecol\u00f3xico. Como en edici\u00f3ns anteriores, a maior parte dos residuos recollidos est\u00e1 directamente vinculada \u00e1s actividades socioecon\u00f3micas desenvolvidas no medio mari\u00f1o, especialmente ao cultivo do mexill\u00f3n nas bateas e \u00e1 actividade pesqueira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre os elementos m\u00e1is abundantes destacan os m\u00e1is de 850 tarugos pl\u00e1sticos, as\u00ed como m\u00e1is de dous milleiros de fragmentos de escumas sint\u00e9ticas, e varios centos de cordas, cabos, sedelas e cabi\u00f1os. Xunto a estes residuos, tam\u00e9n se localizaron obxectos alleos ao sector do mar, procedentes fundamentalmente de actividades de lecer nas praias e da vida coti\u00e1 no continente, como botes e botellas, 160 tapas e tap\u00f3ns, paus de lambetadas e de limpeza dos o\u00eddos (m\u00e1is de 500), bolsas, envoltorios, 15 chisqueiros, xoguetes ou restos de madeira tratada con cravos e pinturas. Ademais, recoll\u00e9ronse prendas de calzado, unha bux\u00eda, d\u00faas xeringas, unha pila de petaca, 2 mascarillas, t\u00e9xtiles m\u00e1is de 2000 obxectos pl\u00e1sticos cuxa orixe resulta dif\u00edcil de determinar debido ao seu avanzado estado de deterioro e fragmentaci\u00f3n froito da s\u00faa exposici\u00f3n aos efectos da intemperie.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tras as tarefas de recollida, clasificaci\u00f3n e pesada, a balanza reflectiu un total superior aos&nbsp; 104,5 quilos de residuos retirados deste enclave natural, contribu\u00edndo de maneira significativa \u00e1 s\u00faa conservaci\u00f3n e mellora ambiental. Ademais deste tipo de actuaci\u00f3ns directas no medio, PLANCTON pretende&nbsp; sensibilizar \u00e1 sociedade sobre a necesidade de adoptar h\u00e1bitos responsables e respectuosos co medio ambiente, que garantan a preservaci\u00f3n dos recursos naturais para as xeraci\u00f3ns futuras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Actuaci\u00f3ns como a de hoxe en Cortegada po\u00f1en de manifesto o compromiso de ABANCA e a s\u00faa Obra Social cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente co ODS 13 (Acci\u00f3n polo clima), o ODS 14 (Vida submarina) e o ODS 17 (Alianzas para lograr os obxectivos). Neste sentido, c\u00f3mpre salientar a colaboraci\u00f3n do Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas de Galicia nesta xornada, as\u00ed como outras actuaci\u00f3ns recentes, como a desenvolvida con motivo do D\u00eda da Terra en Ald\u00e1n da man de Afundaci\u00f3n en colaboraci\u00f3n coa Plataforma Augas Limpas de Ald\u00e1n-O H\u00edo, onde preto de 300 escolares de tres centros educativos participaron nunha actividade de limpeza de praias, retirada de especies ex\u00f3ticas invasoras e sensibilizaci\u00f3n ambiental.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As praias da illa de Cortegada, dentro do Parque Nacional Mar\u00edtimo-Terrestre das Illas Atl\u00e1nticas de Galicia, acolleron unha nova xornada de limpeza de lixo mari\u00f1o na que tomaron parte m\u00e1is de 80 persoas voluntarias. A actividade foi convocada por Afundaci\u00f3n a trav\u00e9s do seu programa de voluntariado Act\u00faa, no marco de PLANCTON, o plan de conservaci\u00f3n territorial que xa conseguiu retirar 158 toneladas de residuos do mar e da costa en diferentes enclaves da xeograf\u00eda galega.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":9271,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-9270","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/9270","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/9271"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9270"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=9270"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}