{"id":8920,"date":"2026-03-17T13:08:16","date_gmt":"2026-03-17T12:08:16","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=8920"},"modified":"2026-03-20T22:08:26","modified_gmt":"2026-03-20T21:08:26","slug":"plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-nos-fondos-marisqueiros-e-praia-de-ventin-coa-uie","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-nos-fondos-marisqueiros-e-praia-de-ventin-coa-uie\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mari\u00f1o nos fondos marisqueiros e praia de Vent\u00edn coa UIE"},"content":{"rendered":"\n<p>M\u00e1is de 40 persoas voluntarias pertencentes \u00e1 comunidade educativa da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), participaron na praia murad\u00e1 de Vent\u00edn nun gran operativo de limpeza de lixos mari\u00f1os organizado por Afundaci\u00f3n no marco do seu proxecto medioambiental PLANCTON. Ao cabo da xornada, e tras a conclusi\u00f3n das tarefas de identificaci\u00f3n e clasificaci\u00f3n dos residuos, a balanza reflectiu un total de 359 quilos de lixo mari\u00f1o, 309 deles pl\u00e1sticos.<\/p>\n\n\n\n<p>Organizados en varios grupos, os estudantes e docentes percorreron a praia para retirar os residuos. Como \u00e9 habitual neste tipo de limpezas, e dunha forma m\u00e1is acusada polos efectos da cadea de temporais deste inverno, localizaron principalmente restos de obxectos vinculados \u00e1s actividades econ\u00f3micas desenvolvidas no mar como a pesca ou os cultivos mari\u00f1os. 2094 cordas, 613 anacos de redes, cabos e cabi\u00f1os, sedelas, 448 anacos de poliestireno ou escumas sint\u00e9ticas empregadas como flotadores nas artes de pesca, nasas portuguesas e 458 tarugos de batea.<\/p>\n\n\n\n<p>As persoas voluntarias recolleron tam\u00e9n distintos obxectos relacionados coas actividades de recreo que se desenvolven no propio espazo, en \u00e1reas pr\u00f3ximas ou que son arrastrados polo mar. Nesta ocasi\u00f3n contabiliz\u00e1ronse restos de bolsas e envoltorios, envases e botellas de pl\u00e1stico, 300 tap\u00f3ns, bastonci\u00f1os \u2014tanto de lambetadas como de limpar os o\u00eddos\u2014, 27 chisqueiros, 13 xoguetes, 15 unidades de calzado, 8 cartuchos de caza, ademais de 7908 anacos de pl\u00e1stico de diferentes tipos e tama\u00f1os, non identificables debido \u00e1 s\u00faa fragmentaci\u00f3n e deterioraci\u00f3n no mar.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta foi a cuarta ocasi\u00f3n na que o voluntariado convocado por Afundaci\u00f3n act\u00faa no Concello de Muros. A finais do pasado mes de xaneiro, e coa participaci\u00f3n das mariscadoras da confrar\u00eda deste municipio, consegu\u00edronse retirar preto de 400 quilos de residuos das praias de Cubanas, Area do Medio e Ou Seixal, coa que se iniciou esta edici\u00f3n 2026 do programa PLANCTON. Con anterioridade, en 2023 efectu\u00e1ronse limpezas nas praias de Lari\u00f1o e Vent\u00edn nas que se retiraron m\u00e1is de 500 quilos de residuos.<\/p>\n\n\n\n<p>Coa participaci\u00f3n da comunidade educativa, representada pola Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), a Obra Social de ABANCA pon o foco na mocidade como verdadeiro motor de cambio. A trav\u00e9s da cooperaci\u00f3n e da implicaci\u00f3n do alumnado imp\u00falsanse iniciativas orientadas \u00e1 protecci\u00f3n e conservaci\u00f3n do medio ambiente, co obxectivo de salvagardar os recursos naturais para as xeraci\u00f3ns futuras. Esta colaboraci\u00f3n constit\u00fae, ademais, un dos piares dos programas PLANCTON e \u00abEducaci\u00f3n para a Sostibilidade\u00bb, impulsados por Afundaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Como en edici\u00f3ns anteriores, a xornada desenvolveuse coa colaboraci\u00f3n do Concello de Muros, encargado da xesti\u00f3n final de todos os residuos retirados das praias durante a actividade.<\/p>\n\n\n\n<p>Tras esta nova xornada de retirada de lixos mari\u00f1os en fondos marisqueiros, o programa PLANCTON supera xa as 155 toneladas de lixo mari\u00f1o retiradas de fondos, praias e costas de Galicia, unha iniciativa acorde co compromiso de ABANCA e Afundaci\u00f3n cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS 13 Acci\u00f3n polo clima, ODS 14 Vida submarina e ODS 17 Alianzas para lograr os obxectivos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de 40 persoas voluntarias pertencentes \u00e1 comunidade educativa da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), participaron na praia murad\u00e1 de Vent\u00edn nun gran operativo de limpeza de lixos mari\u00f1os organizado por Afundaci\u00f3n no marco do seu proxecto medioambiental PLANCTON. Ao cabo da xornada, e tras a conclusi\u00f3n das tarefas de identificaci\u00f3n e clasificaci\u00f3n dos residuos, a balanza reflectiu un total de 359 quilos de lixo mari\u00f1o, 309 deles pl\u00e1sticos.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":8925,"template":"","accion":[32],"class_list":["post-8920","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-marisqueiros"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/8920","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8925"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8920"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=8920"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}