{"id":8581,"date":"2026-03-02T10:40:24","date_gmt":"2026-03-02T09:40:24","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=8581"},"modified":"2026-03-05T18:09:04","modified_gmt":"2026-03-05T17:09:04","slug":"plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-na-praia-de-cesantes-coa-participacion-do-colexio-fogar-afundacion","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-na-praia-de-cesantes-coa-participacion-do-colexio-fogar-afundacion\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mari\u00f1o na praia de Cesantes coa participaci\u00f3n do Colexio Fogar Afundaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p>Preto de 140 quilos de residuos, entre os que destacan por volume m\u00e1is de 1000 bolsas e envoltorios e m\u00e1is de 2300 anacos pl\u00e1sticos, \u00e9 o total que reflectiu a balanza tras a pesada final coa que conclu\u00edu esta nova xornada de voluntariado ambiental convocada pola Obra Social de ABANCA na praia de Cesantes (Redondela).<\/p>\n\n\n\n<p>Os traballos inici\u00e1ronse a primeira hora da ma\u00f1\u00e1 coa repartici\u00f3n de funci\u00f3ns e as indicaci\u00f3ns sobre como realizar a limpeza de modo que sexa respectuosa coa contorna. Repartidos en pequenos grupos, e ao longo de toda a praia, preto de 50 estudantes do Colexio Hogar Afundaci\u00f3n percorreron o areal buscando os residuos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Por unha banda, localizaron restos de aparellos e utensilios relacionados coa actividade pesqueira como os m\u00e1is de 170 tarugos pl\u00e1sticos empregados nas bateas para evitar a ca\u00edda dos mexill\u00f3ns das cordas, restos de sedelas, m\u00e1is de 400 cabos e cabi\u00f1os, 161 anacos de poliesp\u00e1n e escumas sint\u00e9ticas, 8 nasas portuguesas e varios cubos.<\/p>\n\n\n\n<p>Como \u00e9 habitual neste tipo de xornadas, as persoas voluntarias recolleron tam\u00e9n distintos obxectos relacionados coas actividades de recreo que se desenvolven no propio espazo, en \u00e1reas pr\u00f3ximas ou que son arrastrados polo mar. Nesta ocasi\u00f3n contabiliz\u00e1ronse, ademais dos m\u00e1is de 1000 restos de bolsas e envoltorios, bastonci\u00f1os de limpar os o\u00eddos e outros obxectos relacionados coa hixiene persoal, un m\u00f3bil, varias pilas e l\u00e1mpadas, m\u00e1is de 100 tap\u00f3ns, unha ducia de pezas de calzado, 69 botes, latas e botellas, varios chisqueiros, xoguetes, cabichas e outra serie de residuos cuxo orixe \u00e9 dif\u00edcil de co\u00f1ecer por mor da s\u00faa fragmentaci\u00f3n e deterioraci\u00f3n no mar.<\/p>\n\n\n\n<p>Como \u00e9 habitual nestas convocatorias, a xornada contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Redondela, encargado da xesti\u00f3n de todos os residuos retirados da praia ao longo da xornada, na que participou tam\u00e9n o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto \u00c1lvarez.<\/p>\n\n\n\n<p>Con iniciativas de voluntariado ambiental como \u00e9sta da praia de Cesantes, dentro do LIC da Enseada de San Sim\u00f3n, un espazo protexido integrado na Rede Natura 2000, as\u00ed como a trav\u00e9s doutras acci\u00f3ns formativas e de sensibilizaci\u00f3n, Afundaci\u00f3n impulsa o seu plan de conservaci\u00f3n territorial PLANCTON co obxectivo de preservar o litoral e promover a sostibilidade das actividades socioecon\u00f3micas que se desenvolven tanto na costa como no medio mari\u00f1o. Tr\u00e1tase con iso de fomentar unha actitude responsable por parte da sociedade, garantindo un uso equilibrado e consciente dos recursos naturais, compatible co seu goce presente e coa s\u00faa conservaci\u00f3n futura. Todo isto en coherencia co compromiso da Obra Social de ABANCA cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, de maneira especial cos ODS 13 Acci\u00f3n polo clima, ODS 14 Vida submarina e ODS 17 Alianzas para lograr os obxectivos.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta \u00e9 a terceira ocasi\u00f3n na que o voluntariado estudantil do Colexio Hogar Afundaci\u00f3n act\u00faa neste espazo do concello de Redondela, unha contorna no que retiraron xa case 600 quilos de lixo mari\u00f1o e flora ex\u00f3tica invasora.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde que se Afundaci\u00f3n puxo en marcha o seu proxecto PLANCTON, en 2021 consegu\u00edronse retirar xa de diferentes enclaves de toda a costa galega m\u00e1is de 148 toneladas de residuos e preto de 20 toneladas de flora ex\u00f3tica invasora. Unha iniciativa que \u00e9 posible grazas a implicaci\u00f3n directa de diversas entidades e colectivos, como centros de ensino, administraci\u00f3ns (local, auton\u00f3mica e estatal), clubs deportivos, asociaci\u00f3ns naturalistas e do terceiro sector, clubs n\u00e1uticos, portos e o propio sector pesqueiro a trav\u00e9s das confrar\u00edas e asociaci\u00f3ns de mariscadoras, entre outros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Preto de 140 quilos de residuos, entre os que destacan por volume m\u00e1is de 1000 bolsas e envoltorios e m\u00e1is de 2300 anacos pl\u00e1sticos, \u00e9 o total que reflectiu a balanza tras a pesada final coa que conclu\u00edu esta nova xornada de voluntariado ambiental convocada pola Obra Social de ABANCA na praia de Cesantes (Redondela).<\/p>\n","protected":false},"featured_media":8578,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-8581","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/8581","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8578"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8581"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=8581"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}