{"id":7787,"date":"2026-02-02T10:00:00","date_gmt":"2026-02-02T09:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=7787"},"modified":"2026-02-07T19:33:08","modified_gmt":"2026-02-07T18:33:08","slug":"plancton-2026-retirada-de-lixo-marino-nas-praias-de-baldaio-razo","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-retirada-de-lixo-marino-nas-praias-de-baldaio-razo\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Retirada de lixo mari\u00f1o nas praias de Baldaio-Razo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As praias do Espazo Natural de Baldaio-Razo, no concello de Carballo, acolleron a m\u00e1is de 20 persoas voluntarias para levar a cabo unha nova acci\u00f3n de limpeza de lixo mari\u00f1o impulsada por Afundaci\u00f3n no marco de PLANCTON, o Plan de Conservaci\u00f3n Territorial que este ano cumpre a s\u00faa sexta edici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pasadas as 10 horas da ma\u00f1\u00e1 principiaron os traballos de voluntariado. Repartidas en varios grupos, as voluntarias percorreron o areal na procura dos residuos, entre os que atoparon fundamentalmente restos de aparellos e utensilios relacionados coa actividade pesqueira, como poden ser os m\u00e1is de 400 anacos de cabos, cordas, sedelas e cabi\u00f1os, m\u00e1is de 1000 pedazos de escumas sint\u00e9ticas empregadas como flotadores, nasas ou embalaxes, case sete ducias de palillos de batea, madeiras tratadas con cravos e pinturas sint\u00e9ticas, as\u00ed como outra serie de obxectos cuxa orixe at\u00f3pase ligada \u00e1s actividades de recreo desenvolvidas no propio espazo ou nas da propia vida coti\u00e1, obxectos pl\u00e1sticos na s\u00faa gran mayor\u00eda como os m\u00e1is de 60 restos de envases, bolsas e envoltorios, botellas, m\u00e1is de 300 tap\u00f3ns, paus de lambetadas, restos dos bastonci\u00f1os empregados para limpar os o\u00eddos, un residuo habitual nas praias do que nesta xornada contabiliz\u00e1ronse m\u00e1is de 1.500 unidades, adem\u00e1is de botes de aluminio de refrescos e outras bebidas, m\u00e1is de 20 botes, tarros e botellas de vidro, cabichas, un par de xeringas, botes de productos cosm\u00e9ticos, aerosois, d\u00faas ducias de mecheiros, cart\u00f3ns e papeis, e outra serie de obxectos de orixe desco\u00f1ecida e de dif\u00edcil identificaci\u00f3n por mor do seu deterioro ou fragmentaci\u00f3n. Ademais, e segundo estimaci\u00f3ns a p\u00e9 de praia, m\u00e1s de 200.000 pellets pl\u00e1sticos empregados como materia prima para a fabricaci\u00f3n de diferentes obxectos. En total, e segundo os datos das diferentes pesadas coas que concluiu a xornada, foron m\u00e1is de 75 quilos a cantidade de lixo retirada deste fermoso espazo natural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta foi a quinta actuaci\u00f3n do voluntariado de Afundaci\u00f3n neste enclave, do que xa conseguiron retirar m\u00e1is de 1400 quilos de lixo mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este humidal de Baldaio \u00e9 un espazo natural protexido de gran valor ecol\u00f3xico pertencente a Rede Natura 2000, declarado como Zona de Especial Conservaci\u00f3n (ZEC) e como Zona de Especial Protecci\u00f3n para las Aves (ZEPA), un sitio de interese no que cr\u00edan especies ameazadas como a p\u00edllara das dunas (<em>Charadrius alexandrinus<\/em>), unha pequena ave lim\u00edcola que adoita ani\u00f1ar en diferentes praias e sistemas dunares costeiros en Galicia entre os meses de marzo e xullo, \u00fanicamente 86 parellas segundo datos de 2025, polo que actividades como a realizada hoxe conlevar\u00e1n beneficios directos para \u00e9sta e outras especies derivados da mellora e protecci\u00f3n do seu h\u00e1bitat natural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tras esta nova actuaci\u00f3n de voluntariado, son xa m\u00e1is de 147 as toneladas de residuos retiradas de diferentes enclaves repartidos ao longo de toda a costa galega no \u00e1mbito deste Plan de Conservaci\u00f3n Territorial, que ten previstas moitas m\u00e1is actividades de corte similar ao longo de todo ano, dentro do compromiso de ABANCA e s\u00faa Obra Social cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS13 Acci\u00f3n polo clima, ODS14 Vida submari\u00f1a e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con este tipo de actuaci\u00f3ns Afundaci\u00f3n procura a trav\u00e9s de PLANCTON, chamar a atenci\u00f3n sobre a necesidade de cambiar e mellorar moitos dos nosos h\u00e1bitos de comportamento no medio, para asegurar o uso e goce dos recursos \u00e1s xeraci\u00f3ns do futuro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As praias do Espazo Natural de Baldaio-Razo, no concello de Carballo, acolleron a m\u00e1is de 20 persoas voluntarias para levar a cabo unha nova acci\u00f3n de limpeza de lixo mari\u00f1o impulsada por Afundaci\u00f3n no marco de PLANCTON, o Plan de Conservaci\u00f3n Territorial que este ano 2026 cumpre a s\u00faa sexta edici\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":8065,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-7787","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/7787","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8065"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7787"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=7787"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}