{"id":7781,"date":"2026-01-31T20:44:56","date_gmt":"2026-01-31T19:44:56","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=7781"},"modified":"2026-02-02T10:33:55","modified_gmt":"2026-02-02T09:33:55","slug":"plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-na-praia-de-ventin-muros","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-na-praia-de-ventin-muros\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mari\u00f1o nas praias de Muros"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is de 20 persoas participaron nunha xornada de voluntariado ambiental convocada por Afundaci\u00f3n nas praias de Cabanas, Area do medio e O Seixal, en Muros no que foi o inicio da sexta edici\u00f3n de PLANCTON, o proxecto de actuaci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n ambiental desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboraci\u00f3n co sector pesqueiro e marisqueiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As mariscadoras de Muros e o voluntariado de ABANCA e Afundaci\u00f3n traballaron na limpeza dos tres areais, distribu\u00eddos en varios grupos, ao longo de toda a ma\u00f1\u00e1. Ao final da xornada, e unha vez conclu\u00eddas os labores de identificaci\u00f3n e clasificaci\u00f3n dos residuos, a balanza reflectiu un total de 385 quilos de lixo mari\u00f1o retirados dos tres areais. Entre os obxectos recolleitos at\u00f3panse 100 bastonci\u00f1os dos o\u00eddos, 5 xoguetes de praia, 2 cepillos de dentes, 3 chisqueiros, pallas, latas ou distintas pezas de roupa e calzado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Durante a xornada, o voluntariado localizou tam\u00e9n residuos vinculados \u00e1 actividade pesqueira como 236 tarugos de batea, 4 pneum\u00e1ticos, m\u00e1is de 150 cordas e cabos, 50 nasas ou 60 quilos de madeiras tratadas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Especialmente significativa \u00e9 a cifra retirada de biosoportes de depuradora, 1895 en total. Estas pezas de pl\u00e1stico con forma de roda usadas para tratar augas residuais convert\u00e9ronse nun residuo que prolifera cada vez m\u00e1is na costa atl\u00e1ntica. Tam\u00e9n se localizaron outros obxectos, que non adoitan atoparse neste tipo de acci\u00f3ns de recuperaci\u00f3n ambiental, como un valo de separaci\u00f3n de carr\u00eds, cartuchos de caza, un chaleco salvavidas ou unha pelota de golf.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Co recollido durante a xornada son xa m\u00e1is de 146 as toneladas de lixo mari\u00f1o que levan retiradas dos fondos, praias e costas de Galicia no marco de PLANCTON, un proxecto galardonado co primeiro premio nacional de Medioambiente de CECA. O seu obxectivo \u00e9 inculcar na sociedade a necesidade de implementar h\u00e1bitos de comportamento respectuosos co medio, que permitan gozar dos recursos \u00e1s xeraci\u00f3ns do futuro do mesmo xeito que os podemos gozar na actualidade. Todo iso acorde co compromiso de ABANCA e a s\u00faa Obra Social cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente, co ODS13 Acci\u00f3n polo clima, o ODS14 Vida submarina ou o ODS17 Alianzas para lograr obxectivos, coma no caso desta xornada, na que sumaron esforzos as profesionais do sector do mar, a administraci\u00f3n local e o voluntariado Act\u00faa de Afundaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de 20 persoas participaron nunha xornada de voluntariado ambiental convocada por Afundaci\u00f3n nas praias de Cabanas, Area do medio e O Seixal, en Muros no que foi o inicio da sexta edici\u00f3n de PLANCTON, o proxecto de actuaci\u00f3n e sensibilizaci\u00f3n ambiental desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboraci\u00f3n co sector pesqueiro e marisqueiro.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":7793,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-7781","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/7781","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7793"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7781"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=7781"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}