{"id":7379,"date":"2025-09-18T16:54:09","date_gmt":"2025-09-18T14:54:09","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=7379"},"modified":"2025-09-25T19:23:26","modified_gmt":"2025-09-25T17:23:26","slug":"plancton-2025-retirada-de-lixos-marinos-na-contorna-do-guidoiro-pedregoso","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2025-retirada-de-lixos-marinos-na-contorna-do-guidoiro-pedregoso\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2025. Retirada de lixos mari\u00f1os na contorna do Guidoiro Pedregoso"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Guidoiro Pedregosofoi o escenario dunha nova xornada de voluntariado ambiental organizada por Afundaci\u00f3n no marco do seu programa PLANCTON, o plan de conservaci\u00f3n territorial que ten por principal obxectivo fomentar entre todos os \u00e1mbitos da sociedade a conservaci\u00f3n dos recursos e a sostibilidade das actividades socioecon\u00f3micas que se realizan no mar, prestando especial atenci\u00f3n, como no caso deste guidoiro arous\u00e1n, \u00e1s \u00e1reas de influencia das ZEPA, as Zonas de Especial Protecci\u00f3n para as Aves da Rede Natura 2000.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Acompa\u00f1ados de varios representantes do Servizo de Pantimonio Natural de Pontevedra da Conseller\u00eda de Medio Ambiente e Cambio Clim\u00e1tico, e da Confrar\u00eda de pescadores de San Xuli\u00e1n da Illa de Arousa, que tam\u00e9n colaboraron na actividade, o equipo de persoas voluntarias de ABANCA Seguros desplazouse a primeira hora da ma\u00f1\u00e1 ata o guidoiro para levar a cabo as operaci\u00f3ns de retirada de residuos, fundamentalmente obxectos pl\u00e1sticos como botes e botellas que chegan ata al\u00ed por mor da acci\u00f3n dos ventos, dos temporais e das mareas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A contorna dos guidoiros \u00e9 un lugar no que xa se ten actuado noutras ocasi\u00f3ns baixo o paraugas de PLANCTON, sen ir m\u00e1is lonxe, no pasado mes de marzo, nunha limpeza simultanea realizada nos fondos e superficie do Areoso e do Pedregoso, consegu\u00edronse retirar m\u00e1is de 2300 quilos de residuos, lixos mari\u00f1os cuxa orixe est\u00e1 relacionada fundamentalmente coa actividade pesqueira no caso dos retirados dos fondos polos mergulladores, e con outras actividades relacionadas con actividades de lecer e da vida coti\u00e1 no propio continente no caso dos lixos retirados de terra firme como os recollidos hoxe do Pedregoso.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao final da xornada, e xa de regreso ao porto de Xufre na Illa de Arousa, procedeuse \u00e1 pesada dos lixos retirados, reflictindo a balanza un total de 435 quilos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con iniciativas como a realizada hoxe na contorna deste guidoiro arous\u00e1n e outra serie de actividades educacionais e de voluntariado, Afundaci\u00f3n pretende sensibilizar \u00e1 cidadan\u00eda sobre a importancia de protexer os recursos naturais existentes no territorio sen chegar a comprometelos para as xeraci\u00f3ns do futuro, na li\u00f1a do seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en especial o ODS 13 (Acci\u00f3n polo clima), ODS 14 (Vida submarina), ODS 15 (Vida de ecosistemas terrestres) e o ODS 17 (Alianzas para acadar os obxectivos), todo elo no marco dun plan de conservaci\u00f3n territorial no que se conta coa colaboraci\u00f3n de m\u00e1is de 80 entidades de \u00e1mbitos moi diversos, como son o sector pesqueiro, as administraci\u00f3ns p\u00fablicas, os centros educativos e centros de investigaci\u00f3n, as empresas, os clubes deportivos, as organizaci\u00f3ns ecoloxistas e as asociaci\u00f3ns do terceiro sector.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actividade contou tam\u00e9n coa colaboraci\u00f3n do Concello da Illa de Arousa quen se encargou de xestionar os residuos retirados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O voluntariado de ABANCA Seguros desprazouse ata o illote do Guidoiro Pedregoso para lavar a cabo unha limpeza de lixos mari\u00f1os en superficie, conseguindo retirar ao final da xornada m\u00e1is de 435 quilos de residuos.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":7380,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-7379","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/7379","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7380"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7379"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=7379"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}