{"id":7365,"date":"2025-09-16T21:34:24","date_gmt":"2025-09-16T19:34:24","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=7365"},"modified":"2026-02-02T10:38:56","modified_gmt":"2026-02-02T09:38:56","slug":"plancton-2025-retirada-de-lixo-marino-e-flora-exotica-invasora-na-illa-de-salvora","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2025-retirada-de-lixo-marino-e-flora-exotica-invasora-na-illa-de-salvora\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2025. Retirada de lixo mari\u00f1o e flora ex\u00f3tica invasora na illa de S\u00e1lvora"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Preto de 50 persoas convocadas por Afundaci\u00f3n no marco de PLANCTON participaron dun gran operativo ambiental a prol dos ecosistemas mari\u00f1os e terrestres da Illa de S\u00e1lvora, dentro do Parque Nacional Mar\u00edtimo-Terrestre das Illas Atl\u00e1nticas de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En total, e ao rematar a xornada, retir\u00e1ronse da illa m\u00e1is de 100 quilos de lixos mari\u00f1os e 326 quilos de flora ex\u00f3tica invasora grazas ao labor das persoas voluntarias que dedicaron esta ma\u00f1\u00e1 de s\u00e1bado a intentar mellorar a sa\u00fade dos ecosistemas da illa de S\u00e1lvora.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Divididos en varios grupos, unha parte do colectivo dedicou os seus esforzos \u00e1 retirada de lixos mari\u00f1os nos areais de Almac\u00e9n, Zafra e Area dos Bois. Outro grupo de persoas voluntarias traballou na retirada de especies ex\u00f3ticas invasoras, entre elas a co\u00f1ecida como herba de San Xo\u00e1n (<em>Helichrysum foetidum<\/em>). Esta especie bot\u00e1nica invasora da familia das compostas, orixinaria do sur do continente africano, ten unha gran capacidade de dispersi\u00f3n, o que facilitou o seu espallamento por moitas zonas do litoral galego nestes \u00faltimos anos, competindo coa vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona e modificando o equilibrio natural dos ecosistemas nos que se instala. Ademais, retir\u00e1ronse da contorna da aldea de S\u00e1lvora p\u00e9s de A<em>maryllis belladonna<\/em> e de <em>Crassula ovata<\/em>, tam\u00e9n de orixe sudafricana.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre os residuos retirados das praias, destacan os xa habituais tarugos pl\u00e1sticos empregados nas cordas das bateas para evitar a ca\u00edda dos mexill\u00f3ns das mesmas, e outros obxectos relacionados coa actividade pesqueira como restos de cabos, boias, redes, cordas e sedelas. As\u00ed mesmo, as persoas participantes na xornada atoparon outra serie de obxectos cuxa orixe \u00e9 m\u00e1is dif\u00edcil de definir, posiblemente procedentes do continentel ou vencellados \u00e1s actividades do turismo e do lecer, como restos de bolsas e envoltorios, tap\u00f3ns pl\u00e1sticos, botes e botellas, e anacos de pl\u00e1stico de orixe non identificable.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tras esta nova xornada de voluntariado ambiental, son xa case 20 as toneladas de flora ex\u00f3tica invasora&nbsp; retiradas no marco do proxecto PLANCTON de Afundaci\u00f3n. Unha li\u00f1a de actuaci\u00f3n que coincide coa desenvolvida polo propio parque no marco do proxecto <em>Life Insular<\/em>, e que procura recuperar e mellorar os h\u00e1bitats insulares inclu\u00eddos na Rede Natura 2000, con especial atenci\u00f3n \u00e1s dunas costeiras con vexetaci\u00f3n herb\u00e1cea, e aos queirogais secos europeos. O obxectivo \u00e9 que estes espazos acaden un estado de conservaci\u00f3n \u00f3ptimo, de xeito que poidan manterse de forma natural e sostible, ao mesmo tempo que se reforza a s\u00faa resiliencia fronte \u00e1s presi\u00f3ns ambientais e ao cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais das especies bot\u00e1nicas invasoras, son xa m\u00e1is de 137 as toneladas de lixo mari\u00f1o retiradas polo voluntariado da Obra Social de ABANCA no marco deste Plan de Conservaci\u00f3n Territorial-ON&nbsp; de diferentes enclaves repartidos ao longo de toda a costa de Galicia, tanto das praias &nbsp;e cant\u00eds como dos seus fondos marisqueiros. Todo elo, na li\u00f1a cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible vinculados ao proxecto PLANCTON, especialmente os ODS13 Acci\u00f3n polo clima, ODS15 Vida de ecosistemas terrestres e o ODS17 Alianzas para lograr obxectivos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Preto de 50 persoas convocadas por Afundaci\u00f3n no marco de PLANCTON participaron dun gran operativo ambiental a prol dos ecosistemas mari\u00f1os e terrestres da Illa de S\u00e1lvora, dentro do Parque Nacional Mar\u00edtimo-Terrestre das Illas Atl\u00e1nticas de Galicia.<br \/>\nEn total, e ao rematar a xornada, retir\u00e1ronse da illa m\u00e1is de 100 quilos de lixos mari\u00f1os e 326 quilos de flora ex\u00f3tica invasora grazas ao labor das persoas voluntarias que dedicaron esta ma\u00f1\u00e1 de s\u00e1bado a intentar mellorar a sa\u00fade dos ecosistemas da illa de S\u00e1lvora.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":7366,"template":"","accion":[28,33],"class_list":["post-7365","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-eliminacion-de-flora-exotica-invasora-gl","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/7365","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7366"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7365"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=7365"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}