{"id":6381,"date":"2025-05-14T17:58:55","date_gmt":"2025-05-14T15:58:55","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=6381"},"modified":"2025-05-26T10:28:22","modified_gmt":"2025-05-26T08:28:22","slug":"plancton-2025-limpeza-de-lixo-marino-nas-praias-de-perdouro-e-a-marosa-en-burela","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2025-limpeza-de-lixo-marino-nas-praias-de-perdouro-e-a-marosa-en-burela\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2025. Limpeza de lixo mari\u00f1o nas praias de Perdouro e A Marosa, en Burela"},"content":{"rendered":"\n<p>M\u00e1is de 60 persoas, divididas en dous grupos, participaron nunha limpeza simult\u00e1nea de lixos mari\u00f1os nas praias do Perdouro e da Marosa, en Burela. A actividade ambiental iniciouse cunha charla informativa na que as persoas voluntarias participantes recibiron as indicaci\u00f3ns sobre como realizar a extracci\u00f3n de residuos sen impactar na contorna natural e sobre a metodolox\u00eda de clasificaci\u00f3n e reconto do lixo recollido.<\/p>\n\n\n\n<p>O conselleiro do Mar, Alfonso Villares; a alcaldesa de Burela, Carmela L\u00f3pez; o patr\u00f3n Maior da Confrar\u00eda, Basilio Otero, a directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena e o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Pita, un\u00edronse tam\u00e9n a esta acci\u00f3n de voluntariado no marco do proxecto PLANCTON de Afundaci\u00f3n que permitiu retirar xa m\u00e1is de 127 toneladas de residuos dos areais e costas de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante a limpeza en ambas as localizaci\u00f3ns, atop\u00e1ronse distintos aparellos e utensilios empregados para a pesca e extraviados durante o seu exercicio, como restos de redes, cordas, numerosos anacos de poliesp\u00e1n, cabos, boias, sedelas ou paus de batea. Igualmente localiz\u00e1ronse, outra serie de obxectos alleos ao sector e relacionados coa actividade coti\u00e1 en terra firme, como os restos de envases e envoltorios pl\u00e1sticos, botes e botellas de pl\u00e1stico, vidro e metal, tapas e tap\u00f3ns, ou 300 cabichas, entre outros. En total 84 quilos de lixo mari\u00f1o segundo se reflectiu na pesada realizada ao final da actividade, tras o reconto e clasificaci\u00f3n dos residuos. En xeral, ambos areais encontr\u00e1banse hoxe substancialmente m\u00e1is limpos que cando hai dous anos se realizara unha actividade similar no marco de PLANCTON na que se retiraron en total m\u00e1is de 300 quilos de lixo mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Na xornada participaron persoas de diversos colectivos, a Asociaci\u00f3n de Sa\u00fade Mental \u00abA Mari\u00f1a\u00bb, a Fundaci\u00f3n Eu Son e a Confrar\u00eda de Pescadores de Burela, convocadas dentro do programa de voluntariado Act\u00faa de ABANCA e Afundaci\u00f3n no que participan tam\u00e9n os traballadores de ambas as entidades. A actividade contou ademais coa colaboraci\u00f3n do Concello de Burela, que se encargou da xesti\u00f3n final dos residuos recollidos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>O proxecto PLANCTON no que se enmarca esta actividade forma parte da estratexia de sustentabilidade da Obra Social de ABANCA, e ten entre os seus principais obxectivos fomentar a conservaci\u00f3n dos recursos e promover formas de actuar responsables tanto nas actividades socioecon\u00f3micas desenvolvidas na costa e no propio mar como na sociedade en xeral. Todo iso acorde ao compromiso de ABANCA e Afundaci\u00f3n cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e dunha maneira especial cos ODS13 Acci\u00f3n polo clima, ODS14 Vida submarina e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos, tal e como se puxo hoxe de manifesto nunha actividade que implicou a 6 entidades diferentes na procura dun ben com\u00fan.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como xa fixeran hai dous anos, un nutrido grupo de persoas voluntarias da Fundaci\u00f3n Eu Son, da Asociaci\u00f3n de Sa\u00fade Mental \u00abA Mari\u00f1a\u00bb, da Confrar\u00eda de Pescadores de Burela, e do Espazo +60 Afundaci\u00f3n de Viveiro, participaron en Burela nunha limpeza simult\u00e1nea de residuos mari\u00f1os nas praias de A Marosa e do Perdouro.<br \/>\n A actividade contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Burela quen se encargou da xesti\u00f3n dos residuos retirados das praias ao longo da xornada.<br \/>\nTr\u00e1tase dunha nova actividade convocada no marco de PLANCTON, o Plan de Conservaci\u00f3n Territorial-ON impulsado por Afundaci\u00f3n, a Obra Social de ABANCA.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":6382,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-6381","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/6381","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6382"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6381"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=6381"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}