{"id":5994,"date":"2025-03-28T13:52:04","date_gmt":"2025-03-28T12:52:04","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=5994"},"modified":"2025-04-26T18:31:25","modified_gmt":"2025-04-26T16:31:25","slug":"plancton-2025-limpeza-de-lixos-marinos-nos-fondos-do-porto-de-sanxenxo","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2025-limpeza-de-lixos-marinos-nos-fondos-do-porto-de-sanxenxo\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2025. Limpeza de lixos mari\u00f1os nos fondos do porto de Sanxenxo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Bucios e submarinistas da Confrar\u00eda de pescadores de Santa Rosal\u00eda e de Nauta participaron nunha xornada de limpeza de lixos mari\u00f1os organizada por Afundaci\u00f3n, a Obra Social de ABANCA, no marco do seu proxecto ambiental PLANCTO.&nbsp; Conseguiron retirar m\u00e1is dunha tonelada de residuos nos fondos do porto de Sanxenxo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As operaci\u00f3ns de limpeza comezaron cando os mergulladores das diferentes entidades participantes, repartidos polos distintos pantal\u00e1ns da instalaci\u00f3n portuaria iniciaron as inmersi\u00f3ns para a localizaci\u00f3n dos residuos. Retiraron sobre todo \u00fatiles e aparellos de pesca, extraviados durante o seu exercicio, como nasas e boias, restos e anacos de cabos, cordas ou redes, ventosas de mergullador, d\u00faas \u00e1ncoras, alg\u00fan cable el\u00e9ctrico as\u00ed como alg\u00fans pneum\u00e1ticos dos que son empregados como defensa das embarcaci\u00f3ns nas operaci\u00f3ns de atracada e un bid\u00f3n de gasolina. Ademais, as persoas voluntarias participantes localizaron diferentes obxectos procedentes fundamentalmente das actividades de lecer e recreo que se desenvolven na contorna do porto como botes e botellas de bebidas, e 400 vasos de vidro. Tam\u00e9n localizaron un m\u00f3bil e varias pezas de mobiliario.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Durante as operaci\u00f3ns de limpeza, tras cada inmersi\u00f3n, os mergulladores foron entregando os residuos \u00e1s voluntarias e voluntarios de apoio situados tanto nos pantal\u00e1ns como nas diferentes embarcaci\u00f3ns empregadas durante a actividade. Unhas tarefas de apoio nas que participaron o voluntariado Act\u00faa de Afundaci\u00f3n e outros pescadores da confrar\u00eda as\u00ed como traballadores e voluntarios do Real Club N\u00e1utico de Sanxenxo e da sociedade municipal que xestiona o porto deportivo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Concello de Sanxenxo, Protecci\u00f3n Civil e Portos de Galicia colaboraron tam\u00e9n no correcto desenvolvemento da actividade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Despois desta nova limpeza son m\u00e1is de 123 as toneladas de lixo mari\u00f1o retiradas dos fondos dos mares, portos e costas de Galicia a trav\u00e9s do proxecto PLANCTON, o plan de conservaci\u00f3n territorial enmarcado na estratexia de sustentabilidade de ABANCA e Afundaci\u00f3n. A iniciativa forma parte do compromiso de ambas as entidades cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, entre eles o ODS-14 Vida submarina. As\u00ed mesmo config\u00farase como un gran eixo vertebrador de diferentes axentes entre os que figuran entidades do sector pesqueiro, como as confrar\u00edas de pescadores e as asociaci\u00f3ns de redeiras e de mariscadoras, asociaci\u00f3ns do terceiro sector, administraci\u00f3ns p\u00fablicas, clubes deportivos, oenegu\u00e9s, centros de ensino ou persoas socias dos Espazos +60 de Afundaci\u00f3n, tal e como se puxo hoxe de manifesto nesta actividade na que participaron oito entidades diferentes seguindo o cami\u00f1o marcado polo ODS-17, Alianzas para lograr obxectivos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tralo \u00e9xito da limpeza levada a cabo o pasado ano cos mesmos participantes e baixo o paraugas deste Plan de Conservaci\u00f3n Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA, os bucios e submarinistas da Confrar\u00eda de pescadores Santa Rosal\u00eda de Sanxenxo e de Nauta mergull\u00e1ronse baixo as augas do porto co obxectivo de retirar dos seus fondos diferentes obxectos de lixo mari\u00f1o dos que non escaparon diferentes artes de pesca extraviadas polo colectivo de pescadores, as\u00ed como latas, botes, vasos e botellas cuxa orixe semella claramente vinculada ao ocio nocturno.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":6158,"template":"","accion":[31],"class_list":["post-5994","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-de-portos-pesqueiros-e-recreativos"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/5994","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6158"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5994"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=5994"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}