{"id":5988,"date":"2025-03-28T13:43:19","date_gmt":"2025-03-28T12:43:19","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=5988"},"modified":"2025-04-14T13:08:18","modified_gmt":"2025-04-14T11:08:18","slug":"plancton-2025-limpeza-de-lixos-marinos-e-retirada-de-flora-exotica-invasora-en-area-da-cruz","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2025-limpeza-de-lixos-marinos-e-retirada-de-flora-exotica-invasora-en-area-da-cruz\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2025. Limpeza de lixos mari\u00f1os e retirada de flora ex\u00f3tica invasora en Area da Cruz"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is de 135 voluntarios participaron nunha xornada de voluntariado ambiental no areal grovense de Area da Cruz, centrada tanto na retirada de lixos mari\u00f1os da praia como na eliminaci\u00f3n de diversas especies de flora ex\u00f3tica invasora que est\u00e1n a colonizar a duna.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na actividade participaron alumnos do IES As Bizocas e persoas voluntarias do Espazo +60 Afundaci\u00f3n. O primeiro grupo centrouse na eliminaci\u00f3n de especies bot\u00e1nicas invasoras, principalmente unlla de gato (<em>Carpobrotus edulis<\/em>), margaridas africanas (<em>Gazania rigens<\/em> e <em>Artotheca calendula<\/em>) e glicinas (<em>Wisteria<\/em> sp.), especies que xa foron tratadas con \u00e9xito en anteriores actividades desenvolvidas no marco de PLANCTON neste mesmo lugar. Traballar periodicamente nunha mesma zona ten como obxectivo controlar o rebrote e evitar as\u00ed a s\u00faa propagaci\u00f3n por toda a duna e a colonizaci\u00f3n da zona, protexendo a flora aut\u00f3ctona destes ecosistemas dunares. Nesta ocasi\u00f3n, os voluntarios participantes lograron eliminar m\u00e1is de 1.148 quilos de plantas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O segundo grupo de participantes convocado para esta xornada de traballo ambiental centrouse na retirada de lixos mari\u00f1os, fundamentalmente da parte superior da Praia, coincidindo coas li\u00f1as de arribaz\u00f3n. Recoll\u00e9ronse m\u00e1is de 85 quilos de residuos, principalmente artes de pesca e utensilios perdidos durante a mesma, como cordas, nasas, anacos de redes e li\u00f1as de pesca enmara\u00f1adas, as\u00ed como tarugos pl\u00e1sticos dos utilizados nas bateas de mexill\u00f3n para evitar a s\u00faa ca\u00edda das cordas. Xunto a estes, retir\u00e1ronse obxectos pl\u00e1sticos de uso coti\u00e1n, cuxa orixe atop\u00e1mola fundamentalmente en terra firme, como latas, frascos, botellas de pl\u00e1stico ou de vidro, envases, envoltorios, bastonci\u00f1os pl\u00e1sticos de limpar os o\u00eddos, tapas e tap\u00f3ns, escumas sint\u00e9ticas, paus de lambetadas, cabichas de cigarros e outros obxectos de orixe desco\u00f1ecida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actuaci\u00f3n de hoxe foi a quinta dos \u00faltimos dous anos ao abeiro deste plan de conservaci\u00f3n territorial na contorna de \u00c1rea da Cruz, lugar onde a cantidade total de lixo e plantas ex\u00f3ticas invasoras recollidas xa alcanzou as 3,5 toneladas. Esta nova iniciativa contou coa colaboraci\u00f3n do Concello do Grove, que achegou ferramentas e se encargou da ulterior xesti\u00f3n dos residuos e plantas retiradas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A trav\u00e9s destas actividades, Afundaci\u00f3n busca, a trav\u00e9s de PLANCTON, promover a conservaci\u00f3n e a sustentabilidade das actividades econ\u00f3micas e recreativas que se desenvolven tanto no litoral como no mar, especialmente nas zonas de influencia das Zonas de Especial Protecci\u00f3n para as Aves Mari\u00f1as de Galicia, a Rede Natura 2000, buscando inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un nutrido grupo de persoas conformado por estudantes do IES As Bizocas e voluntariado dos Espazos +60 de Afundaci\u00f3n uniron as s\u00faas forzas durante esta xornada en Area da Cruz para levar a cabo unha doble tarefa a prol do medio ambiente. Por unha banda procederon \u00e1 eliminaci\u00f3n de diferentes especies de plantas ex\u00f3ticas invasoras do espazo dunar que ameazan a biodiversidade aut\u00f3ctona, e pola outra dedicaron os seus esforzos \u00e1 retirada de todo canto lixo atopen ao longo da praia depositado al\u00ed por mor dos \u00faltimos temporais do inverno.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":5989,"template":"","accion":[28,33],"class_list":["post-5988","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-eliminacion-de-flora-exotica-invasora-gl","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/5988","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5989"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5988"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=5988"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}