{"id":5258,"date":"2025-01-30T16:38:45","date_gmt":"2025-01-30T15:38:45","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=5258"},"modified":"2025-01-30T16:48:47","modified_gmt":"2025-01-30T15:48:47","slug":"xornada-de-balance-e-presentacion-de-resultados-plancton-2024","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/xornada-de-balance-e-presentacion-de-resultados-plancton-2024\/","title":{"rendered":"Xornada de balance e presentaci\u00f3n de resultados PLANCTON 2024"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os resultados desta nova edici\u00f3n 2024 do proxecto PLANCTON present\u00e1ronse na ma\u00f1\u00e1 do d\u00eda 29 de xaneiro de 2025 nunha <strong>rolda de prensa<\/strong> que contou coa participaci\u00f3n de <strong>Miguel \u00c1ngel Escotet<\/strong>, presidente de Afundaci\u00f3n; Javier Fraga, director de ABANCA Mar; <strong>Adela Lest\u00f3n<\/strong>, presidenta das mariscadoras de Muros; <strong>Juan Jos\u00e9 Rial Mill\u00e1n<\/strong>, patr\u00f3n maior da Confrar\u00eda de Pescadores San Xuli\u00e1n da Illa de Arousa; <strong>Pilar Alves<\/strong>, coordinadora xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundaci\u00f3n; e <strong>Saleta Gonz\u00e1lez<\/strong>, directora t\u00e9cnica do proxecto PLANCTON.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is de <strong>200 embarcaci\u00f3ns<\/strong> e preto de <strong>1000 persoas voluntarias<\/strong> de ABANCA e Afundaci\u00f3n, as\u00ed como de distintos colectivos do sector pesqueiro e marisqueiro e outras entidades que participaron directamente nas diferentes xornadas de limpeza en fondos e costas, fixeron posible un ano m\u00e1is esta iniciativa, destinada a fomentar a conservaci\u00f3n e sustentabilidade das actividades socioecon\u00f3micas realizadas no mar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Todo este esforzo en com\u00fan permitiu que anualmente se incrementen significativamente as toneladas recollidas: <strong>en 2024 retir\u00e1ronse 43 toneladas de residuos das praias e fondos mar\u00edtimos de Galicia<\/strong>, 16 m\u00e1is que na anterior edici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Miguel \u00c1ngel Escotet, presidente de Afundaci\u00f3n subli\u00f1ou na s\u00faa intervenci\u00f3n a importancia de ser conscientes de que \u00aba actual sociedade industrial e tecnol\u00f3xica est\u00e1 marcada pola globalidade dos seus impactos ambientais e pola irreversibilidade de moitos deles (\u2026). As instituci\u00f3ns p\u00fablicas e privadas temos a obriga moral de atender esta problem\u00e1tica ecosocial, non podemos mirar cara a outro lado, non \u00e9 posible vivir de costas \u00e1 beleza do noso mundo, non podemos obviar o sufrimento das especies ou a estabilidade do planeta. \u00c9 demasiado importante como para permanecer cegos. Desde a nosa humilde posici\u00f3n Afundaci\u00f3n, Obra Social ABANCA, tentamos sumar esforzos para sensibilizar sobre a xustiza ecol\u00f3xica e a responsabilidade colectiva. Tam\u00e9n para chamar \u00e1 acci\u00f3n\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pola s\u00faa banda, en representaci\u00f3n do sector pesqueiro e marisqueiro, Adela Lest\u00f3n, presidenta das mariscadoras de Muros, e Juan Jos\u00e9 Rial Mill\u00e1n, patr\u00f3n maior da Confrar\u00eda de Pescadores San Xuli\u00e1n da Illa de Arousa, destacaron a importancia de programas coma o de PLANCTON. Mill\u00e1n afirmou que \u00ab\u00e9 preciso seguir traballando para que os nosos fillos e os nosos netos poidan seguir gozando dos nosos medios naturais. \u00c9 moi importante crear concienciaci\u00f3n ambiental nos m\u00e1is novos para que ese sentido de protecci\u00f3n do medio natural se transmita de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n. Moitas grazas a Afundaci\u00f3n e a ABANCA por proxectos como este e por colaborar directamente coas confrar\u00edas\u00bb. Adela explicou como \u00abAfundaci\u00f3n deunos as ferramentas necesarias para comezar a realizar limpezas nos nosos areais. Colaboramos durante todo o ano pasado non s\u00f3 con limpezas, sen\u00f3n tam\u00e9n con campa\u00f1as como \u00abGoza da praia sen deixar pegada\u00bb mediante a que nos puidemos achegar aos usuarios dos areais dunha maneira m\u00e1is directa. Puidemos conciencialos de que en areais con bancos marisqueiros hai que tomar unhas medidas espec\u00edficas. Programas como este son important\u00edsimos porque nunca \u00e9 tarde para adquirir novas condutas e concienciarse\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Javier Fraga, director de ABANCA Mar, pechou as intervenci\u00f3ns. \u00abO programa PLANCTON \u00e9 un exemplo de como o modelo de colaboraci\u00f3n e traballo en equipo \u00e9 o adecuado para mellorar. Isto \u00e9 m\u00e1is que un programa, PLANCTON reflicte un comportamento conxunto no que todos aprendemos. Diferentes colectivos traballamos en conxunto para un mesmo obxectivo e para aprender. Aprendemos dos t\u00e9cnicos, dos cient\u00edficos, dos traballadores do mar, etc.\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Nesta cuarta edici\u00f3n de PLANCTON realiz\u00e1ronse 18 limpezas de lixos mari\u00f1os<\/strong>, 12 en praias e 6 en fondos marisqueiros, nos concellos de Barreiros, Carnota, Cambados, A Coru\u00f1a, Ferrol, O Grove, A Illa de Arousa, Muros, Redondela, Ribeira, Sanxenxo e Vigo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais da limpeza de residuos, e tras constatar que as especies bot\u00e1nicas invasoras constit\u00faen unha ameaza cada vez maior para a biodiversidade da contorna, en 2024 incidiuse significativamente na s\u00faa erradicaci\u00f3n. As\u00ed, durante este per\u00edodo retir\u00e1ronse 11 das 12 toneladas eliminadas desde o inicio do proxecto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nesta nova edici\u00f3n desenvolv\u00e9ronse tam\u00e9n campa\u00f1as espec\u00edficas co obxectivo de concienciar sobre a importancia de compatibilizar as actividades relacionadas co turismo, coa conservaci\u00f3n da contorna. As\u00ed, durante o ver\u00e1n p\u00faxose en marcha por terceiro ano consecutivo a campa\u00f1a \u00ab<strong>Goza da praia sen deixar pegada<\/strong>\u00bb, para impulsar boas pr\u00e1cticas nas praias con zonas dedicadas ao marisqueo. Con id\u00e9nticos fins, realiz\u00e1ronse seis v\u00eddeos divulgativos, para po\u00f1er en valor a participaci\u00f3n do voluntariado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">PLANCTON, enmarcado na estratexia de sostibilidade de ABANCA e Afundaci\u00f3n e das s\u00faas actividades de voluntariado ambiental, foi un ano m\u00e1is un gran eixe vertebrador de distintos axentes, 51 en total, entre os que figuran entidades do sector pesqueiro, como as confrar\u00edas de pescadores e asociaci\u00f3ns de mariscadoras, asociaci\u00f3ns de pesca recreativa, portos, concellos, protecci\u00f3n civil, garda civil, centros educativos, empresas, persoas socias dos espazos +60 de Afundaci\u00f3n, o Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas ou o Grupo Naturalista H\u00e1bitat, alcanzando, as\u00ed, un gran impacto en sectores sociais diversos, que se incrementa en cada edici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xa pola tarde, celebrouse unha <strong>xornada divulgativa final<\/strong> dirixida aos diferentes colectivos de persoas voluntarias e entidades que participaron nesta quinta edici\u00f3n de PLANCTON.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Gloria Rodr\u00edguez<\/strong>, coordinadora de comunicaci\u00f3n de Afundaci\u00f3n, presentou esta xornada de tarde na que se proxectou un v\u00eddeo resumo dos resultados do proxecto en 2024.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pola s\u00faa banda, <strong>Pilar Alves<\/strong>, coordinadora xeral de RSE e Institucional da Afundaci\u00f3n e Saleta Gonz\u00e1lez, directora t\u00e9cnica do proxecto, fixeron balance das actividades desenvolvidas ao longo do ano no seo de PLANCTON, fundamentalmente as operaci\u00f3ns de eliminaci\u00f3n de flora ex\u00f3tica invasora de zonas de litoral, as campa\u00f1as informativas de boas pr\u00e1cticas para os turistas nas praias con e sen actividade marisqueira, e por suposto, as limpezas de fondos mari\u00f1os con mergulladores (Areoso, Portos de Sanxenxo, Portonovo e Vigo) e a trav\u00e9s dos colectores colocados nos portos de Cambados e Ferrol, as\u00ed como as limpezas de praias realizadas en colaboraci\u00f3n con confrar\u00edas, concellos e outras entidades do terceiro sector, nas que a implicaci\u00f3n do voluntariado tivo un papel fundamental.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A continuaci\u00f3n, <strong>Ra\u00fal Garc\u00eda Rodr\u00edguez<\/strong>, coordinador de pesqueiras do equipo mari\u00f1o de WWF Espa\u00f1a, impartiu unha conferencia titulada \u201c<strong>Un oc\u00e9ano saudable para a pesca sustentable<\/strong>\u201d, na que presentou multitude de casos pr\u00e1cticos e experiencias realizadas arredor da conservaci\u00f3n da biodiversidade, a adaptaci\u00f3n ao cambio clim\u00e1tico e a cogobernanza dos espazos mari\u00f1os, na que se presentaron certos casos galegos como pioneiros e exemplo para exportar a outras localidades, tanto a nivel nacional como no estranxeiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Trala conferencia tivo lugar un interesante coloquio moderado por <strong>Javier Fraga<\/strong>, director de ABANCA MAR, no que participaron <strong>Adela Lest\u00f3n Mayo<\/strong>, presidenta das mariscadoras de Muros, <strong>Jos\u00e9 Antonio Fern\u00e1ndez Bouzas<\/strong>, director do PNMT Illas Atl\u00e1nticas de Galicia e <strong>Juan Jos\u00e9 Rial Mill\u00e1n<\/strong>, patr\u00f3n maior da Confrar\u00eda de Pescadores San Xuli\u00e1n da Illa de Arousa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Antes de rematar a xornada, <strong>Oswaldo Dig\u00f3n<\/strong> e <strong>V\u00edctor Grande<\/strong>, humoristas, guionistas e directores da Escola de Impro, a primeira escola de improvisaci\u00f3n teatral de Galicia, sorprenderon aos asistentes cun espect\u00e1culo improvisado cheo de humor e infinidade de chiscos a todos os participantes do coloquio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cun pincho de confraternizaci\u00f3n final pechouse esta interesante xornada de balance da cuarta edici\u00f3n PLANCTON correspondente ao ano 2024.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto PLANCTON, impulsado por Afundaci\u00f3n, a Obra Social de ABANCA, en colaboraci\u00f3n co sector pesqueiro e marisqueiro, permitiu retirar en catro anos m\u00e1is de 95 toneladas de residuos de areais e fondos mari\u00f1os de distintas zonas costeiras de Galicia. Este programa multidisciplinar iniciouse en 2021 co obxectivo principal de promover unha conciencia sostible na sociedade facendo visible o impacto negativo do lixo mari\u00f1o nos ecosistemas.  <\/p>\n","protected":false},"featured_media":5131,"template":"","accion":[26],"class_list":["post-5258","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-accions-formativas-informativas-e-materiais-expositivos-para-previr-a-xeracion-de-lixos-marinos"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/5258","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5131"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5258"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=5258"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}