{"id":5088,"date":"2025-01-27T18:50:01","date_gmt":"2025-01-27T17:50:01","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=5088"},"modified":"2025-01-31T10:12:56","modified_gmt":"2025-01-31T09:12:56","slug":"plancton-2025-limpeza-de-lixo-marino-nas-praias-de-baldaio-e-razo-co-cpr-afundacion","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2025-limpeza-de-lixo-marino-nas-praias-de-baldaio-e-razo-co-cpr-afundacion\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2025. Limpeza de lixo mari\u00f1o nas praias de Baldaio e Razo co CPR Afundaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As praias do espazo natural de Baldaio e Razo, no concello de Carballo, acolleron unha nova operaci\u00f3n de limpeza de lixo mari\u00f1o organizada pola Obra Social ABANCA no marco do seu Plan de Conservaci\u00f3n Territorial, PLANCTON. Un grupo de alumnos e profesores do Centro de Formaci\u00f3n Profesional Afundaci\u00f3n da Coru\u00f1a conseguiu retirar m\u00e1is de 562,5 quilos de lixo mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O operativo de limpeza, formado por varios grupos distribu\u00eddos por diferentes zonas do areal, comezou \u00e1s dez da ma\u00f1\u00e1. Os voluntarios recolleron fundamentalmente obxectos de orixe terrestre e de uso coti\u00e1n, como restos de envases, bolsas e envoltorios, frascos, botellas, tap\u00f3ns, paus pl\u00e1sticos de limpar os o\u00eddos, boli\u00f1as de pellets utilizadas como materia prima para a fabricaci\u00f3n de multitude de produtos pl\u00e1sticos, como os que chegaron \u00e1s costas de Galicia tralo vertido accidental do Toconao fronte \u00e1s costas portuguesas a principios de 2024, as\u00ed como outra serie de obxectos pl\u00e1sticos relacionados coa pesca e extraviados durante o exercicio da mesma, como boias, mara\u00f1as de li\u00f1as de pesca, pequenos anacos de cordas, cabos e cabi\u00f1os, escumas sint\u00e9ticas, etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A desta ocasi\u00f3n foi a cuarta limpeza que realiza o grupo de voluntariado Act\u00faa neste espazo protexido, un humidal onde a p\u00edllara das dunas (<em>Charadrius alexandrinus<\/em> L.), unha pequena ave lim\u00edcola ameazada que aproveita determinadas zonas costeiras de Galicia provistas de espazos dunares con vexetaci\u00f3n m\u00e1is ou menos densa, adoita a criar entre os meses de marzo e xullo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A de Baldaio e Razo \u00e9 a primeira das actuaci\u00f3ns de limpeza de lixo mari\u00f1o repartidas polo litoral galego que Afundaci\u00f3n ten programadas para este ano 2025 no marco do proxecto PLANCTON. Este plan de conservaci\u00f3n territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA, que comeza a s\u00faa quinta edici\u00f3n, retirou xa m\u00e1is de 95 toneladas de residuos dos fondos e costas da comunidade. Con esta iniciativa, Afundaci\u00f3n procura fundamentalmente, e como principal eixo vertebrador do proxecto, promover a conservaci\u00f3n e a sustentabilidade do conxunto de actividades sociais e econ\u00f3micas que se desenvolven no mar, especialmente en enclaves como este, un lugar protexido catalogado como Especial Zona de Protecci\u00f3n para as Aves dentro da Rede Natura 2000 de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is dun cento de persoas voluntarias, fundamentalmente estudantes e profesores do Centro de Formaci\u00f3n Profesional Afundaci\u00f3n de A Coru\u00f1a, participaron dunha xornada de limpeza de lixos mari\u00f1os nas praias de Baldaio e Razo, no concello de Carballo, un espazo protexido con elevados valores medioambientais no que Act\u00faa, o voluntariado da Obra Social de ABANCA xa ten actuado con anterioridade en tres ocasi\u00f3ns diferentes baixo o paraugas de PLANCTON, retirando preto de 800 quilos de residuos.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":5089,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-5088","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/5088","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5089"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5088"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=5088"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}