{"id":4607,"date":"2024-09-16T16:48:28","date_gmt":"2024-09-16T14:48:28","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=4607"},"modified":"2024-10-02T11:42:28","modified_gmt":"2024-10-02T09:42:28","slug":"plancton-2024-limpeza-de-lixo-marino-e-retirada-de-flora-exotica-invasora-da-illa-de-salvora-pnmtiag","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2024-limpeza-de-lixo-marino-e-retirada-de-flora-exotica-invasora-da-illa-de-salvora-pnmtiag\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2024. Limpeza de lixo mari\u00f1o e retirada de flora ex\u00f3tica invasora da illa de S\u00e1lvora, PNMTIAG"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nesta ocasi\u00f3n foron 75 persoas as que participaron en S\u00e1lvora nunha intensa xornada a prol do medio ambiente en diferentes lugares da illa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por unha banda, un grupo de persoas voluntarias traballou na retirada de lixos mari\u00f1os nas praias de Almac\u00e9n, Area dos Bois e Zafra, onde atoparon fundamentalmente obxectos relacionados co \u00e1mbito dos cultivos mari\u00f1os e da pesca, como os tarugos pl\u00e1sticos das bateas, pequenos anacos de sedelas, cabos e cabi\u00f1os, nasas ou boias, por citar os m\u00e1is abondosos. Xunto a eles retiraron tam\u00e9n outros obxectos alleos aos traballos do mar, como envoltorios, botes, tap\u00f3ns e botellas, bastonci\u00f1os pl\u00e1sticos dos o\u00eddos e de lambetadas, chisqueiros, etc. En total 117 quilos, segundo reflectiu o total das pesadas efectuadas tralos traballos de clasificaci\u00f3n de residuos cos que adoitan a finalizar este tipo de limpezas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mentres, en paralelo, e noutra zona da illa, diferentes grupos de voluntarios traballaron na retirada da Herba de San Xoan (<em>Helichrysum foetidum<\/em>), unha especie ex\u00f3tica invasora da familia das compostas procedente do sur de \u00c1frica que ten unha gran capacidade de dispersi\u00f3n, e que \u00e9 moi frecuente en zonas do litoral de Galicia; <em>Phytolacca americana<\/em>, co\u00f1ecida como tintureira e que ten algunhas partes moi t\u00f3xicas tanto para o gando como para os humanos; e u\u00f1a de gato (<em>Carpobrotus edulis<\/em>), orixinaria de Sud\u00e1frica, que ten unha gran capacidade enraizante, formando un tapiz sobre o substrato que altera as condici\u00f3ns do chan.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En total conseguiron retirar m\u00e1is de 500 quilos de flora ex\u00f3tica nunha actuaci\u00f3n desenvolvida en colaboraci\u00f3n co Parque Nacional, dentro do proxecto europeo <em>Life Insular<\/em>, unha iniciativa que busca promover un adecuado estado de conservaci\u00f3n dos diferentes h\u00e1bitats das illas pertencentes \u00e1 Rede Natura 2000 situadas no Oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico, ao tempo que procura aumentar a s\u00faa resiliencia como medida de adaptaci\u00f3n ao cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PLANCTON visitou a illa de S\u00e1lvora, dentro do Parque Nacional Mar\u00edtimo-Terrestre das Illas Atl\u00e1nticas de Galicia, para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental centrada nesta ocasi\u00f3n na retirada de lixo mari\u00f1o de diferentes areais da illa, entre eles, a praia de Almac\u00e9n, a de Area dos Bois, e a de Zafra.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":4749,"template":"","accion":[28,33],"class_list":["post-4607","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-eliminacion-de-flora-exotica-invasora-gl","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/4607","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4749"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4607"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=4607"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}