{"id":4372,"date":"2024-06-28T18:48:03","date_gmt":"2024-06-28T16:48:03","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=4372"},"modified":"2024-06-28T18:51:49","modified_gmt":"2024-06-28T16:51:49","slug":"afundacion-impulsa-unha-campana-en-muros-para-compatibilizar-os-usos-turisticos-das-praias-co-marisqueo","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/afundacion-impulsa-unha-campana-en-muros-para-compatibilizar-os-usos-turisticos-das-praias-co-marisqueo\/","title":{"rendered":"Afundaci\u00f3n impulsa unha campa\u00f1a en Muros para compatibilizar os usos tur\u00edsticos das praias co marisqueo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00abGoza da praia sen deixar pegada\u00bb \u00e9 o t\u00edtulo da campa\u00f1a informativa impulsada pola Obra Social de ABANCA no seo de PLANCTON cuxo obxectivo \u00e9 o de sensibilizar os turistas que visiten as praias do concello de Muros durante a \u00e9poca estival sobre a necesidade de compatibilizar o seu uso recreativo coas actividades socioecon\u00f3micas que habitualmente se levan a cabo nelas, fundamentalmente o marisqueo a p\u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O acto de presentaci\u00f3n celebrado o 26 de xu\u00f1o na praza de abastos do concello de Muros contou coa participaci\u00f3n de Pilar Alves Moreno, coordinadora Xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundaci\u00f3n; Saleta Gonz\u00e1lez, directora t\u00e9cnica do proxecto PLANCTON; V\u00edctor Escaris e Yolanda Su\u00e1rez, director de zona e directora da oficina de ABANCA de Muros, respectivamente; Adelaida Lest\u00f3n Mayo, presidenta da Agrupaci\u00f3n de Marisqueo a P\u00e9 da Confrar\u00eda de Pescadores de Muros; e a alcaldesa de Muros, Mar\u00eda Lago Lest\u00f3n, como representantes das tres entidades implicadas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A campa\u00f1a desenvolverase nos meses de ver\u00e1n, e contar\u00e1, entre outras actuaci\u00f3ns, cunha exposici\u00f3n ao aire libre composta por t\u00f3tems informativos instalados \u00e1s portas da praza de abastos, sobre o traballo do marisqueo, o valor da biodiversidade e as boas pr\u00e1cticas no uso recreativo das praias. Nela recom\u00e9ndase, por exemplo, respectar as zonas de cultivo de bivalvos, empregar protectores solares non prexudiciais para o medio mari\u00f1o ou a evitar deixar lixo nas praias, pr\u00e1cticas moi sinxelas que repercutir\u00e1n en beneficio tanto dos usuarios dos areais como das persoas que traballan no mar. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais, Afundaci\u00f3n instalar\u00e1 tam\u00e9n vinilos informativos nas oficinas de ABANCA dos concellos de Muros, Porto do Son, Carnota, Portos\u00edn e Noia, as\u00ed como mensaxes en valos publicitarios de gran formato, e carteis nas li\u00f1as de autob\u00fas que comunican o concello de Muros con Santiago de Compostela.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Como complemento a toda esta serie de actuaci\u00f3ns, as propias mariscadoras repartir\u00e1n entre as persoas que visiten os areais, cinceiros port\u00e1tiles para tratar de reducir o n\u00famero de cabichas depositadas nas praias, as\u00ed como bolsas reutilizables para animar os visitantes a que recollan residuos durante os seus paseos pola praia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00abGoza da praia sen deixar pegada\u00bb \u00e9 o t\u00edtulo da campa\u00f1a informativa impulsada pola Obra Social de ABANCA no seo de PLANCTON cuxo obxectivo \u00e9 o de sensibilizar os turistas que visiten as praias do concello de Muros durante a \u00e9poca estival sobre a necesidade de compatibilizar o seu uso recreativo coas actividades socioecon\u00f3micas que habitualmente se levan a cabo nelas, fundamentalmente o marisqueo a p\u00e9.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":4317,"template":"","accion":[26],"class_list":["post-4372","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-accions-formativas-informativas-e-materiais-expositivos-para-previr-a-xeracion-de-lixos-marinos"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/4372","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4317"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4372"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=4372"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}