{"id":3427,"date":"2024-04-09T13:03:33","date_gmt":"2024-04-09T11:03:33","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=3427"},"modified":"2024-05-14T10:50:24","modified_gmt":"2024-05-14T08:50:24","slug":"plancton-2024-recuperacion-dunar-en-area-da-cruz-o-grove","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2024-recuperacion-dunar-en-area-da-cruz-o-grove\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2024. Recuperaci\u00f3n dunar en Area da Cruz (O Grove)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Afundaci\u00f3n desenvolveu na praia de Area da Cruz, no Concello do Grove, unha nova acci\u00f3n de voluntariado ambiental no marco do proxecto PLANCTON. Nesta ocasi\u00f3n, as tarefas desenvolv\u00e9ronse no espazo dunar, un ecosistema natural de alto interese ambiental no que o lixo mari\u00f1o e a proliferaci\u00f3n de flora ex\u00f3tica invasora, ademais do tr\u00e1nsito de persoas, ameazan a vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En colaboraci\u00f3n co Servizo de Patrimonio Natural, as persoas voluntarias convocadas pola Obra Social de ABANCA retiraron residuos mari\u00f1os e distintas especies de flora ex\u00f3tica invasora que proliferan nesta contorna, 369 quilos en total, fundamentalmente margaridas de orixe africana, <em>Arctotheca calendula<\/em> e <em>Gazania rigens<\/em> e glicina chinesa <em>Wisteria sinensis<\/em>, unha planta trepadora que se est\u00e1 estendendo de forma invasiva pola duna, cun comportamento rastreiro, pouco habitual nesta especie.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nos d\u00edas previos, o equipo do Servizo de Patrimonio Natural realizou os traballos complementarios de valado perimetral desta zona da duna, co fin de favorecer a recuperaci\u00f3n da vexetaci\u00f3n dunar, evitando o paso continuo de visitantes e usuarios da praia e protexendo deste xeito as especies aut\u00f3ctonas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre os 47 quilos de lixo mari\u00f1o retirados durante a xornada de voluntariado, destacaron especialmente m\u00e1is de 100 bastonci\u00f1os dos o\u00eddos, m\u00e1is dun centenar de tarugos pl\u00e1sticos de batea, distintos residuos pl\u00e1sticos de diversos tama\u00f1os, palos de chupachups, envases pl\u00e1sticos, botellas e outros obxectos que se atopan habitualmente nestas limpezas como nasas, madeiras tratadas con cravos etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actividade contou tam\u00e9n coa colaboraci\u00f3n do Concello do Grove, que ademais de informar e fomentar a participaci\u00f3n da veci\u00f1anza, encargouse de xestionar os residuos recollidos, tanto o lixo como as plantas ex\u00f3ticas invasoras retiradas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais do beneficio ambiental que que supo\u00f1en este tipo de actuaci\u00f3ns nasas contornas nas que traballan as persoas voluntarias, esta iniciativa da Obra Social de ABANCA, ten como obxectivo promover na sociedade formas de actuar responsables. PLANCTON procura as\u00ed previr estes impactos, reducindo a xeraci\u00f3n de residuos con boas pr\u00e1cticas f\u00e1ciles de implementar no d\u00eda a d\u00eda, que permitan manter os recursos actuais sen comprometelos para as xeraci\u00f3ns futuras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O escenario elixido para esta acci\u00f3n de conservaci\u00f3n do litoral foi a duna da praia de Area da Cruz, no concello do Grove, un espazo natural de alto interese ambiental no que a presenza de lixo mari\u00f1o e de flora ex\u00f3tica invasora ameaza a vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona, un impacto que se ve sensiblemente intensificado por mor da ausencia dunha cerca perimetral que impida o acceso a zona dunar e o pisoteo continuo da vexetaci\u00f3n existente.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":3633,"template":"","accion":[28,33],"class_list":["post-3427","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-eliminacion-de-flora-exotica-invasora-gl","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/3427","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3633"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3427"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=3427"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}