{"id":3414,"date":"2024-04-10T08:20:19","date_gmt":"2024-04-10T06:20:19","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=3414"},"modified":"2024-05-13T19:17:57","modified_gmt":"2024-05-13T17:17:57","slug":"plancton-2024-ii-limpeza-colaborativa-de-lixo-marino-nos-fondos-de-bouzas-vigo","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2024-ii-limpeza-colaborativa-de-lixo-marino-nos-fondos-de-bouzas-vigo\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2024. II Limpeza colaborativa de lixo mari\u00f1o nos fondos de Bouzas (Vigo)"},"content":{"rendered":"\n<p>Tras o \u00e9xito da primeira actuaci\u00f3n de limpeza de lixo mari\u00f1o, realizada en 2023 nos fondos de Bouzas, Afundaci\u00f3n convocou unha nova xornada de voluntariado ambiental no marco do seu Plan de Conservaci\u00f3n Territorial (PLANCTON). 44 persoas, mergulladores e persoal de apoio, participaron nesta nova iniciativa, desenvolta na contorna do porto da Asociaci\u00f3n de Mari\u00f1eiros San Miguel de Bouzas e do Porto Deportivo da Confrar\u00eda de Pescadores, na enseada de Alcabre.<\/p>\n\n\n\n<p>As inmersi\u00f3ns, nas que participaron submarinistas da Confrar\u00eda de pescadores de Vigo-Mari\u00f1a Deportiva de Bouzas, da Asociaci\u00f3n de Mari\u00f1eiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas e do Liceo Mar\u00edtimo de Bouzas, desenvolv\u00e9ronse ao longo de toda a ma\u00f1\u00e1. Mentres, en superficie, persoas voluntarias traballaron como equipo de apoio, tanto a bordo das 8 embarcaci\u00f3ns participantes, como nos propios embarcadoiros das instalaci\u00f3ns portuarias.<\/p>\n\n\n\n<p>Tras os labores de clasificaci\u00f3n e pesada coas que conclu\u00edu a actividade, contabiliz\u00e1ronse d\u00faas toneladas de residuos retirados dos fondos, entre eles, 25 pneum\u00e1ticos extraviados dos que se colocan nas embarcaci\u00f3ns para as operaci\u00f3ns de atracada, e diferentes aparellos relacionados coa actividade pesqueira, como boias, caldeiros, restos de cabos e cordas, nasas, ou redes. As\u00ed mesmo, localiz\u00e1ronse outra serie de obxectos cuxo orixe \u00e9 m\u00e1is complicado establecer, posiblemente relacionados con actividades dom\u00e9sticas e de lecer, como botes e botellas de pl\u00e1stico e de vidro, dous m\u00f3biles, un extintor e outros obxectos pl\u00e1sticos non identificables.<\/p>\n\n\n\n<p>Na xornada ambiental convocada pola Obra Social de ABANCA participaron persoas voluntarias da Asociaci\u00f3n de Busca e Salvamento de Galicia, o Concello de Vigo, Protecci\u00f3n Civil de Bouzas, a \u00e1rea Portuaria de Bouzas e o Porto de Vigo, ademais dos membros do programa de voluntariado Act\u00faa de Afundaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que acci\u00f3ns como esta benefician indubidablemente ao medio ambiente en xeral e aos ecosistemas en particular, o principal obxectivo deste plan de conservaci\u00f3n territorial \u00e9 fomentar a conservaci\u00f3n e a sustentabilidade do conxunto de actividades socioecon\u00f3micas realizadas no mar. As\u00ed, a trav\u00e9s do proxecto PLANCTON, ABANCA e a s\u00faa Obra Social promoven na sociedade formas de actuar responsables que permitan manter os recursos actuais sen chegar a po\u00f1elos en risco para as xeraci\u00f3ns futuras. Todo iso acorde ao compromiso de ambas as entidades cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS13 Acci\u00f3n polo clima, ODS14 Vida submarina e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos, nunha actuaci\u00f3n, como a de hoxe, que conseguiu implicar a m\u00e1is de dez entidades diferentes na procura dun ben com\u00fan.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nesta ocasi\u00f3n, foron os submarinistas da Confrar\u00eda de Pescadores de Vigo-Mari\u00f1a Deportiva de Bouzas, do Liceo Mar\u00edtimo de Bouzas, e da Asociaci\u00f3n de Mari\u00f1eiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, os encargados de retirar dos fondos todo canto refugallo localizaron nas sucesivas inmersi\u00f3ns que realizaron ao logo da ma\u00f1\u00e1 nos fondos do Porto da Asociaci\u00f3n de Mari\u00f1eiros San Miguel de Bouzas e do Porto Deportivo da Confrar\u00eda de Pescadores de Bouzas, ambos na enseada de Alcabre, para elo contaron con numeroso persoal de apoio tanto a bordo das embarcaci\u00f3ns participantes, como nos embarcadoiros da propia instalaci\u00f3n portuaria.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":3625,"template":"","accion":[31],"class_list":["post-3414","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-de-portos-pesqueiros-e-recreativos"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/3414","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3625"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3414"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=3414"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}