{"id":3042,"date":"2024-01-23T16:43:45","date_gmt":"2024-01-23T15:43:45","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=3042"},"modified":"2024-04-26T18:32:46","modified_gmt":"2024-04-26T16:32:46","slug":"plancton-2024-limpeza-de-lixo-marino-e-retirada-de-flora-exotica-invasora-no-areal-de-cesantes","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2024-limpeza-de-lixo-marino-e-retirada-de-flora-exotica-invasora-no-areal-de-cesantes\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2024. Limpeza de lixo mari\u00f1o e retirada de flora ex\u00f3tica invasora no areal de Cesantes"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No marco do programa PLANCTON (Plan de Conservaci\u00f3n Territorial ON), Afundaci\u00f3n organizou no areal de Cesantes, unha dobre xornada de voluntariado medio ambiental consistente na retirada de lixo mari\u00f1o da parte superior da praia e de flora ex\u00f3tica invasora da zona dunar, para a que contou coa participaci\u00f3n de m\u00e1is de 60 persoas voluntarias, fundamentalmente alumnas e profesorado do Colexio Hogar Afundaci\u00f3n de Vigo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Polo que respecta ao lixo mari\u00f1o, e como \u00e9 habitual neste tipo de limpezas, a maior parte dos residuos correspondeuse con diferentes obxectos pl\u00e1sticos. Por unha banda, os que te\u00f1en a s\u00faa orixe na actividade pesqueira, froito das perdas accidentais de utensilios e aparellos como cordas, cabos, redes, nasas, sedelas, boias, e unha gran cantidade de tarugos pl\u00e1sticos empregados nas bateas para evitar a ca\u00edda dos mexill\u00f3ns, pola outra, diferentes obxectos de orixe continental, como os restos de envases, bolsas e envoltorios, botes e botellas, tap\u00f3ns, produtos de hixiene como os bastonci\u00f1os pl\u00e1sticos de limpar os o\u00eddos, canos de beber, vasos ou as c\u00e1psulas de caf\u00e9, por citar os m\u00e1is numerosos. Ao finalizar a xornada matinal, e tras a clasificaci\u00f3n e pesada de todos estes residuos, a balanza reflectiu un total de 87 quilos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No que respecta \u00e1 actuaci\u00f3n de eliminaci\u00f3n de flora ex\u00f3tica invasora da zona dunar, un total de 79 quilos, as coidadas actuaci\u00f3ns de retirada centr\u00e1ronse nos p\u00e9s de <em>Chasmanthe <\/em>sp., pan de cuco e margarida africana, especies que supo\u00f1en unha grave ameaza para ecosistemas tan fr\u00e1xiles e valiosos como este.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con actuaci\u00f3ns como a levada a cabo hoxe nun lugar tan emblem\u00e1tico e protexido como \u00e9 o LIC da Enseada de San Sim\u00f3n, un espazo de especial protecci\u00f3n dentro da Rede Natura 2000, a Obra Social de ABANCA procura a trav\u00e9s de PLANCTON e acorde ao seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, fomentar a conservaci\u00f3n e a sostibilidade do conxunto de actividades socioecon\u00f3micas desenvolvidas en enclaves costeiros con elevados valores medioambientais, tratando de promover a s\u00faa vez entre a toda a colectividade, xeitos de actuar responsables que aseguren a conservaci\u00f3n dos recursos existentes sen chegar a po\u00f1elos en compromiso para o seu uso de desfrute por parte das xeraci\u00f3ns futuras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada contou tam\u00e9n coa colaboraci\u00f3n do Concello de Redondela, que conta cun plan integral para a rexeneraci\u00f3n da praia e da s\u00faa contorna, quen se encargou da xesti\u00f3n ulterior dos residuos e plantas retiradas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O alumnado e profesorado do Colexio Fogar Afundaci\u00f3n visitar\u00e1n o areal de Cesantes, no concello de Redondela, para levar a cabo unha dobre actividade de voluntariado ambiental consistente por unha banda na de recollida de lixo mari\u00f1o da praia, e pola outra na retirada de flora ex\u00f3tica invasora da zona dunar.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":3043,"template":"","accion":[28,33],"class_list":["post-3042","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-eliminacion-de-flora-exotica-invasora-gl","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/3042","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3043"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3042"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=3042"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}