{"id":3000,"date":"2024-02-29T10:21:24","date_gmt":"2024-02-29T09:21:24","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=3000"},"modified":"2024-04-26T18:32:25","modified_gmt":"2024-04-26T16:32:25","slug":"plancton-2024-i-limpeza-participativa-de-lixo-marino-nos-fondos-no-porto-de-portonovo","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2024-i-limpeza-participativa-de-lixo-marino-nos-fondos-no-porto-de-portonovo\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2024. I Limpeza participativa de lixo mari\u00f1o nos fondos no porto de Portonovo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Representantes da Confrar\u00eda de Pescadores de Portonovo e do Club N\u00e1utico desta localidade, da Federaci\u00f3n Galega de Actividades Subacu\u00e1ticas, de Portos de Galicia, Protecci\u00f3n Civil, do Concello de Sanxenxo e de Afundaci\u00f3n, un\u00edronse para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental dedicada \u00e1 retirada de lixo mari\u00f1o nos fondos do porto de Portonovo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En catro horas de traballo, os 12 mergulladores, apoiados por unha vintena de persoas de apoio nos pantal\u00e1ns, conseguiron retirar m\u00e1is de 2.300 quilos de lixo mari\u00f1o, principalmente aparellos extraviados durante a pesca, como redes, nasas, \u00e1ncoras, boias, cabos, cordas ou cadeas de ferro e pneum\u00e1ticos utilizados como defensa das embarcaci\u00f3ns nas operaci\u00f3n de atraque. Tam\u00e9n se retiraron outros residuos de orixe continental como botellas, envases de vidro e diversos obxectos pl\u00e1sticos de diferentes tama\u00f1os. Durante as tarefas de recollida tam\u00e9n atoparon numerosos botes de bebida, un colector de lixo, d\u00faas bater\u00edas de barcos, unha pa, un balde ou unha cunca de caf\u00e9 co seu prato.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tr\u00e1tase da segunda actuaci\u00f3n que se realiza en zonas portuarias deste concello. A anterior f\u00edxose no porto de Sanxenxo, conseguindo retirar m\u00e1is de 1.200 quilos de lixo mari\u00f1o. Nas xornadas de limpeza realizadas durante os tres primeiros meses de 2024, os voluntarios participantes lograron recoller m\u00e1is de 12 toneladas de lixo mari\u00f1o no marco do proxecto PLANCTON. Unha iniciativa que vai pola s\u00faa cuarta edici\u00f3n e que xa conseguiu retirar m\u00e1is de 64 toneladas de residuos das praias e costas de Galicia, e que pretende, desde unha perspectiva multidisciplinar, promover a conservaci\u00f3n e a sustentabilidade das actividades realizadas no mar, especialmente nas \u00e1reas de influencia das Zonas de Especial Protecci\u00f3n para as Aves (ZEPA) de \u00e1mbito mari\u00f1o de Galicia e da Rede Natura 2000, tratando de inculcar unha conciencia sostible en todos os sectores sociais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pero os obxectivos da Obra Social de ABANCA van m\u00e1is al\u00e1 da propia recollida de lixo, a trav\u00e9s desta e doutras iniciativas culturais e formativas, a entidade pretende impulsar formas de actuar responsables na sociedade que permitan manter os recursos sen comprometelos para as xeraci\u00f3ns vindeiras, por iso PLANCTON foi recentemente galardoado co I Premio Nacional de Medio Ambiente nos Premios CECA e cun Premio Especial na \u00faltima edici\u00f3n dos Premios Econom\u00eda Azul da Xunta de Galicia, todo isto en consonancia co compromiso de ABANCA e Afundaci\u00f3n cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente co ODS-13 Acci\u00f3n polo clima, ODS-14 Vida submari\u00f1a e ODS-17 Alianzas para lograr obxectivos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Representantes da Confrar\u00eda de Pescadores de Portonovo e do Club N\u00e1utico desta localidade, da Federaci\u00f3n Galega de Actividades Subacu\u00e1ticas, de Portos de Galicia, Protecci\u00f3n Civil, do Concello de Sanxenxo e de Afundaci\u00f3n, un\u00edronse para levar a cabo unha nova xornada de voluntariado ambiental dedicada \u00e1 retirada de lixo mari\u00f1o nos fondos do porto de Portonovo no marco de PLANCTON.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":3001,"template":"","accion":[31],"class_list":["post-3000","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-de-portos-pesqueiros-e-recreativos"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/3000","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3001"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3000"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=3000"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}