{"id":2279,"date":"2023-10-16T10:13:13","date_gmt":"2023-10-16T08:13:13","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=2279"},"modified":"2024-04-26T18:40:05","modified_gmt":"2024-04-26T16:40:05","slug":"eliminacion-de-especies-exoticas-invasoras-e-retirada-de-lixo-marino-na-praia-de-raeiros-o-grove","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/eliminacion-de-especies-exoticas-invasoras-e-retirada-de-lixo-marino-na-praia-de-raeiros-o-grove\/","title":{"rendered":"Afundaci\u00f3n celebra o d\u00eda do voluntariado cunha limpeza de lixos mari\u00f1os nas praias de Area da Cruz e Raeiros"},"content":{"rendered":"Coincidindo co D\u00eda do Voluntariado, m\u00e1is de 65 persoas voluntarias, na s\u00faa grande maior\u00eda profesorado, alumnas e alumnos do CEIP As Bizocas, participaron nunha intensa xornada de voluntariado medioambiental dedicada \u00e1 retirada de lixos mari\u00f1os nas praias de Area da Cruz e Raeiros, no concello de O Grove.\n\nDesde primeiras horas da ma\u00f1\u00e1, os distintos grupos de escolares dedicaron os seus esforzos \u00e1 retirada de todo canto refugallo atoparon no seu cami\u00f1o por ambas praias, fundamentalmente obxectos estraviados durante a actividade pesqueira, como poden ser as nasas, boias, os pequenos anacos de cabos, redes e sedelas enmara\u00f1adas, pequenos trozos de escumas sint\u00e9ticas, as\u00ed como tam\u00e9n os tarugos pl\u00e1sticos empregados para o cultivo dos mexill\u00f3ns nas bateas. Adem\u00e1is, outra serie de obxectos de orixe continental que adoitan a aparecer por desgraza nestes lugares, como os botes, botellas, tap\u00f3ns, cabichas, bastonci\u00f1os de limpar os o\u00eddos, mecheiros, envoltorios, e pl\u00e1sticos de diferentes tama\u00f1os non identificables en canto a s\u00faa orixe, incluso alg\u00fan que outro cepillo de dentes e un cepillo de aspiradora. As\u00ed, ata completar os m\u00e1is de 440 quilos que reflectiu a pesada final coa que rematou a actividade, e que ven de encaixar \u00e1 perfecci\u00f3n co esp\u00edritu da conmemoraci\u00f3n deste ano 2023 \u00a0cuxo lema incide no poder da acci\u00f3n colectiva: \u201cSe todos fixeramos&#8230;\u201d.\n\nTras esta nova xornada de limpeza son xa mais de 49 as toneladas de lixo mari\u00f1o retiradas ao longo da xeograf\u00eda costeira de Galicia no marco de PLANCTON, o plan de acci\u00f3n territorial impulsado por Afundaci\u00f3n que procura concienciar \u00e1 sociedade sobre a importancia de actuar no medio de xeito responsable para manter os seus valores sen comprometelos para as xeraci\u00f3ns futuras,<span style=\"font-size: revert; color: initial;\">\u00a0de acordo co compromiso de ABANCA e Afundaci\u00f3n cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente os ODS13 Acci\u00f3n Clim\u00e1tica, ODS14 Vida Submarina e ODS17 Alianzas para acadar os obxectivos.<\/span>\n\n<!-- \/wp:post-content -->","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PLANCTON regresa ao concello de O Grove para realizar unha nova actividade de voluntariado ambiental consistente na retirada de lixo mari\u00f1o nas praias de Area da Cruz e Raeiros.<\/p>\n<p>Nesta ocasi\u00f3n, que coincide cunha data tan emblem\u00e1tica como o D\u00eda do Voluntariado, ser\u00e1n as alumnas e alumnos do colexio CEIP As Bizocas quen se encarguen de retirar todo canto residuo atopen nos areais ao longo de toda la xornada matinal.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":2366,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-2279","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/2279","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2366"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2279"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=2279"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}