{"id":2276,"date":"2024-01-11T09:42:00","date_gmt":"2024-01-11T08:42:00","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=2276"},"modified":"2024-04-26T18:38:41","modified_gmt":"2024-04-26T16:38:41","slug":"limpeza-de-residuos-e-retirada-de-especies-exoticas-invasoras-no-rio-lagares-vigo","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/limpeza-de-residuos-e-retirada-de-especies-exoticas-invasoras-no-rio-lagares-vigo\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2024. Retirada de b\u00e1goas de serea na praia de Lari\u00f1o (Muros e Carnota)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Preto de 60 persoas, principalmente estudantes do centro de Formaci\u00f3n Profesional Colegio Hogar Afundaci\u00f3n, con<em>v<\/em>ocadas pola Obra Social de ABANCA e o seu programa de voluntariado Act\u00faa, participaron nunha intensa xornada de limpeza na praia de Lari\u00f1o, nos concellos de Muros e Carnota. As tarefas centr\u00e1ronse principalmente na retirada do areal de b\u00f3las de PET (tereftalato de polietileno) dun di\u00e1metro inferior aos 5 mm empregadas como materia prima para a industria pl\u00e1stica. O obxectivo, contribu\u00edr a paliar na medida do posible o seu impacto ambiental, despois de que un barco, o Toconao, perdera parte da s\u00faa carga fronte \u00e1s costas portuguesas a principios do mes de decembro espallando estes elementos en distintos puntos da costa galega, principalmente das R\u00edas Baixas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actividade, que contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Muros, desenvolveuse ao longo de toda a praia, fundamentalmente na li\u00f1a de marea marcada polas arribaz\u00f3ns, onde pequenos grupos de persoas voluntarias retiraron minuciosamente as pequenas b\u00f3las pl\u00e1sticas, empregando diversos utensilios como peneiras e coadoiros para poder cribar adecuadamente estes residuos de pequeno tama\u00f1o das areas da praia. Ademais, retir\u00e1ronse tam\u00e9n outro tipo de refugallos que adoitan a encontrarse nas limpezas de praias, como pequenos anacos de cordas, cabos e cabi\u00f1os, tarugos pl\u00e1sticos das bateas, sedelas enmara\u00f1adas ou os restos de envases pl\u00e1sticos por citar tan s\u00f3 alg\u00fans dos m\u00e1is abundantes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Segundo os datos reflectidos tralos labores de clasificaci\u00f3n e reconto coas que conclu\u00edu a actividade, retir\u00e1ronse do areal m\u00e1is de 135 quilos de refugallos, entre eles varias decenas de miles de b\u00f3las de PET que conseguiron quitar as persoas voluntarias durante o minucioso traballo de peneirado realizado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>PLANCTON 2024. Persoas voluntarias convocadas por Afundaci\u00f3n no marco do programa PLANCTON, principalmente estudantes do Centro de Formaci\u00f3n Profesional Colegio Hogar Afundaci\u00f3n, participar\u00e1n nunha nova xornada de voluntariado medioambiental, centrada, nesta ocasi\u00f3n, na retirada de b\u00e1goas de serea na praia de Lari\u00f1o, nos concellos de Muros e Carnota.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":2525,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-2276","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/2276","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2525"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2276"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=2276"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}