{"id":1637,"date":"2023-04-10T12:16:41","date_gmt":"2023-04-10T10:16:41","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=1637"},"modified":"2024-04-02T17:34:41","modified_gmt":"2024-04-02T15:34:41","slug":"plancton-2023-retirada-de-residuos-dos-fondos-do-illote-guidoiro-areoso","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2023-retirada-de-residuos-dos-fondos-do-illote-guidoiro-areoso\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2023. Retirada de residuos dos fondos do illote Guidoiro Areoso"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is de <strong>60 persoas voluntarias<\/strong> convocadas por Afundaci\u00f3n participaron nesta nova limpeza de fondos mari\u00f1os na contorna do illote <strong>Guidoiro Areoso<\/strong>, a cuarta acci\u00f3n realizada nesta zona no marco de <strong>PLANCTON<\/strong>, o Plan Conservaci\u00f3n de Territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA. O obxectivo desta nova actuaci\u00f3n \u00e9, ademais da retirada de residuos, <strong>2250 quilos<\/strong> na xornada de hoxe, e o beneficio ambiental que representa, tratar de promover na sociedade, formas de actuar responsables que permitan manter os recursos sen comprometelos para as xeraci\u00f3ns futuras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c1s dez da ma\u00f1\u00e1, o grupo de submarinistas pertencentes \u00e1 <strong>Confrar\u00eda de Pescadores da Illa de Arousa <\/strong>e ao<strong> Club Subacu\u00e1tico P\u00e9rez-Sub<\/strong>, iniciaron as inmersi\u00f3ns nas zonas preestablecidas para desenvolver a actividade. Nasas, restos de cabos e cordas de diferentes grosores, conxuntos de redes enmara\u00f1adas e outros apeiros extraviados durante a actividade pesqueira, o que se co\u00f1ece como \u00abpesca pantasma\u00bb, foron os obxectos m\u00e1is numerosos localizados polas persoas voluntarias nas augas que circundan o illote arous\u00e1n. O equipo participante na convocatoria retirou tam\u00e9n, a\u00ednda que en menor medida, outra serie de refugallos cuxo orixe pode vincularse \u00e1s actividades tur\u00edsticas ou de recreo desenvoltas no lugar, como restos de envases, vidros e diversos obxectos pl\u00e1sticos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Unha vez rematadas as inmersi\u00f3ns, os residuos recolleitos foron transportados ata o porto de Xufre onde se procedeu a s\u00faa descarga, clasificaci\u00f3n e pesada, labores coas que adoitan a conclu\u00edr este tipo de actividades de voluntariado ambiental no seo deste plan de conservaci\u00f3n territorial.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais da confrar\u00eda e do clube de mergullo, a actividade contou coa colaboraci\u00f3n da <strong>Federaci\u00f3n Galega de Actividades Subacu\u00e1ticas<\/strong>, do <strong>Servizo Mar\u00edtimo da Garda Civil<\/strong>, <strong>Protecci\u00f3n Civil de Vilanova de Arousa<\/strong>, o <strong>Concello da Illa de Arousa<\/strong>, ademais do voluntariado do programa Act\u00faa de <strong>ABANCA<\/strong> e <strong>Afundaci\u00f3n<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nas catro acciones deste tipo levadas a cabo nos fondos perimetrais do illote Guidoiro Areoso durante o \u00faltimos tres anos, retir\u00e1ronse nesta contorna m\u00e1is de 6 toneladas de residuos contribu\u00edndo as\u00ed \u00e1 protecci\u00f3n da biodiversidade deste enclave situado no coraz\u00f3n da Illa de Arousa, cuns significativos valores ambiental, arqueol\u00f3xico, xeol\u00f3xico, paisax\u00edstico e econ\u00f3mico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tras esta nova xornada de limpeza, son xa m\u00e1is de 42 as toneladas de residuos retiradas no marco de PLANCTON das costas e fondos de Galicia, un programa que procura fomentar a conservaci\u00f3n e sustentabilidade das actividades socioecon\u00f3micas realizadas no mar a trav\u00e9s dun gran eixo vertebrador de diferentes axentes. Recentemente foi reco\u00f1ecido pola Xunta de Galicia co <strong>Premio Especial Econom\u00eda Azul<\/strong> pola s\u00faa \u00abimportante relevancia para o conxunto do sector, especialmente na protecci\u00f3n do medio ambiente\u00bb, tanto polas propias actuaci\u00f3ns de retirada de residuos, como pola s\u00faa preocupaci\u00f3n por espertar unha conciencia sostible na sociedade a trav\u00e9s de diferentes actividades de sensibilizaci\u00f3n e formaci\u00f3n sobre os valores intr\u00ednsecos da biodiversidade e da s\u00faa conservaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Todo isto acorde co compromiso de ABANCA e Afundaci\u00f3n cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos <strong>ODS13 Acci\u00f3n polo clima<\/strong>, <strong>ODS14 Vida submarina <\/strong>e <strong>ODS17 Alianzas para lograr obxectivos<\/strong>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como en anos precedentes, os fondos do illote Guidoiro Areoso foron obxecto unha vez m\u00e1is, dunha nova acci\u00f3n de retirada de residuos.<br \/>\nMergulladores da Confrar\u00eda de Pescadores da Illa de Arousa e do Club Subacu\u00e1tico P\u00e9rez-Sub foron os encargados rastrexar os fondos na procura dos residuos. Ademais, a actividade contou coa colaboraci\u00f3n da Federaci\u00f3n Galega de Actividades Subacu\u00e1ticas, do Servizo Mar\u00edtimo da Guarda Civil, Protecci\u00f3n Civil de Vilanova de Arousa e do Concello de A Illa de Arousa.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1638,"template":"","accion":[32],"class_list":["post-1637","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-marisqueiros"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/1637","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1638"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1637"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=1637"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}