{"id":1499,"date":"2023-03-14T18:15:44","date_gmt":"2023-03-14T17:15:44","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=1499"},"modified":"2024-04-02T17:35:02","modified_gmt":"2024-04-02T15:35:02","slug":"plancton-2023-limpeza-de-defensas-nos-fondos-marisqueiros-da-illa-de-arousa","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2023-limpeza-de-defensas-nos-fondos-marisqueiros-da-illa-de-arousa\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2023. <strong>Limpeza de defensas nos fondos marisqueiros da Illa de Arousa<\/strong>"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mariscadoras e pescadores da Confrar\u00eda da Illa de Arousa, e persoas voluntarias convocadas pola Obra Social de ABANCA dentro do seu programa de voluntariado Act\u00faa, colaboraron estreitamente en diferentes enclaves costeiros da illa na retirada de m\u00e1is de 10 toneladas de residuos voluminosos. &nbsp;As actividades centr\u00e1ronse nos areais das Rubas, Semu\u00ed\u00f1o e Carboeira onde se retiraron principalmente pneum\u00e1ticos empregados como defensas ou para fondeo de embarcaci\u00f3ns, os chamados \u00abmortos\u00bb, as\u00ed como grandes cordas, cabos, \u00e1ncoras en desuso, cables, boias e outros aparellos extraviados durante a actividade pesqueira. E tam\u00e9n aparellos de cultivo e madeiras tratadas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Todos estes obxectos, que foron depositados polas mareas cara \u00e1s rochas, na parte superior dos areais, supo\u00f1en un perigo para a conservaci\u00f3n da biodiversidade deste importante enclave da r\u00eda arousana. Unha vez rematados os labores de retirada dos residuos dos fondos rochosos e areosos, os pneum\u00e1ticos xunto co resto dos refugallos entreg\u00e1ronse no porto do Xufre a un xestor autorizado que se encargar\u00e1 do seu correcto tratamento.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta foi a segunda acci\u00f3n deste tipo que se desenvolveu na Illa de Arousa desde que a propia Confrar\u00eda da Illa trasladara ao equipo t\u00e9cnico do Plan de Conservaci\u00f3n Territorial impulsado por Afundaci\u00f3n a problem\u00e1tica asociada a este tipo residuos, xa que este lixo mari\u00f1o non s\u00f3 ten un impacto ambiental, ao contaminar as augas a medida que se van degradando, sen\u00f3n tam\u00e9n consecuencias econ\u00f3micas ao dificultar a execuci\u00f3n da actividade marisqueira.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tras esta nova xornada de retirada de refugallos, son xa m\u00e1is de 40 as toneladas de residuos retiradas no marco de PLANCTON das costas e fondos de Galicia, un programa que procura fomentar a conservaci\u00f3n e sustentabilidade das actividades socioecon\u00f3micas realizadas no mar a trav\u00e9s dun gran eixo vertebrador de diferentes axentes. Recentemente ven de ser reco\u00f1ecido pola Xunta de Galicia co Premio Especial Econom\u00eda Azul pola s\u00faa \u00abimportante relevancia para o conxunto do sector, especialmente na protecci\u00f3n do medio ambiente\u00bb, tanto polas propias actuaci\u00f3ns de retirada de residuos, como pola s\u00faa preocupaci\u00f3n por espertar unha conciencia sostible na sociedade a trav\u00e9s de diferentes actividades de sensibilizaci\u00f3n e formaci\u00f3n sobre os valores intr\u00ednsecos da biodiversidade e da s\u00faa conservaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/actuaafundacion.org\/afundacion\/\" target=\"_blank\">Faite voluntari@.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nesta nova actividade de limpeza de residuos nos fondos marisqueiros participaron mariscadoras e pescadores da Confrar\u00eda da Illa de Arousa, e voluntarios de ABANCA e Afundaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1500,"template":"","accion":[32],"class_list":["post-1499","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-marisqueiros"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/1499","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1500"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1499"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=1499"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}