{"id":1215,"date":"2023-02-03T11:20:23","date_gmt":"2023-02-03T10:20:23","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/evento\/plancton-2023-limpeza-de-areeiros-na-praia-de-baldaio-carballo\/"},"modified":"2024-04-02T17:36:03","modified_gmt":"2024-04-02T15:36:03","slug":"plancton-2023-limpeza-de-areeiros-na-praia-de-baldaio-carballo","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2023-limpeza-de-areeiros-na-praia-de-baldaio-carballo\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2023. Limpeza de areeiros na praia de Baldaio, Carballo"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Persoas voluntarias convocadas por ABANCA e Afundaci\u00f3n participaron hoxe nunha xornada de limpeza nas praias de Baldaio e Razo, no concello coru\u00f1\u00e9s de Carballo, onde lograron retirar m\u00e1is de <strong>400 quilos de residuos<\/strong>. Desde as 10 da ma\u00f1\u00e1 e ata as d\u00faas da tarde, as 39 persoas participantes localizaron principalmente obxectos pl\u00e1sticos de orixe terrestre como obxectos pl\u00e1sticos de orixe terrestre como restos de envases, bolsas ou envoltorios, 1623 tapas e tap\u00f3ns, 1500 bastoncillos dos o\u00eddos, 197 vasos cheos de \u00abb\u00e1goas de sirena\u00bb (micropl\u00e1sticos de bolita), chisqueiros, pilas, as\u00ed como outra serie de obxectos extraviados durante o exercicio da pesca que adoitan a aparecer neste tipo de actuaci\u00f3ns de limpeza, como poden ser pequenos anacos de redes, escumas pl\u00e1sticas, sedelas enmara\u00f1adas, 2386 cabos e cabitos, etc. Tam\u00e9n se atoparon un bid\u00f3n de gasolina, unha alfombrilla de coche, xiringas, tampones ou anacos de madeira e de ferro de distintos tama\u00f1os.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O voluntariado de Afundaci\u00f3n e ABANCA, est\u00e1 a actuar neste areal e a contorna da s\u00faa lagoa desde 2018, onde se retiran os residuos que o mar arrastra cara \u00e1 costa e po\u00f1en en perigo a conservaci\u00f3n deste espazo de gran riqueza natural, declarado como <strong>Zona Especial de Conservaci\u00f3n (integrada no ZEC Costa da Morte) baixo a Rede Natura 2000 e \u00c1rea prioritaria de conservaci\u00f3n no Plan de Conservaci\u00f3n do Chorlitejo patinegro<\/strong> (Charadrius alexandrinus).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O proxecto <strong>PLANCTON<\/strong>, do que forma parte a iniciativa de hoxe, est\u00e1 destinado a<strong> fomentar a conservaci\u00f3n e sustentabilidade das actividades socioecon\u00f3micas realizadas no mar<\/strong>, especialmente nas Zonas de Especial Protecci\u00f3n para as Aves de \u00e1mbito mari\u00f1o de Galicia dentro da Rede Natura 2000. Enmarcado na <strong>estratexia de sustentabilidade de ABANCA e Afundaci\u00f3n<\/strong> e das s\u00faas actividades de voluntariado ambiental, PLANCTON \u00e9 as\u00ed mesmo un gran eixo vertebrador de distintos axentes, entre os que figuran, ademais de colectivos como o Grupo Naturalista H\u00e1bitat co que se organizou a actividade de hoxe, entidades do sector pesqueiro, como as confrar\u00edas de pescadores e asociaci\u00f3ns de mariscadoras, asociaci\u00f3ns do terceiro sector, concellos, escolares, persoas socias dos espazos +60 de Afundaci\u00f3n, entre outros, alcanzando, as\u00ed, un gran impacto en sectores sociais diversos. A iniciativa foi reco\u00f1ecida en 2022 pola Xunta de Galicia co Premio Especial Econom\u00eda Azul pola s\u00faa \u00abimportante relevancia para o conxunto do sector, especialmente na protecci\u00f3n do medio ambiente\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/actuaafundacion.org\/afundacion\/\" target=\"_blank\">Faite voluntari@.<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nesta nova xornada de retirada de residuos enmarcada dentro de PLANCTON, as persoas voluntarias de ABANCA e Afundaci\u00f3n retiraron lixos mari\u00f1os na praia de Baldaio, \u00e1rea declarada como Zona Especial de Conservaci\u00f3n (integrada no ZEC Costa da Morte) baixo a Rede Natura 2000.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1211,"template":"","accion":[33],"class_list":["post-1215","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-praias-e-humedais"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/1215","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1211"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1215"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=1215"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}