{"id":11231,"date":"2026-10-06T09:49:46","date_gmt":"2026-10-06T07:49:46","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=11231"},"modified":"2026-10-08T17:51:48","modified_gmt":"2026-10-08T15:51:48","slug":"plancton-2026-retirada-de-carpobrotus-sp-na-contorna-do-monte-boi-baiona","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-retirada-de-carpobrotus-sp-na-contorna-do-monte-boi-baiona\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Retirada de Carpobrotus sp. na contorna do Monte Boi (Baiona)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is de 50 estudantes e docentes do Colegio Hogar Afundaci\u00f3n de Vigo participaron nunha xornada de voluntariado ambiental no Monte Boi, na contorna do Parador de Baiona, centrada na retirada de numerosas matas de <em>Carpobrotus<\/em> sp., co\u00f1ecida como unlla de gato, unha especie ex\u00f3tica invasora de orixe sudafricana, especialmente problem\u00e1tica nos ecosistemas costeiros de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da ma\u00f1\u00e1, o alumnado, organizado en varios grupos de traballo e acompa\u00f1ado polo profesorado e polo equipo t\u00e9cnico da actividade, realizou tarefas de retirada manual desta especie, procurando extraer as plantas e os seus sistemas radiculares para evitar novos rebrotes e favorecer a recuperaci\u00f3n da vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A herba do coitelo, outro nome vulgar polo que son co\u00f1ecidas en Galicia as diferentes especies de <em>Carpobrotus<\/em>, caracter\u00edzase pola s\u00faa capacidade para formar densos tapices que desprazan a flora propia dos h\u00e1bitats nos que se establece, modificando as condici\u00f3ns naturais do solo. A s\u00faa extensi\u00f3n \u00e9 unha ameaza para a biodiversidade destes espazos, polo que o control e seguimento das poboaci\u00f3ns resulta fundamental para avanzar na conservaci\u00f3n e restauraci\u00f3n dos ecosistemas litorais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Durante a actuaci\u00f3n, as persoas participantes lograron extraer 2875 quilos de <em>Carpobrotus<\/em>, nunha nova actuaci\u00f3n que se suma ao conxunto de intervenci\u00f3ns desenvolvidas por PLANCTON para o control e eliminaci\u00f3n de flora ex\u00f3tica invasora no litoral galego e no que xa se superan as 26 toneladas. A actuaci\u00f3n no Monte Boi contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Baiona, quen se encargar\u00e1 da xesti\u00f3n final dos residuos vexetais retirados durante a xornada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>PLANCTON: protecci\u00f3n, recuperaci\u00f3n e concienciaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A actividade desenvolveuse no marco de PLANCTON, o Plan de Conservaci\u00f3n Territorial mediante o que a Obra Social de ABANCA traballa na protecci\u00f3n e recuperaci\u00f3n dos ecosistemas costeiros galegos a trav\u00e9s de actuaci\u00f3ns de conservaci\u00f3n, restauraci\u00f3n ambiental, investigaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n e participaci\u00f3n cidad\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">PLANCTON conc\u00edbese como unha iniciativa de car\u00e1cter territorial na que a conservaci\u00f3n dos espazos naturais se aborda desde diferentes \u00e1mbitos e coa colaboraci\u00f3n de diversos axentes. As actuaci\u00f3ns sobre o terreo permiten intervir directamente sobre problemas ambientais concretos, ao tempo que favorecen o co\u00f1ecemento dos valores naturais de cada lugar e a implicaci\u00f3n da cidadan\u00eda na s\u00faa protecci\u00f3n. O voluntariado ambiental \u00e9 unha ferramenta fundamental para achegar a conservaci\u00f3n do patrimonio natural \u00e1 sociedade e converter a participaci\u00f3n cidad\u00e1 nun elemento activo da s\u00faa recuperaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A continuidade dos traballos \u00e9 especialmente importante no caso das especies ex\u00f3ticas invasoras, xa que a s\u00faa eliminaci\u00f3n require, en moitos casos, actuaci\u00f3ns sucesivas de seguimento e control para detectar posibles rebrotes e evitar a s\u00faa expansi\u00f3n. Deste xeito, cada intervenci\u00f3n contrib\u00fae a avanzar progresivamente na recuperaci\u00f3n das comunidades vexetais propias dos ecosistemas costeiros e a manter no tempo os resultados acadados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada int\u00e9grase tam\u00e9n no programa \u00abEducaci\u00f3n para a Sostibilidade\u00bb de Afundaci\u00f3n, un proxecto que procura achegar ao alumnado o co\u00f1ecemento dos valores naturais da s\u00faa contorna e fomentar h\u00e1bitos e actitudes responsables coa conservaci\u00f3n do medio ambiente. A participaci\u00f3n directa nos traballos de campo permite que os estudantes co\u00f1ezan a problem\u00e1tica das especies ex\u00f3ticas invasoras e comprendan a importancia da implicaci\u00f3n cidad\u00e1 na protecci\u00f3n dos ecosistemas.&nbsp; Todo isto seguindo a li\u00f1a marcada polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente o ODS 13: Acci\u00f3n polo clima, ODS 14: Vida submarina, ODS 15, Vida de ecosistemas terrestres e ODS 17, Alianzas para lograr os obxectivos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un nutrido grupo de persoas integrado por estudantes e docentes do Colexio Hogar Afundaci\u00f3n participou nunha xornada de voluntariado ambiental na contorna do Monte Boi, en Baiona, centrada na retirada de flora ex\u00f3tica invasora, especialmente de Carpobrotus sp., co\u00f1ecida como unlla de gato ou herba do coitelo.<br \/>\nA actuaci\u00f3n ten como obxectivo contribu\u00edr \u00e1 mellora e conservaci\u00f3n deste espazo mediante a retirada desta especie que despraza a vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona e altera o equilibrio dos ecosistemas costeiros. A trav\u00e9s do traballo directo sobre o terreo, o alumnado co\u00f1eceu de primeira man a problem\u00e1tica asociada \u00e1 expansi\u00f3n destas especies e a importancia da s\u00faa prevenci\u00f3n e control.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":11232,"template":"","accion":[28],"class_list":["post-11231","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-eliminacion-de-flora-exotica-invasora-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/11231","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11232"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11231"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=11231"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}