{"id":10933,"date":"2026-09-15T09:46:09","date_gmt":"2026-09-15T07:46:09","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=10933"},"modified":"2026-10-03T19:33:16","modified_gmt":"2026-10-03T17:33:16","slug":"plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-nos-fondos-de-vilanova-de-arousa","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-limpeza-de-lixo-marino-nos-fondos-de-vilanova-de-arousa\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Limpeza de lixo mari\u00f1o nos fondos de Vilanova de Arousa"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Foron 18 os mergulladores e mergulladoras da Confrar\u00eda de Pescadores de Vilanova de Arousa e do Club Subacu\u00e1tico P\u00e9rez-Sub, alg\u00fans deles pertencentes \u00e1 Asociaci\u00f3n Galega de Pescadores Submarinos Responsables, os que participaron en Vilanova de Arousa nunha xornada de limpeza de fondos organizada por Afundaci\u00f3n no marco do programa PLANCTON, na que conseguiron retirar m\u00e1is de 400 quilos de residuos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da xornada, os submarinistas que tomaron parte na actividade realizaron diferentes inmersi\u00f3ns en varios puntos do litoral situados dentro da zona de explotaci\u00f3n marisqueira da Confrar\u00eda de Vilanova, concretamente no tramo comprendido entre o Con Grande e a Punta das Sinas, para localizar e retirar residuos acumulados nos fondos mari\u00f1os. Mentres as voluntarias e voluntarios do clube de submarinismo fixeron as inmersi\u00f3ns en apnea, os bucios da confrar\u00eda empregaron as mangueiras que adoitan utilizar durante o exercicio da s\u00faa actividade profesional e que lles permiten baixar a maior profundidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As tarefas centr\u00e1ronse fundamentalmente na recuperaci\u00f3n de \u00fatiles, aparellos e outros materiais vinculados \u00e1 actividade pesqueira, como nasas, pneum\u00e1ticos empregados como defensas nas embarcaci\u00f3ns e restos de cabos e redes que, tras perderse ou ser arrastrados polas mareas e os temporais, terminan depositados nos fondos rochosos, podendo afectar a conservaci\u00f3n das diferentes especies que habitan nestes ecosistemas mari\u00f1os e mesmo interferir no desenvolvemento da propia actividade pesqueira. Xunto a estes residuos relacionados coa pesca, os cultivos mari\u00f1os, a propia navegaci\u00f3n e o marisqueo, os mergulladores tam\u00e9n retiraron dos fondos outros refugallos de diversa natureza e orixe, que ao se acumular baixo a superficie contrib\u00faen \u00e1 degradaci\u00f3n do medio mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O co\u00f1ecemento directo que os traballadores do mar e os pescadores deportivos te\u00f1en dos fondos da r\u00eda de Arousa resultou fundamental para poder localizar previamente os residuos e proceder \u00e1 s\u00faa retirada de maneira segura e eficaz, nunha actuaci\u00f3n que pon de manifesto, unha vez m\u00e1is, a importancia de que sexan os propios usuarios do medio mari\u00f1o quen se impliquen directamente no seu coidado e conservaci\u00f3n. A colaboraci\u00f3n entre pescadores, mariscadores, colectivos de mergulladores, administraci\u00f3ns p\u00fablicas, entidades privadas, e a sociedade no seu conxunto, resulta as\u00ed fundamental para avanzar cara a un uso responsable e sostible dos recursos naturais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada serviu tam\u00e9n para po\u00f1er en valor a riqueza ambiental da r\u00eda de Arousa e para chamar a atenci\u00f3n sobre a necesidade de preservar a calidade dos seus fondos, especialmente daqueles espazos nos que se desenvolven actividades econ\u00f3micas como o marisqueo e a pesca. A retirada destes residuos contrib\u00fae non s\u00f3 a mellorar o estado dos fondos, sen\u00f3n tam\u00e9n a evitar que determinados aparellos e materiais abandonados ou extraviados permanezan no medio, onde poden seguir xerando impactos sobre a fauna e a flora mari\u00f1as como a pesca pantasma, ademais de dificultar o normal desenvolvemento das actividades que se realizan nestas augas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta nova limpeza de lixo mari\u00f1o desenvolvida no marco de PLANCTON forma parte do compromiso da Obra Social de ABANCA coa conservaci\u00f3n do medio mari\u00f1o, o fomento da sustentabilidade das actividades desenvolvidas no mar e a sensibilizaci\u00f3n da sociedade sobre a importancia de preservar os recursos naturais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A filosof\u00eda de PLANCTON bas\u00e9ase precisamente na colaboraci\u00f3n e no traballo conxunto de diferentes actores e colectivos, combinando acci\u00f3ns directas de retirada de residuos con iniciativas de educaci\u00f3n, sensibilizaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n ambiental. Deste xeito, as xornadas de limpeza permiten actuar sobre problemas concretos dos ecosistemas, pero tam\u00e9n facer visible a importancia de previr a chegada e acumulaci\u00f3n de residuos no medio mari\u00f1o e promover cambios nos h\u00e1bitos e comportamentos da sociedade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada contou coa colaboraci\u00f3n da FEGAS e do Concello de Vilanova de Arousa, que asumir\u00e1 a xesti\u00f3n dos residuos retirados dos fondos, completando as\u00ed un operativo no que a participaci\u00f3n coordinada dos diferentes colectivos resulta clave para avanzar na protecci\u00f3n e conservaci\u00f3n da r\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mergulladores e mergulladoras da Confrar\u00eda de Pescadores de Vilanova de Arousa e do Club Subacu\u00e1tico P\u00e9rez-Sub, varios deles pertencentes \u00e1 Asociaci\u00f3n Galega de Pescadores Submarinos Responsables, participaron nunha xornada de limpeza submarina en augas de Vilanova de Arousa, no marco das actuaci\u00f3ns de voluntariado e conservaci\u00f3n do medio mari\u00f1o promovidas por Afundaci\u00f3n no seo do programa PLANCTON.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":10934,"template":"","accion":[32],"class_list":["post-10933","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-retirada-de-residuos-en-fondos-marisqueiros"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/10933","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10934"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10933"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=10933"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}