{"id":10778,"date":"2026-09-07T10:35:24","date_gmt":"2026-09-07T08:35:24","guid":{"rendered":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/?post_type=evento&#038;p=10778"},"modified":"2026-09-11T17:30:53","modified_gmt":"2026-09-11T15:30:53","slug":"plancton-2026-retirada-de-flora-exotica-invasora-coa-uie-na-senda-do-rio-sar-santiago-de-compostela","status":"publish","type":"evento","link":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/evento\/plancton-2026-retirada-de-flora-exotica-invasora-coa-uie-na-senda-do-rio-sar-santiago-de-compostela\/","title":{"rendered":"PLANCTON 2026. Retirada de flora ex\u00f3tica invasora coa UIE na Senda do r\u00edo Sar (Santiago de Compostela)"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is de 100 estudantes e membros do profesorado da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) participaron nunha xornada de voluntariado ambiental nas ribeiras do r\u00edo Sar, dentro do parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Conseguiron retirar m\u00e1s de 3000 quilos de <em>Tradescantia fluminensis<\/em>, unha especie ex\u00f3tica invasora que forma densos tapices de vexetaci\u00f3n desprazando a flora aut\u00f3ctona e dificultando a rexeneraci\u00f3n natural destes ecosistemas fluviais. A actividade, contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Santiago de Compostela, quen asumiu a xesti\u00f3n da planta retirada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A xornada tivo, ademais, unha vertente educativa e social. O estudantado co\u00f1eceu de primeira man os efectos que a expansi\u00f3n das especies ex\u00f3ticas invasoras pode ter sobre os ecosistemas e contribu\u00edr activamente \u00e1 s\u00faa conservaci\u00f3n. Ao mesmo tempo, a iniciativa serviu como punto de encontro para os estudantes no inicio do novo curso acad\u00e9mico, favorecendo o co\u00f1ecemento e o fortalecemento dos v\u00ednculos dentro da comunidade universitaria. O voluntariado conv\u00e9rtese as\u00ed nunha oportunidade para compartir unha experiencia f\u00f3ra das aulas, traballar en equipo e reforzar o esp\u00edrito de colaboraci\u00f3n entre os estudantes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As ribeiras do Sar son un espazo de especial valor ambiental e paisax\u00edstico para Santiago de Compostela. Actuaci\u00f3ns como esta, ademais de contribu\u00edr \u00e1 s\u00faa conservaci\u00f3n e recuperaci\u00f3n, permiten achegar \u00e1 cidadan\u00eda, e especialmente \u00e1s novas xeraci\u00f3ns, a importancia de coidar o patrimonio natural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Esta \u00e9 a terceira vez que a comunidade educativa da UIE realiza labores de voluntariado no marco de PLANCTON.&nbsp; As\u00ed, nas d\u00faas actuaci\u00f3ns realizadas en Corrubedo en 2024 e 2025, conseguiran retirar m\u00e1is de dez toneladas de unlla da gato ou herba do coitelo (<em>Carpobrotus edulis<\/em>), outra especie ex\u00f3tica invasora que causa graves alteraci\u00f3ns nos ecosistemas costeiros de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tras esta nova intervenci\u00f3n do voluntariado da Universidad Intercontinental de la Empresa nas ribeiras do Sar, retir\u00e1ronse xa m\u00e1is de 23 toneladas de flora ex\u00f3tica invasora en diferentes enclaves fluviais e costeiros da comunidade no marco de PLANCTON. Estas intervenci\u00f3ns permiten avanzar na recuperaci\u00f3n de espazos naturais afectados pola presenza de flora al\u00f3ctona invasora, e po\u00f1en de manifesto a importancia da colaboraci\u00f3n entre entidades, administraci\u00f3ns, comunidade educativa e cidadan\u00eda para a protecci\u00f3n do patrimonio natural, nunha suma esforzos para preservar os ecosistemas e garantir que os recursos naturais do territorio poidan ser gozados tam\u00e9n polas xeraci\u00f3ns do futuro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de 100 estudantes e membros do profesorado da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) participaron nunha xornada de voluntariado ambiental nas ribeiras do r\u00edo Sar, dentro do parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela. Conseguiron retirar m\u00e1s de 3000 quilos de Tradescantia fluminensis, unha especie ex\u00f3tica invasora que forma densos tapices de vexetaci\u00f3n desprazando a flora aut\u00f3ctona e dificultando a rexeneraci\u00f3n natural destes ecosistemas fluviais. A actividade, contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Santiago de Compostela, quen asumiu a xesti\u00f3n da planta retirada.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":10779,"template":"","accion":[28],"class_list":["post-10778","evento","type-evento","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","accion-eliminacion-de-flora-exotica-invasora-gl"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento\/10778","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/evento"}],"about":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/evento"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10779"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10778"}],"wp:term":[{"taxonomy":"accion","embeddable":true,"href":"https:\/\/plancton.afundacion.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/accion?post=10778"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}